Saltar ao contido

Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

As Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega (2003), tras unha revisión, foron aprobadas pola Real Academia Galega o día 12 de xullo de 2003. A seguir, amósanse as principais mudanzas:

1. Léxico:

[editar]
  • Vogal (“letra”, “membro dunha corporación”) / vocal (adx.).
  • Estudo, estudar, estudante, estudoso / estudio (oficina; local).

2. Alfabeto:

[editar]

Leremos q (o que), ch (o ce hache), ll (o l dobre), qu (o que u)

3. Acentuación:

[editar]

a) Non acentuamos i, u se hai hache no medio, ex.: prohibo.

b) Non se acentúan os interrogativos-exclamativos (só os indirectos en casos de ambigüidade).

4. Apóstrofo:

[editar]

Por ex. N'A esmorga de Blanco Amor... , Sabes algo d'Os dous de sempre de Castelao?

5. Interrogación-exclamación:

[editar]

Non se usa o signo (¿ ou ¡) ao principio (só permitida en ambigüidades): ex. Queres a merenda? Vaiche boa!

6. Grupos cultos –ct- e –cc-:

[editar]

a) Suprímese a primeira consoante se vai precedida de i ou u. Exemplos: Aflición, condución, contradición, conduta, condutor, conflito, construción, construtor, destrución, dicionario, ditado, estrito, estrutura, flutuación, frutífero, introdutor, obstrución, produto, produción, redución, reprodución, restrición, tradución, vítima, Vítor, vitoria, xurisdición...

b) Mantense o c en tecnicismos e palabras cultas: adicto, adicción, convicción, convicto, edicto, ficción, fricción, ictericia, invicto, pictórico, succión, veredicto...

7. Semicultismos vocalizados no grupo –ct-:

[editar]

reitor (e reitoral) e seita (pero sectario)

8. O x con valor [ks] é opcional:

[editar]

Esaxerar ou exaxerar, esixir ou exixir, osíxeno ou oxíxeno...

9. Terminación –cio, -cia // -zo, -za

[editar]

a) Galicia ou Galiza

b) –zo, -za: diferenza, espazo (espazar, espazoso; mais espacial), estanza (“estrofa”), graza, desgraza (mais desgraciar e desgraciado), licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, servizal, terzo (terza, terzar)...

10. Terminación –ble ou -bel

[editar]

-Amable ou amábel (plural: amables, amábeis).

-Establecer ou estabelecer.

11. Terminacións -eu, -au e -o:

[editar]

a) –eu: chapeu, romeu, xubileu.

b) –au: bacallau, pau.

c) –o: ímpeto, tribo.

12. Terminacións:

[editar]

a) –án, -á: bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; musulmán, musulmá; afgán, afgá; alemán, alemá; catalán, catalá.

b) Mantemos –ao/-á nalgúns xentilicios galegos: burelao, burelá; limiao, limiá...

c) –án, -ana: folgazán, folgazana; pillabán, pillabana; langrán, langrana...

d) –ÓN, -OA: anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; león, leoa; patrón, patroa; ladrón, ladroa (ou ladra)...

e) –ÓN, -ONA é aumentativo ou deverbal pexorativo: mullerona, casona, abusona, acusona, faltona, lambona, preguntona...

14. As terminacións –aría ou –ería

[editar]

a) Son correctas ambas, mais prefírese a primeira: carnizaría, enfermaría, lavandaría, libraría, panadaría, peixaría, reloxaría, consellaría, carpintaría, cristalaría, zapataría...

b) É obrigatorio –ería en batería, galería, galantería e mercería.

15. Artigo:

[editar]

a) Artigo determinado: A forma –lo só é obrigatorio despois de por e o adverbio u (polo camiño, pola beira, u-lo neno?, u-las culleres?). Nos demais casos é opcional usar a forma simple o, a, os, as ou a segunda –lo, -la, -los, -las:

- Todas as nenas (ou Tódalas nenas).

- Facer a comida (ou Face-la comida).

b) A contracción de A+O é ao ou ó (prefírese ao): Vou ao cine (vou ó cine).

c) Construcións comparativas: ca o, ou que o.

Ex. Son máis alto ca o neno, son máis alto có neno, son máis alto que o neno.

Ex. A pataca nova é mellor ca a vella, é mellor cá vella, é mellor que a vella.

16. Demostrativo neutro:

[editar]

Isto, iso, aquilo

17. Relativos:

[editar]

Admítense cuxo, cuxa, cuxos, cuxas.

18. Numerais:

[editar]

a) Vinte e trinta sepáranse en vinte e un, vinte e dous, trinta e oito...

b) Tripla, triplo, cuádrupla, cuádruplo (*triple e *cuádruple son incorrectas).

19. Verbo:

[editar]

a)- Andásemos, andásedes (Pretérito de subxuntivo).

- Andabamos, andaramos, andariamos (copretérito, antepretérito e pospretérito).

b) Oír ou Ouvir (presente: oio ou ouzo; pretérito: oín ou ouvín).

20. Adverbios:

[editar]

a) Alén (= máis alá, do outro lado) e Aquén (= máis acá, desta parte).

b) Son incorrectos *entonces e *alomenos. Usemos entón e polo menos, cando menos.

c) Aglutinados: acotío, amodo, decotío, deseguida, devagar, enseguida, talvez.

21. Preposicións engadidas:

[editar]

A respecto de, alén de, após, aquén de, até, canto a.

22. Conxuncións

[editar]

- Até que, porén (= non obstante, con todo), no entanto (= a pesar diso, porén)

- Son incorrectas *anque, *entonces, *nembargantes e *sen embargo.

- Aglutinadas: apenas, decontado que, deseguida que.

Véxase tamén

[editar]

Outros artigos

[editar]

Ligazóns externas

[editar]