Saltar ao contido

Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Comparando na táboa de resume os resultados dos diferentes métodos de transcrición, pódese observar que existen once consoantes que teñen unha transcrición unánime. Ademais, estas non son fonolóxicamente moi diferentes ás do galego, polo que seguiremos esta práctica. As nove primeiras son as seguintes:

Canto aos caracteres 4 e 13, preferimos optar pola forma esperable do galego (<z> e <x>) debido á súa proximidade fónica. O uso de dígrafos iría en contra dos obxectivos que nos impuxemos, ademais de complicar innecesariamente ao transcritor na lectura e produción de textos.

Para os dous últimos caracteres da táboa parécenos acertado manter tamén os maioritarios <w> e <y>, debido a que aos galegos non nos son alleos de todo, debido sobre todo á influencia da lectura de palabras de orixe inglesa (de topónimos por exemplo).

Tamén é habitual transcribir a palatal sonora (carácter 5) como <j>, o cal consideramos correcto tendo en conta que para a maioría das linguas romances este é o son que representa. A outra sibilante sonora (11) obríganos a tomar a primeira decisión: noutros sistemas transcríbese <z>, que nós xa utilizamos anteriormente, polo que, para diferenciala da anterior e relacionándoa co seu son galego máis próximo pero xordo (o <s>) pero pretendendo tamén evitar un dígrafo, propoñemos o uso da maiúscula: <S>. Idéntica lóxica nos leva a propoñer a maiúscula <D> para transliterar o carácter 9, correspondente sonoro do fonema <d>.

Para as tres aspiradas procuramos tomar unha decisión conxunta e harmónica. Como ben apuntan Mendez (1997, nota 5) para <gh> e Frías (2006:124) para <kh>, en galego xa veñen tendo certo tradición para representar as aspiradas, polo que nos poden servir conxuntamente co <h> para transliteralos. Para poder diferenciar os dígrafos fronte á posible combinación do primeiro grafema do digrama con <h>, cómpre distinguir o primeiro carácter en maiúscula. Aínda queda unha outra opción, que sería aproveitar a maiúscula <H>. Baixo as condicións que nos impuxemos ao comezo, as dúas posibilidades combinadas de transcribir as aspiradas serían usar <h>, <H> e mais <Gh> ou <Kh>. Nós en particular usaremos <Kh>, <H> e <h> respectivamente para os caracteres 6, 7 e 26, alternativa que preferimos para evitar usar un dígrafo, pero calquera das dúas é válida.

Outro conxunto para o que buscamos unha solución común foi o do grupo 14-17, que ten en común unha pronuncia gutural (Frías 2006:125) ou velarizada (Corriente 2002:364). Dado que todas representan unha mesma alteración en relación á pronuncia correspondente a catro caracteres xa vistos anteriormente (<s>, <d>, <t> e <D> ou <S>) e a que normalmente se usa un punto subscrito como diacrítico en moitos outros sistemas, propoñemos o uso do dígrafo composto dos caracteres anteriores mais un punto. Utilizaremos polo tanto <s.>, <d.>, <t.> e <D.> ou <S.> respectivamente. A escolla entre estes dous últimos realizarase segundo como sexa o fonema que se realice na variedade diatópica de onde procede o texto que se translitera, aínda que en caso de dúbida calquera das dúas é válida, por non entrar en conflito con ningunha outra transliteración.

Tres caracteres árabes restan por transliterar. Para o carácter 19, semellante á pronuncia da vibrante múltiple en portugués ou francés (un /x/ pero sonoro), utilizaremos <R> para relacionalo pero distinguilo de <r> (e en paralelo co símbolo X-SAMPA correspondente). Verbo do primeiro carácter da táboa, ás veces transcrito e ás veces omitido, propoñemos si transcribilo e do xeito que é habitual (< ' >), de acordo coa súa pouca entidade fónica. Para a última transliteración (18) é relativamente habitual usar <3> (probablemente pola forma do carácter árabe) ou <?> (pola forma dos seus símbolos X-SAMPA e AFI). En galego interprétase oralmente ás veces como oclusivo velar sonoro (algarabía) e ás veces como imperceptible, sobre todo cando nos chega por outras linguas (intervocálico en xaria e final en burqa). Entendemos que é difícil buscarlle unha transliteración axeitada, polo que decidimos outorgarlle un grafema arbitrario que non tivese un valor fonolóxico determinado para un galego. De acordo coa súa entidade fónica intermedia e en paralelismo co carácter anterior, propoñemos transcribilo con < * >.



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas