Saltar ao contido

Normativa oficial do galego - Numerais

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

16. Numerais

[editar]

Cardinais

[editar]
  • cero
  • un/unha
  • dous/dúas
  • tres
  • catro
  • cinco
  • seis
  • sete
  • oito
  • nove
  • dez
  • once
  • doce
  • trece
  • catorce
  • quince
  • dezaseis
  • dezasete
  • dezaoito
  • dezanove
  • vinte
  • vinte e un / vinte e unha
  • vinte e dous / vinte e dúas etc.
  • trinta
  • trinta e un, trinta e unha etc.
  • corenta
  • cincuenta
  • sesenta
  • setenta
  • oitenta
  • noventa
  • cen
  • cento un, cento unha etc.
  • douscentos / duascentas
  • trescentos / trescentas
  • catrocentos / catrocentas
  • cincocentos / cincocentas, quiñentos/-as
  • seiscentos / seiscentas
  • setecentos / setecentas
  • oitocentos / oitocentas
  • novecentos / novecentas
  • mil

Cando os numerais vinte, trinta, corenta..., noventa, van seguidos da conxunción e, contraen na pronunciación a súa vogal final coa conxunción e.

Cento, millón, billón, trillón, aínda que expresan número, funcionan como substantivos, igual que ducia, decena, centena.

Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira ca os artigos indeterminados (vide 14.2.2.). Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda.

Ordinais

[editar]

primeiro segundo terceiro cuarto quinto sexto sétimo oitavo noveno décimo undécimo / décimo primeiro duodécimo / décimo segundo décimo terceiro décimo cuarto décimo quinto décimo sexto décimo sétimo décimo oitavo décimo noveno vixésimo vixésimo primeiro vixésimo segundo etc. trixésimo cuadraxésimo quincuaxésimo sesaxésimo septuaxésimo octoxésimo nonaxésimo centésimo milésimo millonésimo

Todas estas formas admiten morfemas de xénero e número, que nas formas compostas só se unen ao último elemento (décimo primeira).

Multiplicativos

[editar]

dobre; duplo, dupla
triplo, tripla
cuádruplo, cuádrupla
quíntuplo, quíntupla
séxtuplo, séxtupla
séptuplo, séptupla
óctuplo, óctupla
nónuplo, nónupla
décuplo, décupla
céntuplo, céntupla

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces".

Partitivos

[editar]

medio, -a
terzo, -a
cuarto, -a
quinto, -a
sexto, -a
sétimo, -a
oitavo, -a
noveno, -a
décimo, -a
onceavo, -a
doceavo, -a
centésimo, -a
milésimo, -a
millonésimo, -a

Nótese que a partir de 1/11 (e exceptuados 1/100, 1/1000,1/1.000.000) o partitivo faise engadindo ao cardinal o sufixo -avo: (1/16) un dezaseisavo, (2/29) dous vinte e noveavos, (7/345) sete trescentos corenta e cincoavos.