Saltar ao contido

Normativa oficial do galego - Pronomes

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

15. Pronomes

[editar]

Persoais

[editar]

O paradigma dos pronomes persoais establécese como segue:

Serie tónica

[editar]

NÚMERO

PERSOA

SUXEITO

FORMAS OBLICUAS

LIBRES

LIGADAS

NON REFL.

REFL.

NON REFL.

REFL.

SINGULAR

eu

min

comigo

ti

contigo

el, ela

si

------

consigo

PLURAL

nós / nosoutros, -as

connosco

vós / vosoutros, -as

convosco

eles, elas

si

------

consigo

Como forma de suxeito para a segunda persoa de singular existe tamén na fala o pronome tu. A escolla a favor de ti non fai senón reflectir unha elección feita xa no galego escrito; ademais, ti está desprazando a forma tu de maneira espontánea no galego falado.

Para o masculino da terceira persoa existen tamén dúas variantes: el e il (eles e iles). A escolla a favor da primeira, maioritaria xeográfica e demograficamente, vén sendo aceptada nos últimos tempos de forma practicamente unánime (vide #Paradigma dos pronomes demostrativos).

A forma el tamén se utiliza como neutro en construcións coma el é certo que chegaron ricos de Australia; el é verdade que fostes andando aos Ancares?

Para a terceira persoa había ademais unha forma neutra elo, inusual en galego moderno. Cómpre indicar que é unha forma xenuinamente galega, paralela das correspondentes formas neutras do demostrativo, aínda que o uso que ás veces se fai dela na lingua escrita sexa calco do castelán ello. A posibilidade de funcionar como suxeito probablemente non a desenvolveu nunca; hoxe só aparece formando parte dalgunhas expresións fixas, como estar a elo. É preciso ter isto en conta ao usala, así como que os seus usos primitivos foron asumidos polo pronome persoal masculino e polos demostrativos neutros.

Na primeira e segunda persoas de plural utilízanse como formas non marcadas, polo tanto válidas en todos os contextos, nós e vós. Ao lado delas existen tamén nosoutros, nosoutras e vosoutros, vosoutras, aínda que cun significado específico oposto ao das outras, que desde a orixe se mantén aínda en grandes zonas do territorio lingüístico galego. Nosoutros e vosoutros delimitan un grupo, establecido no contexto ou coñecido polo interlocutor, deixando fóra dese plural (“eu e mais estoutros”, “ti e mais esoutros”) a todos os que non pertenzan a el; nós e vós, entroques, non establecen ningunha delimitación con respecto aos demais (imos repartir o traballo: vosoutros tallades o papel e vosoutros preparades o debuxo; nosoutras non pensamos coma el). Esta diferenza tradicional, nalgunhas zonas de Galicia eliminouse a favor dun dos dous pronomes concorrentes (nós e vós ou nosoutros e vosoutros). Nós e vós son demográfica e xeograficamente maioritarias e por iso deben ser preferidas en caso de renunciar á distinción mencionada.

As formas de cortesía son vostede e vostedes, que esixen verbo en terceira persoa de singular ou plural, respectivamente.

A escolla a favor destas formas vén dada xa pola tradición escrita desde o século XIX. As formas tradicionais, hoxe dificilmente recuperables, eran vós e el (ela, eles, elas), aínda vivas en certas zonas.

As preposicións en e de contraen co pronome persoal de terceira persoa, segundo se indica no cadro seguinte:

      PRON.
PREP.      
EL ELA ELES ELAS
EN nel nela neles nelas
DE del dela deles delas

Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe directamente o pronome: De eles chegaren en tempo, imos xuntos.

Serie átona.

[editar]

NÚMERO

PERSOA E XÉNERO

NON REFLEXIVO

REFLEX.

DAT.

ACUS.

SINGULAR

me

che

te

MASC.

lle

o, lo, no

se

FEM.

a, la, na

PLURAL

nos

vos

MASC.

lles

os, los, nos

se

FEM.

as, las, nas

As formas o, lo e no (cos correspondentes femininos e plurais) son variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o participio) ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles - cóllelo) e tras o adverbio u (antes *ub: ulo?); no úsase tras as formas verbais rematadas en ditongo (estou - estouno facendo;fai - faino; dei - deina; deixou - deixouna); o, en fin, úsase en todos os outros casos (collo - cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o vexo, mal vexo - mal o vexo, etc.).

A concorrencia dos pronomes en dativo co acusativo de terceira persoa resólvese como segue:

      ACUS.
DAT.      
O/LO A/LA OS/LOS AS/LAS
ME mo ma mos mas
CHE cho cha chos chas
LLE llo lla llos llas
NOS nolo nola nolos nolas
VOS volo vola volos volas
LLES llelo llela llelos llelas

Posesivos

[editar]

O paradigma dos pronomes posesivos presenta en galego moderno unha única serie:

PERSOA

SINGULAR

PLURAL

MASC.

FEM.

MASC.

FEM.

SING.

meu

miña

meus

miñas

teu

túa

teus

túas

seu

súa

seus

súas

PLUR.

noso

nosa

nosos

nosas

voso

vosa

vosos

vosas

seu

súa

seus

súas

As formas do masculino singular meu, teu, seu, noso, voso, seu, pódense usar precedidas de de, sen variación de xénero ou número: temos tres casas de noso (‘da nosa propiedade’), é boa de seu (‘en por si’).

Existe tamén un posesivo de respecto, mi, que acompaña a madre, padre, ocasionalmente a tío e aínda a outros substantivos de tratamento (amo, señor).

Hai ademais unhas formas de posesivo ligadas a un distributivo, que non presentan variación de forma en relación coa categoría de persoa: cadanseu, cadansúa, cadanseus, cadansúas: déronnos(a) cadanseu libro; foron miña nai e mais ela, e colleron (a) cadansúa peza de pan; compraron (a)cadanseus zapatos.

Entre as variantes existentes na fala (cadanseu, cadaseu, cadaunseu), escóllese cadanseu como normativa por ser a de maior extensión xeográfica e a máis empregada.

Demostrativos

[editar]

Paradigma dos pronomes demostrativos

[editar]

O paradigma dos pronomes demostrativos establécese como segue:

PROX.

NÚM.

MASC.

FEM.

NEUTRO

I

SING.

este

esta

isto

PL.

estes

estas

---

II

SING.

ese

esa

iso

PL.

eses

esas

---

III

SING.

aquel

aquela

aquilo

PL.

aqueles

aquelas

····

No galego moderno coexisten tres paradigmas de demostrativos, con distribución xeográfica propia cada un deles, ademais dalgún paradigma mixto resultado do cruzamento dos anteriores e con vixencia só en puntos illados. Estes paradigmas son os seguintes:

a) Este, esta, esto etc. É o que ocupa maior extensión xeográfica e o máis documentado nos textos galegos medievais. Aínda así, foi mirado con reticencia por coincidir en gran parte co do castelán. Na maior parte do galego de Asturias o plural do masculino é o etimolóxico: estos, esos, aquelos.

b) Iste, esta, esto etc. As formas masculinas con i- (iste, ise, aquil e il) forman unha zona compacta que comprende a maior parte da provincia de Ourense e o sur de Lugo.

c) Este, esta, isto etc. Este sistema con hipercaracterización da forma neutra, resultado dun fenómeno fonético nada estraño ao galego, aparece en dúas áreas descontinuas moi poboadas (unha que comprende a metade sur da provincia de Pontevedra e outra o nordés da Coruña).

Tense adoptado un sistema de demostrativos con i- en todos os casos, tratando de fuxir do que se consideraba castelán ou pouco diferencial; pero o uso das formas ista, isa, aquila (e ila) é abusivo, pois non existen máis ca nalgún punto illado, e mesmo alí esporadicamente, por extensión analóxica do demostrativo masculino ou neutro. Este mesmo criterio diferencialista levou a escoller como normativo o paradigma c), coas formas neutras isto, iso, aquilo.

Combinación co indefinido outro

[editar]

O demostrativo combínase co indefinido outro, dando lugar en cada caso á formación dunha nova palabra, xa que só o segundo elemento admite morfemas de xénero e número:

PROX.

NÚM.

MASC.

FEM

I

SING.

estoutro

estoutra

PL.

estoutros

estoutras

II

SING.

esoutro

esoutra

PL.

esoutros

esoutras

III

SING.

aqueloutro

aqueloutra

PL.

aqueloutros

aqueloutras

Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo outro.

Contraccións coas preposicións en e de

[editar]

O mesmo ca o pronome persoal tónico de terceira persoa, o pronome demostrativo contrae coas preposicións en e de: deste, neste, destoutra, nesoutra, daquilo, daqueloutros, naquela etc.

Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo ao que modifica o demostrativo: de estas razóns seren admitidas.

Cuantificadores e identificadores

[editar]

Formas dos cuantificadores

[editar]

algún, algunha, algúns, algunha
abondo, abonda, abondos, abondas
alguén
moito, moita, moitos, moitas
algo
ben
ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
demasiado, demasiada, demasiados, demasiadas
ninguén
máis
nada
menos
ren ou res
tanto, tanta, tantos, tantas
un, unha, uns, unhas
todo, toda, todos, todas
varios, varias cada; cada cal; cadaquén
pouco, pouca, poucos, poucas
ambos, ambas; entrambos, entrambas
bastante, bastantes

Formas dos identificadores

[editar]

outro,outra, outros, outras
calquera; quenquera
tal, tales
mesmo, mesma, mesmos, mesmas
propio, propia, propios, propias
o demais, a demais, os demais, as demais
o máis, a máis, os máis, as máis
certo,certa, certos, certas
determinado, determinada, determinados, determinadas

Contraccións

[editar]

Algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutra...; doutro, doutra... Con alguén e algo non se marca contracción na escrita.

Se o cuantificador ou o identificador está iniciado por un(s),unha(s) ou por o(s), a(s) (uns cantos, un pouco, o demais, o máis, ...) as contraccións son as indicadas para os artigos (vide 14.1.2. e 14.2.2.).

O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo, presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado (vide 14.2.2): falounos duns problemas que non demos entendido; casou cun de Sarria. Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións de e en, dando lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): están sempre a falar mal dun; a resposta hai que buscala nun mesmo; por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía con un coma con outro; cada domingo ía ao cine con unha, nunca o viamos coa mesma rapaza.

Relativos, interrogativos e exclamativos

[editar]

Para o relativo e interrogativo ou exclamativo o galego ten catro formas: dúas sen variación de xénero e número, que e quen; outra que admite morfema de plural, cal (pl. cales); e outra que pode ter morfemas de xénero e número, canto (canta, cantos, cantas). Existe ademais un relativo posesivo cuxo, que presenta flexión de xénero e número (cuxa, cuxos, cuxas).

Aínda que na lingua popular o relativo cuxo non ten uso, a lingua culta moderna recuperouno a partir da forma medieval cujo.