Wikisource:Texto destacado/O Pintureiro

En Galifontes, o Wikisource en galego.
O Pintureiro. — Eugenio Carré Aldao. 1911.


    Erase que se era un fidalgo dos mais pobres, d'aqueles que dixo Cervantes «de lanza en astillero, adarga antigua, rocin flaco y galgo corredor»     A facenda era pouca: as trampas moitas; mais, así e todo, tan pa- gado estaba dos seus pergaminos e executorias que inda non os trocara po-las minas do Potosí. Baixal-o lombo ao traballo non ó baixaba; se- gun él, por non luxal-a sua nobreza; segun as malas lingoas (quen as pode acamallar) por tere moito de folgazanería.     Vivía no lugarete na casa petrucial, que solo tiña de bô o dibuxado escudo riba da porta. O vento e a cluvia colabanse pol-as desvencilla- das ventás, onda os vidros non se vían facía moitos anos, e pol-as pou- cas tellas que cubrían a ripa do tellado, que era unha bendición. Os caneiros, pontonaxe e as táboas do piso, tan tramadas da traza es- taban que, para andar pol-o sobrado, tíñanse de facer mais equilibrios que para bailar na corda floxa. As paredes sostíñanse en pé sabe Dios como, pois solo a providencia podía termar d'elas, nos días de treboa- da, pol-ó landreadas que estaban.     A roupa do fidalgo corría parexas c'o bon estado da casa. Recor- dar, recordaba as modas do tempo do rei Perico; mais, en de por eso' tan límpo do poo e palla andaba á forza do se acepillar, quo ao se pa- seare c'o sombreiro â teima e c'o seu pau de carballo na man, mália o lustroso do traxe, que de tan gastado deixaba vel-os fios da tea, pa- recía todo un cabaleiro.     Como diñeiro, non había de qué, tiña un modo de vivir apretadi- ño. O seu xantar era ben cativo; non pasaba fame, gracias á que o pan non iba caro, e comíao reseso para que lle rindera mais. O viño, Diol-o dera: prestaballe mais a augoa fresca, pois para matal-a sede tiña un pozo no curral que daba xenio.     ¿Criados? servíase él que non estaba para manter folgazás, e nin- guen fai as cousas mais xeitosas que o que as precisa.     Así e todo, como tiña moita crianza, andaba sempre na compaña dos veciños mais ricos e de mais nota da sua parroquia e das da bisbarra. As visitas facías âs xeiras, boxe aquí manan ali, sendo ben recibido onde queira que fora. Non tiña outro defecto mais que o da grandeza e, á docotío, non falaba se non das rendas que cobraba; que se eran tantos ou cantos ferrados: dos empregos que tiña dados á parcería ou âs ganancias e outras cen e cen escochas que encaixaba á pote. Minti- reiro cal era, onde mais se corría, era ao falar das suas comidas, que, solo ao decil-ó que aparellaba para unha sola, podía darse por farto un batallón.