Constitución española de 1978/Título X
Aparencia
Constitución do Reino de España
|
|
Título X: Da reforma constitucional
[editar]Artigo 166
[editar]A iniciativa de reforma constitucional exercerase nos termos previstos nos apartados 1 e 2 do artigo 87.
Artigo 167
[editar]- Os proxectos de reforma constitucional deberán ser aprobados por unha maioría de tres quintos de cada unha das cámaras. Se non hai acordo entrambas, intentarase obtelo mediante a creación dunha comisión de composición paritaria de deputados e senadores, que presentará un texto que será votado polo Congreso e o Senado.
- De non se logra-la aprobación mediante o procedemento do apartado anterior, e sempre que o texto obtivera o voto favorable da maioría absoluta do Senado, o Congreso por maioría de dous tercios poderá aproba-la reforma.
- Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación cando así o soliciten, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, unha décima parte dos membros de calquera das cámaras.
Artigo 168
[editar]- Cando se propoña a revisión total da Constitución ou unha parcial que afecte o título preliminar, capítulo segundo, sección 1.ª, do título I, ou o título II, procederase á aprobación do principio por maioría de dous tercios de cada cámara, e á disolución inmediata das Cortes.
- As cámaras elixidas deberán ratifica-la decisión e proceder ó estudio do novo texto constitucional, que deberá ser aprobado por maioría de dous tercios de ámbalas cámaras.
- Aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación.
Artigo 169
[editar]Non poderá iniciarse a reforma constitucional en tempo de guerra ou de vixencia dalgún dos estados previstos no artigo 116.