Normativa oficial do galego - Os signos de interrogación e de admiración

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

7. Os signos de interrogación e de admiración

A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio dos signos ? e !, respectivamente: Por que non llelo preguntas ti?; Miraches ben?; Vaia, Tomé, por que non calas?; Vaiche boa!; Mira que non o fagas! Para facilitar a lectura e evitar ambigüidades poderase indicar o inicio destas entoacións cos signos ¿ e ¡, respectivamente.