Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro
Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro, polo que se modifica o artigo 2 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios. [1]
A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á Comunidade Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
O Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplia, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios que figuran no seu anexo, extendeu esta protección para os Estados Unidos de América únicamente ata o día 31 de decembro de 1993.
O Consello da Unión Europea adoptou a Decisión 94/4/CE, do 20 de decembro de 1993, pola que, segundo o seu artigo 2, ampliase ata o 1 de xullo de 1994 a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a persoas dos Estados Unidos de América. A esta Decisión seguiu a 94/373/CE, do 27 de xuño («DOCE» L 170/94, do 5 de xullo), pola que se ampliou esta protección a partir do 2 de xullo de 1994 ata o 1 de xullo de 1995.
Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, e tendo en conta as Decisións 94/4/CE y 94/373/CE, do Consello da Unión Europea, procede ampliar ata a última data indicada a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América.
Os prazos de protección provisional amplíanse por decisións do Consello de Ministros da Unión Europea, sendo previsible que se adopten novas decisións con este obxectivo. Por iso, e para conseguir un rápido cumprimiento das mesmas, o presente Real Decreto inclúe unha disposición derradeira na que se faculta ó Ministro de Industria e Enerxía para amplia-los prazos de protección a tenor das decisións que poida adopta-lo Consello de Ministros da Unión Europea.
Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria e Enerxía, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 4 de novembro de 1994,
DISPOÑO:
- Artigo único
Modificase o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de Estados Unidos de América e de determinados territorios, que quedará redactado como segue:
«1. A ampliación de protección xurídica ás persoas naturais e xurídicas contempladas no artigo 1 entenderase efectiva dende o día 1 de xaneiro de 1993, con excepción dos beneficiarios dos territorios das Antillas Holandesas e de Aruba, para os que se iniciará dende o día 1 de novembro de 1993, e se extenderá ata o día 31 de decembro de 1994, con excepción dos beneficiarios dos Estados Unidos de América, para os que se extenderá ata o día 1 de xullo de 1995.»
Disposicións derradeiras
[editar]- Primeira
Facúltase ó Ministro de Industria e Enerxía para que, a tenor das decisións que poidan adoptarse polo Consello de Ministros da Unión Europea, amplíe a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a que se refire o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, ata data posterior á prevista no citado precepto.
- Segunda
O presente Real Decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».
Dado en Madrid a 4 de novembro de 1994.
O Ministro de Industria e Enerxía,
JUAN MANUEL EGUIAGARAY UCELAY.
Nota
[editar]- ^ Derrogado polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.