Saltar ao contido

Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Cómpre ter en conta que algunhas vestimentas chegan ao galego do turco (caftán) ou de Persia e a India (kurta, pasmina), polo que non se pode aplicar o proceso de adaptación do árabe ao galego. Outras prendas, como as tres primeiras da lista, xa están plenamente integradas no galego (incluídas en VOLGA, GDXL e IrIndo):

  • muselina [muS:aliin < do xentilicio dunha cidade iraquí mawS.iliyy (Mosul)] tecido fino de algodón empregado para fabricar gasas e confección;
ca: (s.f.) mussolina;
de: (s.m.) Mousselin, Musselin;
en: muslin;
es: (s.f.) muselina;
it: (s.f.) mussola, mussolina;
fr: (s.f.) mousseline;
  • fez [do nome dunha cidade marroquí, Faas (Fez)] gorro masculino ríxido de feltro feito en la cardada, cilíndrico ou troncocónico dunha altura maior có seu radio, normalmente vermello e cunha borla negra, usado por algúns musulmáns;
ca: (s.m.) fes;
de: (s.m.) Fes, Fez;
en: fez;
es: (s.m.) fez;
it: (s.m.) fez;
fr: (s.m.) fez;
nl: fez;
pt: (s.m.) fez;
  • xilaba [jillaabiyyaº (pronuncia exipcia) (Crespo 1996:176), "túnica de algodón, frouxa, escotada e de; manga longa"] vestido masculino e feminino solto e externo, de algodón ou la, normalmente con carrapucha;
ca: (s.f.) gel•laba;
de: (s.f.) Djellaba, Dschilbab;
en: djellaba, djellabah, jellab, jellaba, jellabiyya, jilbaab, jilbab, jubbah;
es: (s.f.) chilaba;
it: (s.f.) djellaba, djellabah, jilbab;
fr: (s.f.) dellâba, djellaba, jellaba, jilleba;
nl: djellaba;
  • burca [burqu* (Cortés 1996:77), "veo"; plural: baraaqi*u] vestido feminino longo e solto que cobre todo o corpo, incluíndo a cara pero permitindo a visión (mediante unha abertura ou unha rede); consideramos que non ten sentido adoptar burqu debido a que a forma burca xa está integrada no galego.
ca: (s.m.) burca, burka, burqa;
de: (s.f.) Burka, Burqa;
en: bourkha, burka, burkha, burqa, burqua;
es: (s.m.) burka, burqa;
it: (s.m.) burka, burqa;
fr: (s.f.) burka, burqa (cf. bourka);
nl: boerka;
pt: (s.f.) burca;
  • burqini [marca comercial, de burqa + bikini] bañador feminino deseñado en Australia que cobre todo o corpo salvo a cara, os pés e as mans; malia a integración da forma anterior, adoptamos a forma orixinal dada polo fabricante australiano;
de: (s.m.) Burkini, Burqini;
en: burkini;
es: (s.m.) burkini;
fr: (s.m.) burquini;
nl: boerkini, bourkini, bourqini;
  • abaya [*abaayaº (Crespo 1996:711), "manto"] vestido feminino cinxido que cobre todo o corpo salvo a cara, os pés e as mans;
de: (s.f.) Abaja;
en: abaya;
es: abaya;
it: abaya;
fr: (s.f.) abaya;
  • qaftán, quftán [do turco kaftan ou do árabe quft.aan (Cortés 1996:922) < do persa haftan] bata masculina e feminina de seda ou algodón ata os pés con botóns por diante e manga longa; a grafía caftán xa aparece no IrIndo;
ca: (s.m.) caftà;
de: (s.m.) Kaftan;
en: caftan, kaftan, kaptan;
es: (s.m.) caftán;
fr: (s.m.) cafetan, caftan;
nl: kaftan;
  • haiqa [prob. de H-y-q (Crespo 1996:283), "rodear"; ou de H y k (Crespo 1996:284), "trenzar" (segundo o; DRAE)] capa que cobre o corpo desde os ombreiros ata os pés;
es: (s.m.) jaique (Vázquez Figueroa 1981:35);
  • ralabía [R-l-'-b-y-º; <R> pronúnciase /g/ en exipcio] camisa masculina e feminina, longa e solta ata os pés, a modo de túnica, habitual entre os arábigos (de onde é orixinaria) e os exipcios;
en: galabeya, jelabiya, jellabiya;
  • zaúb [zawb (Cortés 1996:150, Cowan 1960:108), "vestido"; plural: ziyab, 'azwaab] camisa masculina arábiga dunha peza que chega aos pés, normalmente branca e de manga longa;
de: (s.m.) Thawb;
en: thaub, thawb, thobe, thoub;
Teñen o mesmo significado:
  • dixdaxa [dixdaaxaº]
en: deshdashah, dishdash, dishdasha;
  • qamis [qamiis. < q'm (Cortés 1996:942), "posición dereita, de pé"]
en: khameez;
  • kandura [kanduuraº]
en: kandura;
  • bixta [bixtaº (Cortés 1996:83), "manto"] capa masculina arábigo lixeiro, solto, de cor e de la, que se viste en ocasións especiais sobre o tobe;
en: bisht;
  • sirwal [sirwaal, cognado do xalwar qamix indostánico] pantalón arábigo de algodón que se viste baixo o bixt, de perneira longa ou curta;
en: sirwal;
it: (s.m.) serwal;
  • niqab [niqaab (Cortés 1996:1162), "veo"; plural: nuqub, anqibaº] veo feminino árabe (tipicamente arábigo) que cobre toda a face das mulleres, salvo por unha raia; horizontal para os ollos poderen ver;
ca: (s.m.) nicab;
de: (s.m.) Niqab;
en: niqab;
es: (s.f.) nicab, niqab;
fr: (s.m.) niqab;
nl: nikaab, nikab, niqaab;
pt: (s.m.) niqab;
  • xadur [j-d-r, quizais relacionado con jadura (Cortés 1996:158), "ser axeitado, ser digno", do persa j ' d r] pano feminino semicircular escuro persa que cobre desde a cabeza ata a cintura para cumprir co código moral;
ca: (s.m.) xador;
de: (s.m.) Chador, Schador, Tschadar, Tschador;
en: chadar, chaddar, chador, chuddar, chudder;
es: (s.m.) chador;
it: (s.m.) chadar, chador;
fr: (s.m.) tchador;
nl: chador;
pt: (s.m.) xador;
  • hixab [Hijaab (Cortés 1996:212), "veo"; plural: Hujub, 'aHjibaº < Hajaba, "protexer, ocultar"] pano feminino que cobre a cabeza e o pescozo pero non a cara, vestido para cumprir co código moral e de modestia do mesmo nome;
ca: (s.m.) hijab;
de: (s.m.) Hidschab, Pardesü (para os turcos);
en: higab, hijab;
es: (s.m.) hidjab, hijab, hiyab;
it: (s.m.) hijab;
fr: (s.m.) hidjab, hidjäb, hijab;
pt: hijab;
  • tarbisa, tarbusa [quizais de tarabiiSa (Cortés 1996:128), "mesa" en exipcio; aplicamos a regra 0.5] gorro masculino ríxido de feltro feito en la cardada, cilíndrico ou troncocónico dunha altura maior có seu radio, normalmente vermello e cunha borla negra, usado en Grecia e Turquía;
ca: (s.m.) tarbuix;
de: (s.m.) Tarbusch;
en: tarboosh, tarboush, tarbush;
es: (s.m.) tarbush;
fr: (s.m.) tarbouch, tarbouche;
pt: (s.m.) tarbush; adaptamos a grafía do i grego a <i> e a <u>.
  • xaxía [x-'-x-y-º] gorro feito de la afeltrada que se carda ata convertela en veludo para cubrir a cabeza de forma cilíndrica, normalmente vermella e típica tunesina;
ca: (s.f.) xaixia;
en: checheya, chechia;
es: chechia, chechía;
it: (s.f.) shashia;
fr: (s.f.) chéchia;
  • kufía, coloquialmente úsase xa palestina [kuufiyyº, kuufiiyaat, supostamente de Kuufa (cf. cofia)] turbante masculino feito cun pano cadrado de seda, algodón ou la típico dos beduínos rurais; arábigos que cobre a cabeza e ás veces tamén a cara, normalmente liso ou con deseño trenzado, popularizado pola resistencia palestina; en Arabia Saudita, é a peza de tea que se coloca baixo a propia kufia para que non esvare; aplicamos a regra 27-28;
ca: (s.f.) kufia;
de: (s.f.) Kafiya, Kefije, Kufiya; (s.n.) Palästinensertuch;
en: kaffiya, kaffiyah, kaffiyeh, keffiya, keffiyeh, kufiya, kufiyah;
es: (s.f.) kufiyya;
it: (s.f.) kaffiya, kaffiyah, kefiah, kefieh, keffiya, keffiyeh, kefiyeh, kufiya, kuffiyah, kufiyah;
fr: (s.m.) keffié, kéffié, keffieh;
Teñen igual significado:
  • hata (ás veces para a branca soamente) [Hat:aº < prob. de Hat:a (Cortés 1996:246), "sen cabeza" (fig.)]
en: hatta;
es: hatta;
it: hatta;
  • xamara [x m ' R < xamaRa (Cortés 1996:594), "alto, fachendoso"] (ás veces para a branca soamente; para a vermella, en Arabia Saudita: shumah);
en: shemagh, shmagh;
es: shemag;
it: shemagh;
  • rutra (ás veces para a branca soamente, por exemplo, en Arabia Saudita) [Rut.raº (Cortés 1996:807), "kufia do Golfo ao Líbano"]
en: gutra, guttra;
es: ghutra;
it: ghutra;
  • xal (nome en Iraq) [xal (Cortés 1996:592), "hilvanar" (prob. cognado do galego chal, do inglés shawl e do francés châle)]
en: chal;
es: chal;
  • hixasi [de al-HijaaS, rexión de Arabia Saudita > HijaaSi] turbante de dúas voltas típico de Arabia Saudita e levado por comerciantes e cregos;
en: hejazi turban;
Co mesmo significado tamén:
  • amama [*amaamaº (Cortés 1996:769), "turbante"; plural: *amaa'imu]
en: amamah;
  • rabana [Rb'nº]
en: ghabbana;
  • lizam [lizaam (Cortés 1996:1013), "veo"; plural luzum < do seu nome na lingua targuí (dos Tuareg)] turbante masculino feito dunha longa peza de tea de liño ou algodón tinxida en seco, normalmente con índigo, para cubrir a cabeza da calor e da area; :es: litham, lithan (Vázquez Figueroa 1981:35,68,228, cf. 235);
fr: litham;
  • iqal [*iqaal (Cortés 1996:756), "cordón que suxeita a kufia á cabeza"; plural: *uqul] corda que permite axustar a kufía na parte superior da cabeza;
de: (s.f.) Agal, Ekal, Iqal, Ogal;
en: agal, egal, igal, iqal;
es: agal, palestino;
it: egal;
  • sunar [S-n-'-r] cinto ou cordel distintivos que os cristiáns ou xudeus debían levar no Imperio Otomano;
en: zonar, zonnar;



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas