Saltar ao contido

Constitución española de 1978/Disposicións Adicionais

En Galifontes, o Wikisource en galego.



Constitución do Reino de España


  Aprobada polas Cortes en sesións plenarias do Congreso dos Deputados  
e do Senado celebradas o día 31 de outubro de 1978,
ratificada polo pobo español en referendo do 6 do mesmo ano
e sancionada polo rei ante as Cortes o día 27 de decembro de 1978.
 


Índice

 

Disposicións adicionais

[editar]

Primeira

[editar]

A Constitución ampara e respecta os dereitos históricos dos territorios forais.

A actualización xeral dese réxime foral levarase a cabo, se é o caso, no marco da Constitución e dos estatutos de autonomía.

Segunda

[editar]

A declaración de maioría de idade contida no artigo 12 desta Constitución non prexudica as situacións amparadas polos dereitos forais no ámbito do dereito privado.

Terceira

[editar]

A modificación do réxime económico e fiscal do arquipélago canario requirirá informe previo da comunidade autónoma ou, cando non, do órgano provisional autonómico.

Cuarta

[editar]

Nas comunidades autónomas onde teñan a súa sede máis dunha audiencia territorial, os estatutos de autonomía respectivos poderán mante-las existentes, distribuíndo as competencias entre elas, sempre de conformidade co previsto na Lei orgánica do poder xudicial e dentro da unidade e independencia deste.