Saltar ao contido

Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe

En Galifontes, o Wikisource en galego.

A tonicidade non posúe rendemento fonolóxico no árabe moderno, senón que presenta unha distribución determinada pola lonxitude vocálica, polo que non entraremos na súa marcación ata falar da adaptación á ortografía galega (v. punto 5.3). Cremos que se debe conservar o uso do guión (< - >) para separar as amálgamas ortográficas entre o artigo, a preposición ou a conxunción e o seguinte elemento escrito, cando menos no ámbito científico e baixo criterios exclusivamente morfolóxicos.

Ademais dos caracteres árabes propiamente consonánticos, existen outros diacríticos gráficos para os que tamén imos propoñer unha transliteración propia. O primeiro é unha variante moi frecuente do que xa transcribimos antes como <t>, pero modificado ao aparecer ao final de palabra: transcribirémolo como < º > (por que a súa forma é redondeada e permanece mudo en posición implosiva). O seu nome, que contén o propio carácter, é < taa' marbuut.aº >, que significa "t atado", en contraste co <t> normal que se chama < taa' maftuuhaº >, "t aberto". Grazas a el, poderemos coñecer por fin a forma e o nome transliterado das vogais:

Outro diacrítico en árabe úsase para marcar a ausencia de vogal tras unha consoante é o sukuun ou jaSm (omitiremos xa as parénteses rectas nas transliteracións de palabras e porémolas en cursiva cando aparezan no texto). A súa forma é a dun pequeno circuliño (ou semicirculiño aberto cara a arriba) á altura da posición da fatHaº e non o transcribiremos debido a que é completamente predicible a súa aparición analizando a secuencia de consoantes (a propia ISO 233 2 tamén omite a súa transliteración).

Xa comentamos que os caracteres consonánticos árabes non utilizan maiúsculas nin minúsculas, pero poden ser breves ou longos (xeminados), como as vogais. O diacrítico que aparece nas consoantes xeminadas ten a forma dunha omega, escríbese ao carón da vogal desa sílaba e chámase taxdiid ou xadda ("énfase"). Para transcribir unha consoante dobre abonda igualmente con duplicar o grafema da súa transliteración. No caso de que a breve se translitere mediante un dígrafo, faráse sobre o carácter exclusivo do dígrafo (<K> para a aspirada e o punto no resto; neste caso, en vez de transcribir < .. > pode simplificarse aproveitando o uso de < : >).

En relación aos caracteres árabes xa mencionados, outros máis posúen variantes alográficas, polo que existen varios grafemas que aínda quedarían por transliterar. Non nos estenderemos aquí nas regras que gobernan o uso ou non de 'alif xunto con hamSa ou outras (para maior información, cf. Busquets 1970:9-11 por exemplo): mencionaremos simplemente que para as formas 'alif maqs.uuraº, 'alif maddaº e tanwiin utilizaremos respectivamente < ' >, duplicación de vogal e omisión, tal e como se fai tamén na ISO 233 2 (e outra vez < º > para hamSaº ºl-was.l se houbese que usalo, pero non traballaremos máis que con palabras independentes).



Páxina inicial
Artigo completo para descargar como PDF
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 1. Introdución
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 3. A lingua de partida
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4. Antecedentes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.1. Transcrición fonética
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.2. Transliteracións internacionais
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 4.3. Transcricións fonolóxicas ao galego
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5. Metodoloxía
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1. Proposta de transliteración
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.1. Vogais e semiconsoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.2. Consoantes
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.1.3. Notas sobre ortografía árabe
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.2. Transcrición á fonoloxía galega
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 5.3. Adaptación á ortografía galega da transcrición fonolóxica
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.1. Nomes das letras
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.2. Lingua e literatura
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.3. Vestimenta
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física
Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 7. Referencias bibliográficas