Saltar ao contido

Orde do 20 de febreiro de 1997 do Ministerio de Industria e Enerxía

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Orde do 20 de febreiro de 1997 pola que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas da Illa de Man.

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modifica-lo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplia-lo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Europea e que non se beneficien da protección, cando así se establezca polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos territorios que figuran no seu anexo (entre os que se atopan os da Illa de Man), extendeu esta protección para a Illa de Man (entre outros), únicamente ata o día 31 de decembro de 1994.

O Consello da Unión Europea adoptou a Decisión 94/828/CE, do 19 de decembro de 1994, pola que, segundo o seu artigo 2, amplíase ata o 31 de decembro de 1995, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas contempladas no artigo 1 (entre os que igualmente se atopan os nacionais da Illa de Man).

Tendo en conta esta Decisión do Consello da Unión Europea, procedeu ampliar por Orde do 24 de xullo de 1995 ata o 31 de decembro de 1995, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados territorios, entre os que se incluía a Illa de Man e iso como consecuencia da habilitación ó Ministerio de Industria e Enerxía efectuada pola disposición derradeira primeira do Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro («Boletín Oficial del Estado» do 29 de decembro).

Os prazos de protección provisional ampliárose, respecto da Illa de Man, por Decisión do Consello da Unión Europea do 11 de novembro de 1996 (96/644/CE), ata tanto a Illa de Man esté sometida ás disposicións do Acordo sobre os aspectos dos dereitos de propiedade intelectual relacionados co comercio (Acordo sobre os ADPIC), como consecuencia da ampliación á Illa de Man do Acordo polo que se constitúe a Organización Mundial do Comercio. Dita Decisión é aplicable dende o 1 de xaneiro de 1996.

Tendo en conta esta Decisión do Consello da Unión Europea procede agora ampliar respecto das persoas da Illa de Man a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a que se refire o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, así como a Orde do 24 de xullo de 1995, ata tanto a Illa de Man esté sometida ás disposicións do Acordo sobre os ADPIC, como consecuencia da ampliación á Illa de Man do Acordo polo que se constitúe a Organización Mundial do Comercio.

Na súa virtude, dispoño:

Primeiro.-

Amplíase o dereito á protección xurídica ás persoas físicas orixinarias da Illa de Man ou que teñan a súa residencia habitual no territorio desta illa e ás sociedades e outras persoas xurídicas da Illa de Man que teñan un establecemento industrial ou comercial efectivo e real en dita illa ata tanto a Illa de Man esté sometida ás disposicións do Acordo sobre os aspectos dos dereitos de propiedade intelectual relacionados co comercio, como consecuencia da ampliación á citada illa do Acordo polo que se constitúe a Organización Mundial do Comercio.

Segundo.-

O inicio dos efectos da presente Orde retrotraerase ó 1 de xaneiro de 1996, de acordo ca Decisión do Consello da Unión Europea 96/644/CE, do 11 de novembro.

O que comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 20 de febreiro de 1997.

PIQUÉ I CAMPS

Ilmo. Sr. Director xeral da Oficina Española de Patentes e Marcas.