Cantiga XXVI : Non é gran cousa se sabe

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga XXVI (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria juigou a alma do romeu que ya a Santiago, que sse matou na carreira por engano do diabo, que tornass' ao corpo e fezesse pedença.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Mui gran razon é que sábia dereito
que Deus troux' en seu corp' e de seu peito
mamentou, e del despeito
nunca foi fillar;
poren de sen me sospeito
que a quis avondar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Sobr' esto, se m' oissedes, diria
dun joyzo que deu Santa Maria
por un que cad' ano ya,
com' oý contar,
a San Jam' en romaria,
porque se foi matar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Este romeu con bõa voontade
ya a Santiago de verdade;
pero desto fez maldade
que ant' albergar
foi con moller sen bondade,
sen con ela casar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Pois esto fez, meteu-ss' ao camo,
e non sse mãefestou o mesqo;
e o demo mui festo
se le foi mostrar
mais branco que un armo,
polo tost' enganar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Semellança fillou de Santiago
e disse: «Macar m' eu de ti despago,
a salvaçon eu cha trago
do que fust' errar,
por que non cáias no lago
d' iferno, sen dultar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Mas ante farás esto que te digo,
se sabor ás de seer meu amigo:
talla o que trages tigo
que te foi deytar
en poder do emigo,
e vai-te degolar.»

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

O romeu, que ssen dovida cuidava
que Santiag' aquelo lle mandava,
quanto lle mandou tallava;
poi-lo foi tallar,
log' enton se degolava,
cuidando ben obrar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Seus companneiros, poi-lo mort' acharon,
por non lles apõer que o mataron,
foron-ss'; e logo chegaron
a alma tomar
demões, que a levaron
mui toste sen tardar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

E u passavan ant' ha capela
de San Pedro, muit' aposta e bela,
San James de Conpostela
dela foi travar,
dizend': «Ai, falss' alcavela,
non podedes levar

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

A alma do meu romeu que fillastes,
ca por razon de mi o enganastes;
gran traiçon y penssastes,
e, se Deus m' anpar,
pois falssament' a gãastes,
non vos pode durar.»

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Responderon os demões louçãos:
«Cuja est' alma foi fez feitos vãos,
por que somos ben certãos
que non dev' entrar
ante Deus, pois con sas mãos
se foi desperentar.»

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Santiago diss': «Atanto façamos:
pois nos e vos est' assi rezõamos,
ao joyzo vaamos
da que non á par,
e o que julgar façamos
logo sen alongar.»

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Log' ante Santa Maria veron
e rezõaron quanto mais poderon.
Dela tal joiz' ouveron:
que fosse tornar
a alma onde a trouxeron,
por se depois salvar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Este joyzo logo foi comprido,
e o romeu morto foi resorgido,
de que foi pois Deus servido;
mas nunca cobrar
pod' o de que foi falido,
con que fora pecar.

Non é gran cousa se sabe
bon joyzo dar
a Madre do que o mundo
tod' á de joigar.

Anterior:
Cantiga XXV : Pagar ben pod' o que dever
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XXVII : Non devemos por maravilla ter