Saltar ao contido

Orde do 2 de novembro de 1995 do Ministerio de Industria e Enerxía

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Orde do 2 de novembro de 1995 pola que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a persoas dos Estados Unidos de América. [1]

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios que non pertenzan á Comunidade Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro, polo que se modifica o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, polo que se amplía, con carácter provisional, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios extendeu esta protección para os Estados Unidos de América únicamente ata o día 1 de xullo de 1995.

O Consello da Unión Europea adoptou a Decisión 95/237/CE, do 29 de xuño de 1995, pola que, segundo o seu artigo 2, amplíase ata o 1 de xaneiro de 1996 a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas dos Estados Unidos de América.

Tendo en conta a Decisión 95/237/CE, adoptada polo Consello da Unión Europea, procede ampliar, ata a data indicada, a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América.

Os prazos de protección provisional amplíanse por Decisións do Consello de Ministros da Unión Europea, sendo previsible que se adopten novas Decisións con este obxectivo. Ante esta situación, a disposición darradeira primeira do Real Decreto 2162/1994, do 4 de novembro («Boletín Oficial del Estado» do 29), de ampliación, con carácter provisional, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos Estados Unidos de América e de determinados territorios, habilita ó Ministro de Industria e Enerxía para que, a tenor das Decisións que poidan adoptarse polo Consello de Ministros da Unión Europea, amplíe a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, a que se refire o artigo 2.1 do Real Decreto 2068/1993, do 26 de novembro, ata data posterior á prevista no citado precepto. Esta habilitación cubre o territorio dos Estados Unidos comprendido nesta Orde.

En virtude do anteriormente exposto, dispoño:

Primeiro.-

Amplíase, ata o 1 de xaneiro de 1996, o dereito á protección xurídica ás persoas naturais ou xurídicas que sexan nacionais ou teñan a súa residencia habitual nos Estados Unidos de América.

Disposición derradeira

[editar]
Única

A presente Orde entrará en vigor o día da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

O que comunico a V. I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 2 de novembro de 1995.

EGUIAGARAY UCELAY

Ilmo. Sr. Director da Oficina Española de Patentes e Marcas.

Nota

[editar]
  1. ^  Derrogada polo Real Decreto 149/1996, do 2 de febreiro na medida en que amplíe a protección outorgada pola Lei 11/1988, do 3 de maio, a países ou territorios que son parte no Acordo polo que se crea a Organización Mundial do Comercio.