Normativa oficial do galego - Verbo
17. Verbo
Paradigmas regulares
[editar]I Conxugación | II Conxugación | III Conxugación |
ANDAR | VARRER | PARTIR |
INDICATIVO | ||
PRESENTE | ||
ando | varro | parto |
andas | varres | partes |
anda | varre | parte |
andamos | varremos | partimos |
andades | varredes | partides |
andan | varren | parten |
COPRETÉRITO | ||
andaba | varría | partía |
andabas | varrías | partías |
andaba | varría | partía |
andabamos | varriamos | partiamos |
andabades | varriades | partiades |
andaban | varrían | partían |
PRETÉRITO | ||
andei | varrín | partín |
andaches | varriches | partiches |
andou | varreu | partiu |
andamos | varremos | partimos |
andastes | varrestes | partistes |
andaron | varreron | partiron |
ANTEPRETÉRITO | ||
andara | varrera | partira |
andaras | varreras | partiras |
andara | varrera | partira |
andaramos | varreramos | partiramos |
andarades | varrerades | partirades |
andaran | varreran | partiran |
FUTURO | ||
andarei | varrerei | partirei |
andarás | varrerás | partirás |
andará | varrerá | partirá |
andaremos | varreremos | partiremos |
andaredes | varreredes | partiredes |
andarán | varrerán | partirán |
POSPRETÉRITO | ||
andaría | varrería | partiría |
andarías | varrerías | partirías |
andaría | varrería | partiría |
andariamos | varreriamos | partiriamos |
andariades | varreriades | partiriades |
andarían | varrerían | partirían |
SUBXUNTIVO | ||
PRESENTE | ||
ande | varra | parta |
andes | varras | partas |
ande | varra | parta |
andemos | varramos | partamos |
andedes | varrades | partades |
anden | varran | partan |
COPRETÉRITO | ||
andase | varrese | partise |
andases | varreses | partises |
andase | varrese | partise |
andásemos | varrésemos | partísemos |
andásedes | varrésedes | partísedes |
andasen | varresen | partisen |
FUTURO | ||
andar | varrer | partir |
andares | varreres | partires |
andar | varrer | partir |
andarmos | varrermos | partirmos |
andardes | varrerdes | partirdes |
andaren | varreren | partiren |
IMPERATIVO | ||
anda | varre | parte |
andade | varrede | partide |
INFINITIVO CONXUGADO | ||
andar | varrer | partir |
andares | varreres | partires |
andar | varrer | partir |
andarmos | varrermos | partirmos |
andardes | varrerdes | partirdes |
andaren | varreren | partiren |
FORMAS NOMINAIS | ||
INFINITIVO | ||
andar | varrer | partir |
XERUNDIO | ||
andando | varrendo | partindo |
PARTICIPIO | ||
andado | varrido | partido |
Observacións
[editar]Alternacias gráficas
[editar]Hai algunhas alteracións gráficas reguladas polas leis de distribución de grafemas expostas en 1.2 e 1.3: c/qu, g/gu e z/c alternan na representación gráfica da raíz do verbo segundo que a vogal que siga sexa a, o, u ou e, i respectivamente:
(sacar) saco, sacas / saque,
(delinquir) delinco, delinca / delinque, delinquía,
(segar) sego, segas / segue,
(erguer) ergo, erga / ergue, erguía,
(cazar) cazo, cazas / cace,
(cocer) cozo, coza / coce, cocía.
Asimilacións
[editar]A primeira persoa de plural perde o -s cando leva enclítico opronome nos: vémonos. Cando unha forma verbal rematada en -s ou en -r vai seguida polos pronomes lo, la, los, las, elimínanse, por asimilación total, o -s e o -r: cantar lo > cantalo, cantas la > cántala.
Para o comportamento do alomorfo lo do artigo tras formas verbais en –r ou –s, vide 14.1.1.
Cando a forma verbal remata en -n estas variantes convertéronse en no, na, nos, nas, e a secuencia nn simplificouse: comeron las > coméronnas > coméronas (cf. 14.1.1).
Verbos en -cer e -cir
[editar]Os verbos en -cer (menos facer e derivados) e en -cir (menos dicir e derivados) son completamente regulares (a menos que teñan algunha das alternancias vocálicas de que se falará máis adiante en 17.2.5). Por exemplo:
INDICATIVO |
SUBXUNTIVO |
IMPERATIVO |
INDICATIVO |
SUBXUNTIVO |
IMPERATIVO | ||
PRESENTE |
COPRETÉRITO |
PRESENTE |
PRESENTE |
COPRETÉRITO |
PRESENTE | ||
obedezo |
obedecía |
obedeza |
traduzo |
traducía |
traduza |
||
obedeces |
obedecías |
obedezas |
obedece |
traduces |
traducías |
traduzas |
traduce |
obedece |
obedecía |
obedeza |
traduce |
traducía |
traduza |
||
obedecemos |
obedeciamos |
obedezamos |
traducimos |
traduciamos |
traduzamos |
||
obedecedes |
obedeciades |
obedezades |
obedecede |
traducides |
traduciades |
traduzades |
traducide |
obedecen |
obedecían |
obedezan |
traducen |
traducían |
traduzan |
||
PRETÉRITO |
ANTEPRETÉRITO |
PRETÉRITO |
INF.CONX. |
PRETÉRITO |
ANTEPRETÉRITO |
PRETÉRITO |
INF. CONX. |
obedecín |
obedecera |
obedecese |
obedecer |
traducín |
traducira |
traducise |
traducir |
obedeciches |
obedeceras |
obedeceses |
obedeceres |
traduciches |
traduciras |
traducises |
traducires |
obedeceu |
obedecera |
obedecese |
obedecer |
traduciu |
traducira |
traducise |
traducir |
obedecemos |
obedeceramos |
obedecésemos |
obedecermos |
traducimos |
traducíramos |
traducísemos |
traducirmos |
obedecestes |
obedecerades |
obedecésedes |
obedecerdes |
traducistes |
traducírades |
traducísedes |
traducirdes |
obedeceron |
obedeceran |
obedecesen |
obedeceren |
traduciron |
traduciran |
traducisen |
traduciren |
FUTURO |
POSPRETÉRITO |
FUTURO |
F. NOMINAIS |
FUTURO |
POSPRETÉRITO |
FUTURO |
F. NOMINAIS |
obedecerei |
obedecería |
obedecer |
INF. |
traducirei |
traduciría |
traducir |
INF. |
obedecerás |
obedecerías |
obedeceres |
obedecer |
traducirás |
traducirías |
traducires |
traducir |
obedecerá |
obedecería |
obedecer |
XER. |
traducirá |
traduciría |
traducir |
XER. |
obedeceremos |
obedeceriamos |
obedecermos |
obedecendo |
traduciremos |
traduciriamos |
traducirmos |
traducindo |
obedeceredes |
obedeceriades |
obedecerdes |
PART. |
traduciredes |
traduciriades |
traducirdes |
PART. |
obedecerán |
obedecerían |
obedeceren |
obedecido |
traducirán |
traducirían |
traduciren |
traducido |
Verbos con radical acabada en vogal
[editar]Verbos acabados en -ear, -oar
[editar]Son completamente regulares:
NOMEAR
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
nomeo | nomeaba | nomee | |
nomeas | nomeabas | nomees | nomea |
nomea | nomeaba | nomee | |
nomeamos | nomeabamos | nomeemos | nomeade |
nomeades | nomeabades | nomeedes | |
nomean | nomeaban | nomeen | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
nomeei | nomeara | nomease | nomear |
nomeaches | nomearas | nomeases | nomeares |
nomeou | nomeara | nomease | nomear |
nomeamos | nomearamos | nomeásemos | nomearmos |
nomeastes | nomearades | nomeásedes | nomeardes |
nomearon | nomearan | nomeasen | nomearen |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F. NOMINAIS |
nomearei | nomearía | nomear | INF. |
nomearás | nomearías | nomeares | nomear |
nomeará | nomearía | nomear | XER. |
nomearemos | nomeariamos | nomearmos | nomeando |
nomearedes | nomeariades | nomeardes | PART. |
nomearán | nomearían | nomearen | nomeado |
AMONTOAR
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
amontoo | amontoaa | amontoe | |
amontoas | amontoabas | amontoes | amontoa |
amontoa | amontoaba | amontoe | |
amontoamos | amontoabamos | amontoemos | amontoade |
amontoades | amontoabades | amontoedes | |
amontoan | amontoaban | amontoen | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
amontoei | amontoara | amontoase | amontoar |
amontoaches | amontoaras | amontoases | amontoares |
amontoou | amontoara | amontoase | amontoar |
amontoamos | amontoaramos | amontoásemos | amontoarmos |
amontoastes | amontoarades | amontoásedes | amontoardes |
amontoaron | amontoaran | amontoasen | amontoaren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F. NOMINAIS |
amontoarei | amontoaría | amontoar | INF. |
amontoarás | amontoarías | amontoares | amontoar |
amontoará | amontoaría | amontoar | XER. |
amontoaremos | amontoariamos | amontoarmos | amontoando |
amontoaredes | amontoariades | amontoardes | PART. |
amontoarán | amontoarían | amontoaren | amontoado |
Verbos acabados en -iar, -uar
[editar]Entre os acabados en -iar, -uar, aínda que regulares sempre, cómpre distinguir: a) aqueles en que ia, io, ie ou ua, uo, ue son sempre ditongo (cambio, cambia, cambie; minguo, mingua, mingüe), e b) os que teñen aquelas secuencias conservadas como hiato (afío, afía,afíe, e mesmo a-fi-ar, ou acentúo, acentúa,acentúe).
PRES. IND. | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|
cambio | cambie | |
cambias | cambie | |
cambia | cambie | cambia |
cambiamos | cambiemos | |
cambiades | cambiedes | cambiade |
cambian | cambien |
PRES. IND. | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|
afío | afíe | |
afías | afíes | afía |
afía | afíe | |
afiamos | afiemos | |
afiades | afiedes | afiade |
afían | afíen |
No resto do paradigma non hai diferenza acentual, pero foneticamente as secuencias -ia-, -ie- pronúncianse como ditongo nos verbos do primeiro tipo cam-bia-mos, cam-bia-des, cam-bia-ba, cam-bie-des, cam-bia-rei, cam-biar,etc.) e como hiatos nos do segundo tipo (a-fia-mos, a-fi-a-ba,a-fi-a-rei, a-fi-ar).
Os do tipo a) constitúen o grupo maioritario; son, especialmente, os que se corresponden con substantivos en -io, -ia: cambiar, oficiar, viciar etc. (cf. os substantivos correspondentes: cambio, oficio, vicio etc.).
Os do tipo b) son menos abundantes; correspóndense case sempre cos substantivos en -ío, -ía: adiar, agoniar, arrefriar,asubiar, aviar, chiar, confiar, espiar, fiar, guiar, liar, miar,variar, vixiar, xunto con outros membros das mesmas familias léxicas (desconfiar,porfiar, desafiar etc.) (cf. os substantivos día, agonía,frío, asubío, avío, chío, espía, fío, guía, vixía,etc.). Conxúganse tamén conforme este modelo ansiar e paliar.
Verbos acabados en -aer,-oer, -aír, -oír.
[editar]Caer (decaer, recaer), choer, doer (condoer), moer (remoer), proer, roer (corroer), oír (desoír, entreoír), saír (sobresaír), os derivados de traer (atraer, distraer...) etc., son regulares, pero intercalan un -i- sen valor morfolóxico entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por o ou por a.
CAER
PRES. IND | COPRETÉR. | PRETÉRITO | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|---|---|
caio | caía | caín | caia | |
caes | caías | caíches | caias | cae |
cae | caía | caeu | caia | |
caemos | caïamos | caemos | caiamos | |
caedes | caïades | caestes | caiades | caede |
caen | caían | caeron | caian |
MOER
PRES. IND | COPRETÉR. | PRETÉRITO | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|---|---|
moio | moía | moín | moia | |
moes | moías | moíches | moias | moe |
moe | moía | moeu | moia | |
moemos | moïamos | moemos | moiamos | |
moedes | moïades | moestes | moiades | moede |
moen | moían | moeron | moian |
SAÍR
PRES. IND | COPRETÉR. | PRETÉRITO | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|---|---|
saio | saía | saín | saia | |
saes | saías | saíches | saias | sae |
sae | saía | saíu | saia | |
saímos | saïamos | saímos | saiamos | |
saídes | saïades | saístes | saiades | saíde |
saen | saían | saíron | saian |
OÍR
PRES. IND | COPRETÉR. | PRETÉRITO | PRES. SUBX. | IMPERATIVO |
---|---|---|---|---|
oio | oía | oín | oia | |
oes | oías | oíches | oias | oe |
oe | oía | oíu | oia | |
oímos | oïamos | oímos | oiamos | |
oídes | oïades | oístes | oiades | oíde |
oen | oían | oíron | oian |
Verbos en -er (< -eer) e -ir (< -iir)
[editar]Os verbos en -er (< -eer) e -ir (< -iir), como crer, descrer; ler, reler, trasler; sobreser e rir, sorrir, son parcialmente irregulares. De todas as maneiras, cómpre ter en conta algúns encontros vocálicos que na fala e na escritura (xa desde a época medieval) se resolven en contracción. Estes encontros son os seguintes: -eé- > -e- (ex.: leer > ler), -ée- > -e- (lees > les), -eí- > -i- (leía > lía), -eï- > -i- (leïamos > liamos), -íe- > -i- (ríes > ris), -ií- >-i- (riíches > riches), -iï- > -i- (riïamos > riamos), sempre conservando a mesma tonicidade.
LER
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRET | PRESENTE | |
leo | lía | lea | |
les | lías | lea | le |
le | lía | lea | |
lemos | liamos | leamos | |
ledes | liades | leades | lede |
len | lían | lean | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
lin | lera | lese | ler |
liches | leras | leses | leres |
leu | lera | lese | ler |
lemos | leramos | lésemos | lermos |
lestes | lerades | lésedes | lerdes |
leron | leran | lesen | leren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F. NOMINAIS |
lerei | lería | ler | INF. |
lerás | lerías | leres | ler |
lerás | lería | ler | XER. |
leremos | leriamos | lermos | lendo |
leredes | leriades | lerdes | PART. |
lerán | lerían | leren | lido |
RIR
INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
río | ría | ría | |
ris | rías | rías | ri |
ri | ría | ría | |
rimos | riamos | riamos | |
rides | riades | riades | ride |
rin | rían | rían | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
rin | rira | rise | rir |
riches | riras | rises | rires |
riu | rira | rise | rir |
rimos | riramos | rísemos | rirmos |
ristes | rirades | rísedes | rirdes |
riron | riran | risen | riren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F. NOMINAIS |
rirei | riría | rir | INF. |
rirás | rirías | rires | rir |
rirás | riría | rir | XER. |
riremos | ririamos | rirmos | rindo |
riredes | ririades | rirdes | PART. |
rirán | rirían | riren | rido |
Para ver e derivados, que en parte da súa conxugación habería que incluír nesta epígrafe, vide 17.3.27.
Alternancias vocálicas no radical do verbo
[editar]Verbos en -er
[editar]Os verbos en -er que teñen -e-, -o- como últimas vogais do lexema presentan unha alternancia [‘ɛ]/[‘e], [‘ɔ]/[‘o], cando son tónicas, segundo a seguinte distribución: [‘ɛ], [‘ɔ] na 2ª e 3ª persoas de singular e na 3ª de plural do presente de indicativo; [‘e], [‘o] no resto. En posición átona son sempre pechadas.
PRES. IND. | PRES. SUBX. | IMPER. |
---|---|---|
bebo [‘e] | beba [‘e] | |
bebes [‘ɛ] | bebas | bebe [‘e] |
bebe [‘ɛ] | beba [‘e] | |
··· | ··· | |
··· | ··· | ··· |
beben [‘ɛ] | beban [‘e] |
PRES. IND. | PRES. SUBX. | IMPER. |
---|---|---|
como [‘o] | coma [‘o] | |
comes [‘ɔ] | comas [‘o] | come [‘o] |
come [‘ɔ] | coma [‘o] | |
··· | ··· | |
··· | ··· | ··· |
comen [‘ɔ] | coman [‘o] |
Quedan excluídos desta alternancia no presente de indicativo outra serie de verbos que por razóns históricas teñen vocalismo radicaltónico, ou sempre aberto ([ɛ]: querer, quecer, esquecer; [ɔ]: poder), ou sempre pechado ([e]: deber, crer, ler, e sobreser, así como os derivados de todos eles; e, en boa parte do territorio lingüístico galego, tamén os verbos rematados en -ecer: parecer etc.).
Esta alternancia non ten repercusións gráficas. Unicamente as pode ter cando, por razóns de clareza, queiramos diferenciar parellas homógrafas: (el) cóme / come (ti). Neste caso acentuarase graficamente a palabra en que apareza a vogal aberta.
Alternancias vocálicas nos verbos en -ir
[editar]A maioría dos verbos da terceira conxugación manteñen inalterada a última vogal do radical ao longo de todo o paradigma. Ocorre isto, sen excepción ningunha, cando é a (partir, invadir, sobresaír, persuadir etc.) ou cando é i (finxir, incidir, dividir, transmitir, vivir, corrixir etc.). Para o modelo de paradigma véxase partir en 17.1.
Verbos con e como vogal final do lexema no infinitivo
[editar]Estes verbos (advertir, servir etc.) poden presentar dous tipos de alternancia:
a) Hai un grupo que troca o e en i nas formas do presente de indicativo e imperativo en que a raíz é tónica e, ademais, en todo o presente de subxuntivo:
Presente de indicativo | Presente de subxuntivo | Imperativo |
---|---|---|
advirto | advirta | |
advirtes | advirtas | advirte |
advirte | advirta | |
advertimos | advirtamos | |
advertides | advirtades | advertide |
advirten | advirtan |
Conforme a este modelo conxúganse os seguintes verbos: adherir; advertir, divertir; agredir, transgredir; conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir; competir, repetir; concernir, discernir; espelir; espir; dixerir, inxerir, suxerir; inserir; medir; pedir e derivados; reflectir; vestir, investir, revestir.
b) Hai outro grupo que presenta unha variación tripla no vocalismo da raíz: en posición átona sempre é [e] (agás no presente de subxuntivo); en posición tónica hai [ɛ] nas persoas 2ª, 3ª de singular e 3ª de plural do presente de indicativo e i na persoa 1ª de singular do presente de indicativo, na 2ª de singular do imperativo e en todo o presente de subxuntivo.
Presente de indicativo | Presente de subxuntivo | Imperativo |
---|---|---|
sirvo | sirva | |
serves | sirvas | sirve |
serve | sirva | |
servimos | sirvamos | |
servides | sirvades | servide |
serven | sirvan |
O mesmo paradigma é o dos verbos ferir, mentir, sentir, seguir e dos seus derivados e compostos: malferir; desmentir; asentir,consentir, resentir, conseguir, perseguir e proseguir (advírtase que conferir, inferir etc. non son derivados de ferir, senón que se remontan á base culta latina -FERRE).
Verbos con u como vogal final do lexema no infinitivo
[editar]Os verbos que teñen u como vogal final do lexema no infinitivo(discutir, fuxir etc.) poden presentar dúas posibilidades de conxugación:
a)Verbos do tipo discutir
Hai verbos en -u...ir (discutir, conducir etc.) que son completamente regulares e seguen o modelo de partir (vide 17.1). Son os seguintes (a maioría deles de procedencia culta): argüír, asumir, atuír, -cluír (concluír, excluír, incluír, recluír), -cumbir (incumbir, sucumbir...), cumprir ‘completar’, -cutir (discutir, percutir, repercutir...), curtir, derruír, diluír, diminuír, -ducir (aducir, conducir, deducir, inducir, reducir, seducir, traducir...), embutir, escapulir, esculpir, estatuír, gruñir, fluír e derivados (afluír, confluír, influír,refluír...), fulxir (e refulxir), -fundir (fundir ‘derreter’, afundir, confundir, difundir, infundir, refundir), imbuír, insurxir, -ludir (aludir, eludir), nutrir, presumir, resumir, rustrir, -stituír (constituír, destituír, instituír, prostituír, reconstituír, restituír,substituír...), -struír (construír, destruír, instruír, obstruír, reconstruír...), suplir, -tribuír (atribuír, contribuír, distribuír, retribuír...), tupir e derivados (entupir, desentupir),unir e derivados (desunir, reunir), unxir, urxir, zurcir.
b) Verbos do tipo fuxir
Hai outro grupo de verbos en -u...ir, menos numeroso, que presenta unha alternancia tradicional u/o: [o] nas persoas 2ª e 3ª de singular e 3ª de plural do presente de indicativo, [u] no resto do paradigma:
Presente de indicativo | Presente de subxuntivo | Imperativo |
---|---|---|
fuxo | fuxa | |
foxes | fuxas | fuxe |
foxe | fuxa | |
fuximos | fuxamos | |
fuxides | fuxades | fuxide |
foxen | fuxan |
Conforme a este modelo, conxúganse tamén os seguintes verbos: acudir, bulir (e rebulir), cubrir e derivados (descubrir, encubrir, recubrir), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fundir ‘render’, fuxir, lucir e derivados (deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir), mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir.
Produtividade da 2ª e 3ªconxugacións
[editar]Mantéñense como verbos da segunda (en contraste co castelán) converxer, emerxer, encher, erguer, esparexer, fender, ferver, premer, render, repeler, rexer, toller, xemer. Tamén se conservan como verbos da segunda os derivados de bater (abater, combater, debater, rebater), correr (concorrer, decorrer, discorrer, escorrer, incorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, socorrer, transcorrer), romper (corromper, interromper, irromper, prorromper) e verter (converter, inverter, perverter, reverter, subverter; pero advertir e divertir). Para caer e traer véxase 17.2.4.3 e 17.3.25, respectivamente.
Pasaron á terceira concibir, escribir, vivir, dicir, elixir e derivados, así como aducir, recibir e os restantes membros da familia léxica (véxase unha explicación máis detallada en dicir, 17.3.5).
Paradigmas dos verbos irregulares
[editar]Os verbos considerados irregulares en galego sono por dous motivos:
- O radical do tema de perfecto (os tempos de pasado perfecto e pluscuamperfecto dos dous modos, indicativo e subxuntivo) non coincide co radical do tema de presente, que son a maior parte. O radical do tema de presente sempre coincide co radical do infinitivo;
- Cando se conxuga o verbo, aparecen tres ou catro (ata cinco) radicais distintos, como pode ser con ir (v-ou, vai-a, i-des, ir-ei, for-a)
Caber
[editar]TEMA DE PERFECTO: COUB-
INDICATIVO |
SUBXUNTIVO |
IMPERATIVO | ||
PRESENTE |
COPRETÉRITO |
PRESENTE |
||
caibo |
cabía |
caiba |
||
cabes |
cabías |
caibas |
cabe | |
cabe |
cabía |
caiba |
caiba |
|
cabemos |
cabiamos |
caibamos |
caibamos |
|
cabedes |
cabiades |
caibades |
cabede | |
caben |
cabían |
caiban |
caiban | |
PRETÉRITO |
ANTEPRETÉRITO |
PRETÉRITO |
INF.CONX. | |
couben |
coubera |
coubese |
caber | |
coubeches |
couberas |
coubeses |
caberes | |
coubo |
coubera |
coubese |
caber | |
coubemos |
couberamos |
coubésemos |
cabermos | |
coubestes |
couberades |
coubésedes |
caberdes | |
couberon |
couberan |
coubesen |
caberen | |
FUTURO |
POSPRETÉRITO |
FUTURO |
F.NOMINAIS | |
caberei |
cabería |
couber |
INF. | |
caberás |
caberías |
couberes |
caber | |
caberá |
cabería |
couber |
XER. | |
caberemos |
caberiamos |
coubermos |
cabendo | |
caberedes |
caberiades |
couberdes |
PART. | |
caberán |
caberían |
couberen |
cabido |
Caer (vide 17.2.4.3)
[editar]Crer (vide 17.2.4.5)
[editar]Dar
[editar]TEMA DE PERFECTO: DE-
INDICATIVO |
SUBXUNTIVO |
IMPERATIVO | |
PRESENTE |
COPRETÉRITO |
PRESENTE |
|
dou | daba | dea | |
dás |
dabas |
deas |
dá |
dá |
daba |
dea |
|
damos |
dabamos |
deamos |
|
dades |
dabades |
deades |
dade |
dan |
daban |
dean |
|
PRETÉRITO |
ANTEPRETÉRITO |
PRETÉRITO |
INF. CONX. |
dei |
dera |
dese |
dar |
deches |
deras |
deses |
dares |
deu |
dera |
dese |
dar |
demos |
deramos |
désemos |
darmos |
destes |
derades |
désedes |
dardes |
deron |
deran |
desen |
daren |
FUTURO |
POSPRETÉRITO |
FUTURO |
F.NOMINAIS |
darei |
daría |
der |
INF. |
darás |
darías |
deres |
dar |
dará |
daría |
der |
XER. |
daremos |
dariamos |
dermos |
dando |
daredes |
dariades |
derdes |
PART. |
darán |
darían |
deren |
dado |
Dicir
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
digo | dicía | diga | |
dis | dicías | digas | di |
di | dicía | diga | |
dicimos | diciamos | digamos | |
dicides | diciades | digades | dicide |
din | dicían | digan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
dixen | dixera | dixese | dicir |
dixeches | dixeras | dixeses | dicires |
dixo | dixera | dixese | dicir |
dixemos | dixeramos | dixésemos | dicirmos |
dixestes | dixerades | dixésedes | dicirdes |
dixeron | dixeran | dixesen | diciren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
direi | diría | dixer | INF. |
dirás | dirías | dixeres | dicir |
dirá | diría | dixer | XER. |
diremos | diriamos | dixermos | dicindo |
diredes | diriades | dixerdes | PART. |
dirán | dirían | dixeren | dito |
Conxúganse tamén así os derivados de dicir: contradicir, desdicir, predicir. No galego actual existe unha tendencia maioritaria a conxugar os verbos bendicir e maldicir de maneira totalmente regular (bendice, bendicirá, bendiza, bendiciu etc.), se ben tampouco parece condenable, sobre todo no presente de indicativo e subxuntivo, a conxugación seguindo o modelo de dicir.
Doer (vide 17.2.4.3)
[editar]Estar
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
estou | estaba | estea | |
estás | estabas | esteas | está |
está | estaba | estea | |
estamos | estabamos | esteamos | |
estades | estabades | esteades | estade |
están | estaban | estean | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
estiven | estivera | estivese | estar |
estiveches | estiveras | estiveses | estares |
estivo | estivera | estivese | estar |
estivemos | estiveramos | estivésemos | estarmos |
estivestes | estiverades | estivésedes | estardes |
estiveron | estiveran | estivesen | estaren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
estarei | estaría | estiver | INF. |
estarás | estarías | estiveres | estar |
estará | estaría | estiver | XER. |
estaremos | estariamos | estivermos | estando |
estaredes | estariades | estiverdes | PART. |
estarán | estarían | estiveren | estado |
Os verbos arrestar, contrastar, obstar, prestar, restar, derivados latinos de STARE, por seren hoxe semanticamente opacos, son totalmente regulares: resto, restaba, restei...
Facer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
fago | facía | faga | |
fas | facías | fagas | fai |
fai | facía | faga | |
facemos | faciamos | fagamos | |
facedes | faciades | fagades | facede |
fan | facían | fagan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
fixen | fixera | fixese | facer |
fixeches | fixeras | fixeses | faceres |
fixo | fixera | fixese | facer |
fixemos | fixeramos | fixésemos | facermos |
fixestes | fixerades | fixésedes | facerdes |
fixeron | fixeran | fixesen | faceren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
farei | faría | fixer | INF. |
farás | farías | fixeres | facer |
fará | faría | fixer | XER. |
faremos | fariamos | fixermos | facendo |
faredes | fariades | fixerdes | PART. |
farán | farían | fixeren | feito |
Haber
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
hei | había | haxa | |
has | habías | haxas | --- |
ha, hai | había | haxa | |
habemos | habiamos | haxamos | |
habedes | habiades | haxades | --- |
han | habían | haxan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
houben | houbera | houbese | haber |
houbeches | houberas | houbeses | haberes |
houbo | houbera | houbese | haber |
houbemos | houberamos | houbésemos | habermos |
houbestes | houberades | houbésedes | haberdes |
houberon | houberan | houbesen | haberen |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
haberei | habería | houber | INF. |
haberás | haberías | houberes | haber |
haberá | habería | houber | XER. |
haberemos | haberiamos | houbermos | habendo |
haberedes | haberiades | houberdes | PART. |
haberán | haberían | houberen | habido |
Ir
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
vou | ía | vaia | |
vas | ías | vaias | vai |
vai | ía | vaia | |
imos | iamos | vaiamos | vamos |
ides | iades | vaiades | ide |
van | ían | vaian | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
fun | fora | fose | ir |
fuches | foras | foses | ires |
foi | fora | fose | ir |
fomos | foramos | fósemos | irmos |
fostes | forades | fósedes | irdes |
foron | foran | fosen | iren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
irei | iría | for | INF. |
irás | irías | fores | ir |
irá | iría | for | XER. |
iremos | iriamos | formos | indo |
iredes | iriades | fordes | PART. |
irán | irían | foren | ido |
O verbo derivado latino preterir carece de motivación semántica; nas persoas en que non é defectivo conxúgase como advertir (17.2.5.2.1), e non como derivado de ir.
Ler (vide 17.2.4.5)
[editar]Moer (vide 17.2.4.3)
[editar]Oir e ouvir
[editar]a) Oír (vide ademais 17.2.4.3)
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
oio | oía | oia | |
oes | oías | oias | oe |
oe | oía | oia | |
oímos | oïamos | oiamos | |
oídes | oïades | oiades | oíde |
oen | oían | oian | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
oín | oíra | oíse | oír |
oíches | oíras | oíses | oíres |
oíu | oíra | oíse | oír |
oímos | oiramos | oísemos | oírmos |
oístes | oirades | oísedes | oírdes |
oíron | oíran | oísen | oíren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
oirei | oiría | oír | INF. |
oirás | oirías | oíres | oír |
oirá | oiría | oír | XER. |
oiremos | oiriamos | oírmos | oíndo |
oiredes | oiriades | oírdes | PART. |
oirán | oirían | oíren | oído |
b) Ouvir
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
ouzo | ouvía | ouza | |
ouves | ouvías | ouzas | ouve |
ouve | ouvía | ouza | |
Ouvimos | ouviamos | ouzamos | |
ouvides | ouviades | ouzades | ouvide |
ouven | ouvían | ouzan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
ouvín | ouvira | ouvise | ouvir |
Ouvíches | ouviras | ouvises | ouvires |
ouviu | ouvira | ouvise | ouvir |
Ouvimos | ouviramos | ouvísemos | ouvirmos |
Ouvistes | ouvirades | ouvísedes | ouvirdes |
ouviron | ouviran | ouvisen | ouviren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
ouvirei | ouviría | ouvir | INF. |
ouvirás | ouvirías | ouvires | ouvir |
ouvirá | ouviría | ouvir | XER. |
ouviremos | ouviriamos | ouvirmos | ouvindo |
ouviredes | ouviriades | ouvirdes | PART. |
ouvirán | ouvirían | ouviren | ouvido |
Parir
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
pairo | paría | paira | |
pares | parías | pairas | pare |
pare | paría | paira | |
parimos | pariamos | pairamos | |
parides | pariades | pairades | paride |
paren | parían | pairan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
parín | parira | parise | parir |
Pariches | pariras | parises | parires |
pariu | parira | parise | parir |
parimos | pariramos | parísemos | parirmos |
paristes | parirades | parísedes | parirdes |
pariron | pariran | parisen | pariren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
parirei | pariría | parir | INF. |
parirás | parirías | parires | parir |
parirá | pariría | parir | XER. |
pariremos | paririamos | parirmos | parindo |
pariredes | paririades | parirdes | PART. |
parirán | parirían | pariren | parido |
Poder
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
podo | podía | poida | |
podes | podías | poidas | pode |
pode | podía | poida | |
podemos | podiamos | poidamos | |
Podedes | podiades | poidades | podede |
poden | podían | poidan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
puiden | puidera | puidese | poder |
puideches | puideras | puideses | poderes |
puido | puidera | puidese | poder |
puidemos | puideramos | puidésemos | podermos |
puidestes | puiderades | puidésedes | poderdes |
Puideron | puideran | puidesen | poderen |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
poderei | podería | puider | INF. |
poderás | poderías | puideres | poder |
poderá | podería | puider | XER. |
poderemos | poderiamos | puidermos | podendo |
poderedes | poderiades | puiderdes | PART. |
poderán | poderían | puideren | podido |
Poñer e pór
[editar]a) Poñer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
poño | poñía | poña | |
pos | poñías | poñas | pon |
pon | poñía | poña | |
poñemos | poñiamos | poñamos | |
poñedes | poñiades | poñades | poñede |
poñen | poñían | poñan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
puxen | puxera | puxese | poñer |
puxeches | puxeras | puxeses | poñeres |
puxo | puxera | puxese | poñer |
puxemos | puxeramos | puxésemos | poñermos |
puxestes | puxerades | puxésedes | poñerdes |
puxeron | puxeran | puxesen | poñeren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
poñerei | poñería | puxer | INF. |
poñerás | poñerías | puxeres | poñer |
poñerá | poñería | puxer | XER. |
poñeremos | poñeriamos | puxermos | poñendo |
poñeredes | poñeriades | puxerdes | PART. |
poñerán | poñerían | puxeren | posto |
b) Pór
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
poño | puña | poña | |
pos | puñas | poñas | pon |
pon | puña | poña | |
pomos | puñamos | poñamos | |
pondes | puñades | poñades | ponde |
pon | puñan | poñan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
puxen | puxera | puxese | pór |
puxeches | puxeras | puxeses | pores |
puxo | puxera | puxese | pór |
puxemos | puxeramos | puxésemos | pormos |
puxestes | puxerades | puxésedes | pordes |
puxeron | puxeran | puxesen | poren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
porei | poría | puxer | INF. |
porás | porías | puxeres | pór |
porá | poría | puxer | XER. |
poremos | poriamos | puxermos | pondo |
poredes | poriades | puxerdes | PART. |
porán | porían | puxeren | posto |
Conxúganse igual que poñer e pór os seus derivados,tanto os formados con prefixos cultos coma cos populares. Así, os formados con ante-, a-, com-, contra-, de-, descom-, dis-, ex-, im-, indis-, o-,predis-, presu-, pro-, re-, recom-, su-, super-, tras-, xusta-.
Pracer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
prazo | pracía | praza | |
praces | pracías | prazas | prace |
prace | pracía | praza | |
pracemos | praciamos | prazamos | |
Pracedes | praciades | prazades | pracede |
pracen | pracían | prazan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
prouguen | prouguera | prouguese | pracer |
prougueches | prougueras | prougueses | praceres |
prougo | prouguera | prouguese | pracer |
prouguemos | prougueramos | prouguésemos | pracermos |
prouguestes | prouguerades | prouguésedes | pracerdes |
prougueron | prougueran | prouguesen | praceren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
pracerei | pracería | prouguer | INF. |
Pracerás | pracerías | prougueres | pracer |
pracerá | pracería | prouguer | XER. |
praceremos | praceriamos | prouguermos | pracendo |
praceredes | praceriades | prouguerdes | PART. |
Pracerán | pracerían | prougueren | pracido |
Os derivados apracer, compracer e despracer son regulares en todo o paradigma.
Querer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
quero | quería | queira | |
queres | querías | queiras | quere |
quere | quería | queira | |
queremos | queriamos | queiramos | |
queredes | queriades | queirades | querede |
queren | querían | queiran | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
quixen | quixera | quixese | querer |
quixeches | quixeras | quixeses | quereres |
quixo | quixera | quixese | querer |
quixemos | quixeramos | quixésemos | querermos |
quixestes | quixerades | quixésedes | quererdes |
quixeron | quixeran | quixesen | quereren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
quererei | querería | quixer | INF. |
Quererás | quererías | quixeres | querer |
quererá | querería | quixer | XER. |
quereremos | quereriamos | quixermos | querendo |
quereredes | quereriades | quixerdes | PART. |
Quererán | quererían | quixeren | querido |
Os derivados cultos de querer (adquirir, inquirir,requirir) son inmotivados semanticamente; seguen por tanto a lei xeral deincorporación de verbos cultos (vide 17.2.6).
Rir (vide 17.2.4.5)
[editar]Roer (vide 17.2.4.3)
[editar]Saber
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
sei | sabía | saiba | |
sabes | sabías | saibas | sabe |
sabe | sabía | saiba | |
Sabemos | sabiamos | saibamos | |
sabedes | sabiades | saibades | sabede |
saben | sabían | saiban | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
souben | soubera | soubese | saber |
soubeches | souberas | soubeses | saberes |
soubo | soubera | soubese | saber |
soubemos | souberamos | soubésemos | sabermos |
soubestes | souberades | soubésedes | saberdes |
souberon | souberan | soubesen | saberen |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
saberei | sabería | souber | INF. |
saberás | saberías | souberes | saber |
saberá | sabería | souber | XER. |
saberemos | saberiamos | soubermos | sabendo |
saberedes | saberiades | souberdes | PART. |
saberán | saberían | souberen | sabido |
Saír (vide 17.2.4.3 e 17.3.1, caberei)
[editar]Ser
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
son | era | sexa | |
es ["ä] | eras | sexas | sé |
é ["ä] | era | sexa | |
somos | eramos | sexamos | |
sodes | erades | sexades | sede |
son | eran | sexan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
fun | fora | fose | ser |
fuches | foras | foses | seres |
foi | fora | fose | ser |
fomos | foramos | fósemos | sermos |
fostes | forades | fósedes | serdes |
foron | foran | fosen | seren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
serei | sería | for | INF. |
serás | serías | fores | ser |
será | sería | for | XER. |
seremos | seriamos | formos | sendo |
seredes | seriades | fordes | PART. |
serán | serían | foren | sido |
O verbo defectivo sobreser, por ser inmotivado semanticamente, é regular nos tempos e persoas en que se conxuga (vide 17.2.4.5).
Ter
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
teño | tiña | teña | |
tes | tiñas | teñas | ten |
ten | tiña | teña | |
temos | tiñamos | teñamos | |
tendes / tedes | tiñades | teñades | tende / tede |
teñen | tiñan | teñan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
tiven | tivera | tivese | ter |
Tiveches | tiveras | tiveses | teres |
tivo | tivera | tivese | ter |
tivemos | tiveramos | tivésemos | termos |
tivestes | tiverades | tivésedes | terdes |
tiveron | tiveran | tivesen | teren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
terei | tería | tiver | INF. |
terás | terías | tiveres | ter |
terá | tería | tiver | XER. |
teremos | teriamos | tivermos | tendo |
teredes | teriades | tiverdes | PART. |
terán | terían | tiveren | tido |
Os derivados abster, ater, conter, deter, entreter, manter, reter e soster conxúganse igual.
Traer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
traio | traía | traia | |
traes | traías | traias | trae |
trae | traía | traia | |
traemos | traïamos | traiamos | |
traedes | traïades | traiades | traede |
traen | traían | traian | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
trouxen | trouxera | trouxese | traer |
trouxeches | trouxeras | trouxeses | traeres |
trouxo | trouxera | trouxese | traer |
trouxemos | trouxeramos | trouxésemos | traermos |
trouxestes | trouxerades | trouxésedes | traerdes |
trouxeron | trouxeran | trouxesen | traeren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
traerei | traería | trouxer | INF. |
traerás | traerías | trouxeres | traer |
traerá | traería | trouxer | XER. |
traeremos | traeriamos | trouxermos | traendo |
traeredes | traeriades | trouxerdes | PART. |
traerán | traerían | trouxeren | traído |
Os derivados abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer e subtraer, por seren semanticamente inmotivados, son regulares en todos os tempos: distraio, distraía, distraín, distraera, distraerei, distraería, distraia, distraese, distraer (vide 17.2.4.3).
Valer
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
vallo | valía | valla | |
vales | valías | vallas | vale |
vale | valía | valla | |
valemos | valiamos | vallamos | |
valedes | valiades | vallades | valede |
valen | valían | vallan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
valín | valera | valese | valer |
valiches | valeras | valeses | valeres |
valeu | valera | valese | valer |
valemos | valeramos | valésemos | valermos |
valestes | valerades | valésedes | valerdes |
valeron | valeran | valesen | valeren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
valerei | valería | valer | INF. |
valerás | valerías | valeres | valer |
valerá | valería | valer | XER. |
valeremos | valeriamos | valermos | valendo |
valeredes | valeriades | valerdes | PART. |
valerán | valerían | valeren | valido |
Conxúgase da mesma manerira que valer o derivado equivaler.
Ver
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
vexo | vía | vexa | |
ves | vías | vexas | ve |
ve | vía | vexa | |
vemos | viamos | vexamos | |
vedes | viades | vexades | vede |
ven | vían | vexan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
vin | vira | vise | ver |
viches | viras | vises | veres |
viu | vira | vise | ver |
vimos | viramos | vísemos | vermos |
vistes | virades | vísedes | verdes |
viron | viran | visen | veren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
verei | vería | vir | INF. |
verás | verías | vires | ver |
verá | vería | vir | XER. |
Veremos | veriamos | virmos | vendo |
veredes | veriades | virdes | PART. |
verán | verían | viren | visto |
Conxúganse igual os derivados motivados: entrever, prever,rever. Prover conxúgase como ver nos tempos do tema depresente e nas formas nominais (provexo, provés...; provía...; proverei...), mentres que nos temposdo tema de perfecto tende a facerse regular: provín, proviches,proveu, provemos, provestes, proveron; provera, etc.; provese,etc.;prover etc.
Vir
[editar]INDICATIVO | SUBXUNTIVO | IMPERATIVO | |
PRESENTE | COPRETÉRITO | PRESENTE | |
veño | viña | veña | |
vés | viñas | veñas | ven |
vén | viña | veña | |
vimos | viñamos | veñamos | |
vindes / vides | viñades | veñades | vinde / vide |
veñen | viñan | veñan | |
PRETÉRITO | ANTEPRETÉRITO | PRETÉRITO | INF.CONX. |
vin | viñera | viñese | vir |
Viñeches | viñeras | viñeses | vires |
veu | viñera | viñese | vir |
Viñemos | viñeramos | viñésemos | virmos |
viñestes | viñerades | viñésedes | virdes |
viñeron | viñeran | viñesen | viren |
FUTURO | POSPRETÉRITO | FUTURO | F.NOMINAIS |
virei | viría | viñer | INF. |
virás | virías | viñeres | vir |
virá | viría | viñer | XER. |
viremos | viriamos | viñermos | vindo |
viredes | viriades | viñerdes | PART. |
virán | virían | viñeren | vido |
Conxúganse igual os derivados de vir (advir, convir,contravir, desconvir, devir, desavir, intervir, previr, provir, reconvir,sobrevir), aínda que no tema de perfecto algúns deles tendan a conxugarse polo modelo regular (ver advertir, en 17.2.5.2.1).