Cantiga XXV : Pagar ben pod' o que dever

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga XXV (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como a ymagen de Santa Maria falou en testimonio ontr' crischão e o judeu.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

E desto vos quero contar
un gran miragre mui fremoso,
que fezo a Virgen sen par,
Madre do gran Rei grorioso,
por un ome que seu aver
todo ja despendud' avia
por fazer ben e mais valer,
ca non ja en outra folia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Quand' aquel bon ome o seu
aver ouv' assi despendudo,
non pod' achar, com' aprix eu,
d' estrãyo nen de connoçudo
quen sol ll' emprestido fazer
quisess'; e pois esto viia,
a un judeu foi sen lezer
provar se ll' alg' enprestaria.
 
Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

E o judeu lle diss' enton:
«Amig', aquesto que tu queres
farei eu mui de coraçon
sobre bon pennor, se mio deres.»
Disse-ll' o crischão: «Poder
d'esso fazer non averia,
mas fiador quero seer
de cho pagar ben a un dia.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

O judeu lle respos assi:
«Sen pennor non será ja feito
que o per ren leves de mi.»
Diz o crischão: «Fas un preito:
ir-t-ei por fiador meter
Jeso-Crist' e Santa Maria.»
Respos el: «Non quer' eu creer
en eles; mas fillar-chos-ya,

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Porque sei que santa moller
foi ela, e el ome santo
e profeta; poren, senner,
fillar-chos quer' e dar-ch-ei quanto
quiscres, tod' a teu prazer.»
E o crischão respondia:
«Sas omages, que veer
posso, dou-t' en fiadoria.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Pois o judeu est' outorgou,
ambos se foron mantenente,
e as omages lle mostrou
o crischão, e ant' a gente
tangeu e fillou-ss' a dizer
que por fiança llas metia
por que ll' o seu fosse render
a seu prazo sen tricharia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

«E vos, Jeso-Cristo, Sennor,
e vos, sa Madre muit' onrrada,»
diss' el, «se daqui longe for
ou mia fazenda enbargada,
non possa per prazo perder,
se eu pagar non llo podia
per mi, mas vos ide põer
a paga u mia eu porria.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Ca eu a vos lo pagarei,
e vos fazed' a el a paga,
por que non diga pois: «Non ei
o meu», e en preito me traga,
nen mi o meu faça despender
con el andand' en preitesia;
ca se de coita a morrer
ouvesse, desta morreria.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Poi-lo crischão assi fis
fez o judeu, a poucos dias
con seu aver quant' ele quis
gãou en bõas merchandias;
ca ben se soub' entrameter
dest' e ben faze-lo sabia;
mas foi-ll' o praz' escaecer
a que o el pagar devia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

O crischão, que non mentir
quis daquel prazo que posera,
ant' un dia que a vir
ouvesse, foi en coita fera;
e por esto fez compõer
un' arca, e dentro metia
quant' el ao judeu render
ouv', e diss': «Ai, Deus, tu o guia.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Dizend' est', en mar la meteu;
e o vento moveu as ondas,
e outro dia pareceu
no porto das aguas mui fondas
de Besanç'. E pola prender
un judeu mui toste corria,
mas log' y ouv' a falecer,
que a arc' ant' ele fogia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

E pois o judeu esto vyu,
foi, metendo mui grandes vozes,
a seu sennor, e el sayu
e disse-lle: «Sol duas nozes
non vales, que fuste temer
o mar con mui gran covardia;
mas esto quer' eu cometer,
ben leu a mi Deus la daria.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Pois esto disse, non fez al,
mas correu alá sen demora,
e a archa en guisa tal
fez que aportou ant' el fora.
Enton foi ssa mão tender
e fillou-a con alegria,
ca non sse podia soffrer
de saber o que y jazia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Des i feze-a levar en
a ssa casa, e seus deiros
achou en ela. E mui ben
se guardou de seus conpanneiros
que non ll' ouvessen d'entender
de como os el ascondia;
poi-los foi contar e volver,
a arca pos u el dormia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Pois ouve feito de ssa prol,
o mercador ali chegava,
e o judeu ben come fol
mui de rrijo lle demandava
que lle déss' o que ll' acreer
fora; se non, que el diria
atal cousa per que caer
en gran vergonna o faria.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

O crischão disse: «Fiel
bõo tenno que t' ey pagado:
a Virgen, madre do donzel
que no altar ch' ouvi mostrado,
que te fará ben connocer
como foi, ca non mentiria;
e tu non queras contender
con ela, que mal t' en verria.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Diss' o judeu: «Desso me praz;
pois vaamos aa eigreja,
e se o disser en mia faz
a ta omagen, feito seja.»
Enton fillaron-s' a correr,
e a gente pos eles ya,
todos con coita de saber
o que daquel preit' averria.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Pois na eigreja foron, diz
o crischão: «Ai, Majestade
de Deus, se esta paga fiz,
rogo-te que digas verdade
per que tu faças parecer
do judeu ssa aleivosia,
que contra mi cuida trager
do que lle dar non deveria.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Enton diss' a Madre de Deus,
per como eu achei escrito:
«A falssidade dos judeus
é grand'; e tu, judeu maldito,
sabes que fuste receber
teu aver, que ren non falia,
e fuste a arc' asconder
so teu leito con felonia.»

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Quand' est' o judeu entendeu,
bes ali logo de chão
en Santa Maria creeu
e en seu Fill', e foi crischão;
ca non vos quis escaecer
o que profetou Ysaya,
como Deus verria nacer
da Virgen por nos todavia.

Pagar ben pod' o que dever
o que à Madre de Deus fia.

Anterior:
Cantiga XXIV : Madre de Deus, non pod' errar
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XXVI : Non é gran cousa se sabe