Wikisource:Texto destacado
O texto destacado é unha sección mensual da portada.
Actualmente o texto destacado é:
![]() Texto destacado |
“O laverco da Toxeira, fillo do pai de Xuana” –polo seu nome Enrique– facía na escola as pranas máis somellantes ás mostras de Iturzaeta; e pró demais tamén era moi espelido. O mestre chamábase D. Silvestre Caugalleira, de mote “Escuadrón”, porque había sido sarxento de caballería, e sempre estaba falando do seu escuadrón. Non sabía moito de letras, pero tiña a gramáteca do mundo que correra, e as leuciós que recolleu ós vellos. Cando veu que Enrique sabía tanto como el, –de letras se entende– chamouno ó pé da súa cadeira, e díxolle en gallego: –unhas veces falaba en gallego, e outras no linguaxe de Castela. —“Dille a teus pais que ti xa estás perdendo o tempo na escola, –bastante perdiamos todos– pois eu non che podo enseñar máis do que sabes”. Este feito do mestre, fala máis que moitos libros, pois ben se vía nel a sinxela palabra dos homes que din o que sinten. “O laverco” quedou espantado, saleu dando brincos como un tolo, e os demais quedamos mortos de envidia. Desde aquel día a nai de Enrique, chea de orgullo, decía que o seu fillo xa podía ser mestre; e fixo de modo que entrase na curia “do pai da Pombiña”. Presentareilles a estes novos perxonaxes, pra que vostedes sepan con quen van prá feira. Pero antes teño que compretar o retrato do mestre. Como xa lles dixen, era un home de moito mundo, xa velliño; que tiña máis de guerreiro que de mestre. Cando estaba de xéneo, pasaba o tempo contándonos as súas batallas, e non lle quedaba vagar pra tomar as leuciós. Pero cando falaba das guerras, falaba en castellano, e, pouco máis ou menos, decía así: |
Outros textos destacados na portada
Mes | Texto seleccionado |
---|---|
Xaneiro: | Proezas de Galicia (Xosé Fernández Neira, 1904) |
Febreiro: | Campaña da Caprecórneca (Luís Otero Pimentel, 1898) |
Marzo: | Os probes de Deus (Luís Amado Carballo, 1925) |
Abril: | O avellón (Alfredo Brañas, 1884) |
Maio: | Contos da miña terra (Rosalía Castro de Murguía, 1864) |
Xuño: | A lama dos preitos (Luís Otero Pimentel, 1907) |
Xullo: | O Pintureiro (Eugenio Carré Aldao, 1911) |
Agosto: | Ana María (Xuan Xesús González, 1925) |
Setembro: | Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares, 1880) |
Outubro: | Conto de guerra (Camilo Díaz Baliño, 1928) |
Novembro: | A nosa língua (Xoán Vicente Viqueira, 1918) |
Decembro: | Ir por lan... (Bernardo Rodríguez Ribeira, 1904) |
Todas as páxinas con prefixo "Texto destacado"
Modelo
A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os textos destacados:
<center>'''''[[TÍTULO]]''. — [[Autor:NOME_DO_AUTOR|]]'''. [[ANO]].</center> {{Prose}} TEXTO <div style="text-align:right;">'''[[TÍTULO|continuar lendo...]]'''</div> </div> <noinclude>[[Categoría:Textos destacados]]</noinclude>