Orde do 24 de xullo de 1995 do Ministerio de Industria e Enerxía
Orde do 24 de xullo de 1995 pola que se amplía con carácter provisional a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados territorios. [1]
A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios que non pertenzan á Comunidade Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
O Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplia, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos territorios que figuran no seu anexo extendeu esta protección únicamente ata o día 31 de decembro de 1994.
O Consello da Unión Europea adoptou a Decisión 94/828/CE, do 19 de decembro de 1994, pola que, segundo o seu artigo 2, amplíase ata o 31 de decembro de 1995, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas contempladas no artigo 1.
Tendo en conta a Decisión 94/828/CE, adoptada polo Consello da Unión Europea, procede ampliar ata a data indicada a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás personas orixinarias de Anguila, Antillas Holandesas, Aruba, Bermudas, Territorio Británico do Océano Índico, Illas Virxes Británicas, Illas Caimán, Illas da Canle, Illas Malvinas (Falkland), Hong-Kong, Illa de Man, Montserrat, Pitcairn, Santa Helena, Dependencias de Santa Helena (Illa da Ascensión e Illa Tristán da Cunha), Xeorxia do Sur e as Illas Sandwich do Sur, Illas Turks e Caicos.
Os prazos de protección provisional amplíanse por decisións do Consello de Ministros da Unión Europea, sendo previsible que se adopten novas decisións con este obxectivo. Ante esta situación a disposición derradeira primeira do Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro, de ampliación con carácter provisional da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios habilita ó Ministro de Industria e Enerxía, para que a tenor das decisións que poidan adoptarse polo Consello de Ministros da Unión Europea amplíe a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a que se refire o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, ata data posterior á prevista no citado precepto. Esta habilitación cubre os territorios comprendidos no anexo desta Orde.
Na súa virtude, este Ministerio tivo a ben dispor:
- Primeiro.-
Amplíase, ata o 31 de decembro de 1995, o dereito á protección xurídica ás persoas naturais ou xurídicas que sexan nacionais ou teñan a súa residencia habitual nalgún dos territorios incluídos no anexo desta Orde.
- Segundo.-
A presente Orde entrará en vigor ó día da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».
O que comunico a V. I. para o seu coñecemento e efectos.
Madrid, 24 de xullo de 1995.
Ilmo. Sr. Director xeral da Oficina Española de Patentes e Marcas.
ANEXO
[editar]- Dependencias de Santa Helena (Illa da Ascensión e Illa Tristán da Cunha)
Nota
[editar]- ^ Derrogada polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.