Saltar ao contido

Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplía con carácter provisional a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios. [1]

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 1369/1992, do 13 de novembro, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día 31 de decembro de 1992.

Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 93/16/CEE, do 21 de decembro de 1992, pola que, segundo o seu artigo 2, amplíase, a partir do 1 de xaneiro de 1993, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a persoas dos Estados Unidos de América e de determinados territorios, a fin de dispoñer do tempo suficiente para fixa-las condicións dunha protección mutua ilimitada.

Ademáis, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a Decisión 93/520/CEE, do 27 de setembro de 1993, pola que se modifica a Decisión 93/16/CEE, no sentido de incluir no seu anexo os territorios das Antillas Holandesas e de Aruba.

Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, e tendo en conta as Decisións 93/16/CEE y 93/520/CEE, adoptadas polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación, con carácter provisional, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios.

Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria, Comercio e Turismo, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 26 de novembro de 1993,

DISPOÑO:

Artigo 1 Beneficiarios da protección

1. Benefíciaranse da protección prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, as persoas naturais que sexan nacionais dos Estados Unidos de América ou dun territorio que figure no anexo desta disposición ou que teñan a súa residencia habitual nos Estados Unidos de América ou nun de ditos territorios.

2. Benefíciaranse igualmente da misma protección as persoas xurídicas dos Estados Unidos de América ou dun territorio que figure no citado anexo e que teñan un establecemento industrial ou comercial real e efectivo en dito país ou territorio, a condición de que as persoas xurídicas dos Estados membros das Comunidades Europeas que teñan dereito á protección, prevista na Lei 11/1988, do 3 de maio, se beneficien da protección nos Estados Unidos de América ou territorio de que se trate.

Artigo 2 Duración da protección

1. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas no artigo 1 entenderase efectiva dende o día 1 de xaneiro de 1993, con excepción dos beneficiarios dos territorios das Antillas Holandesas e de Aruba, para os que se iniciará dende o día 1 de novembro de 1993, e se extenderá ata o día 31 de decembro de 1994, con excepción dos beneficiarios dos Estados Unidos de América, para os que se extenderá ata o día (31 de decembro de 1993) 1 de xullo de 1995. [2]

2. Non obstante o disposto no apartado anterior, calquera dereito exclusivo adquirido en virtude do presente Real Decreto, seguirá surtindo efectos durante a duración prevista no artigo 7 da Lei 11/1988, do 3 de maio.

Disposición derradeira

[editar]
Única Entrada en vigor

O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

Dado en Madrid a 26 de novembro de 1993.

JUAN CARLOS R.

O Ministro de Industria e Enerxía,

JUAN MANUEL EGUIAGARAY UCELAY.

ANEXO

[editar]

Territorios:

Notas

[editar]
  1. ^  Derrogado polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.
  2. ^  A data de finalización da protección ás persoas dos Estados Unidos de América foi modificada polo Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro.