Wikisource:Texto destacado/Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote.


José Fernández y Neira. 1810.


Chinto. ¡Dame meu querido Mingote, dame ese abrazo para min tan deseado nestos cinco meses que fai que nonos bimos!

Mingote. ¿Como che podrei negar amado compadre ese abrazo, si pensei que entoda à miña vida para min abia consolo hasta que te non vise?

Ch. ¿E cómo che foi por acá con esos diabros de esos Gabachos?

Ming. Ome nonme fales deso, porque se me encrechan os pelos da cabeza solo en pensar nas cousas que fixseron. As de saber que carta feira da primeira semana de Frebeiro chegaronche á este lugar vinte è catro ¿qué eu inda dudo aora si eran omes? porque che trahian na cabeza por sombreiros ùn-as da quelas que son coma as bacias da feitar que teñen os barbeiros das Vilas de laton, è logo ninche sey si era cola de besta, ou rabo de boy ò que trahian colgando nelas, porque asi como chos bin escapeiche para ò monte, aunque despois bolbin.

Ch. Pero....

Ming. Agarda un pouco que che bou á decer ò que fixseron. Dempois que rexsistraron todo, colleronche as galiñas que puideron, repelaronchas, derreteronche nùn-a caldeira canta graxsa è pingo encontraron, è meteronchas ali, desorte que se pasaron è coceron seique mais cá manteiga, sin botarlles miaxsa de auga, è correndo banchese à bodega, abrironche as pipas, è sacaronche cheos de viño os caldeiros è olas, deixsando abertas as villas, de maneira que todo ò viño se foi pola bodega; desque sopetearon (que os sopetee Satanás) todo ò dia, foronse à graneira, è sacaron en cestas todo ò trigo è centeo que lles dou à gana, è ceibaronllo diante os cabalos: ¡ah! faltabacheme decir que para facer ò lume partironche as uchas è tabo-retes todos, de sorte que abia ùn-a fogueira que non deseaba eu sinon belos nela. Asi que anoiteceu bolbenche à poñer ò lume os caldeiros con viño, è cando eu pensaba que seria para bañar os cabalos, è mais à eles ¡bin morte que me deixsou! que me deron cò mel, è botaroncho todo rebolto cò viño, è dempois beberon da quelo hasta que ò dexsaron de sobro.

Ch. E ti non....