Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Aparencia
A nosa contribución consta de dúas propostas: unha metodoloxía que permite a transliteración desde as formas escritas árabes e a súa reversión desde ao alfabeto latino ao orixinal reproducindo con fidelidade a escrita, xunto cunha adaptación destas mesmas transliteracións a formas máis xenuinamente galegas. Seguindo o terceiro criterio comentado na presentación do marco teórico, asumimos que os contextos de uso do resultado de usar cada un destes métodos son o científico e o divulgativo respectivamente. Nos dous casos comezaremos desde as características xerais para irnos adentrando cada vez máis en cuestións máis complexas.