Constitución española de 1978/Disposición Derrogatoria
Aparencia
Constitución do Reino de España
|
|
Disposición derrogatoria
[editar]- Queda derrogada a Lei 1/1977, do 4 de xaneiro, para a reforma política, así como, en tanto en canto non estiveran xa derrogadas pola lei mencionada anteriormente, a de principios do movemento nacional do 17 de maio de 1958, o Foro dos españois do 17 de xullo de 1945, o do traballo do 9 de marzo de 1938, a Lei constitutiva das Cortes do 17 de xullo de 1942, a Lei de sucesión na Xefatura do Estado do 26 de xullo de 1947, todas elas modificadas pola Lei orgánica do Estado do 10 de xaneiro de 1967 e nos mesmos termos esta última e maila do referendo nacional do 22 de outubro de 1945.
- En tanto en canto puidera conservar algunha vixencia considérase definitivamente derrogada a Lei do 25 de outubro de 1839 no que puidera afectar ás provincias de Álava, Guipúscoa e Biscaia. Nos mesmos termos considérase definitivamente derrogada a Lei do 21 de xullo de 1876.
- Así mesmo quedan derrogadas cantas disposicións se opoñan ó establecido nesta Constitución.