Cantiga XXIV : Madre de Deus, non pod' errar

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga XXIV (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria fez nacer ha fror na boca ao crerigo, depois que foi morto, e era en semellança de lilio, porque a loava.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Non pod' errar nen falecer
quen loar te sab' e temer.
Dest' un miragre retraer
quero, que foi en França.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

En Chartes ouv' un crerizon,
que era tafur e ladron,
mas na Virgen de coraçon
avia esperança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Quand' algur ya mal fazer,
se via omagen seer
de Santa Maria, correr
ya là sen tardança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

E pois fazia oraçon,
ya comprir seu mal enton;
poren morreu sen confisson,
per sua malandança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Porque tal morte foi morrer,
nono quiseron receber
no sagrad', e ouv' a jazer
fora, sen demorança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Santa Maria en vison
se mostrou a pouca sazon
a un prest', e disse-ll' enton:
«Fezestes malestança,

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Porque non quisestes coller
o meu crerigo, nen meter
no sagrad', e longe põer
o fostes por viltança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Mas cras, asse Deus vos perdon,
ide por el con procisson,
con choros e con devoçon,
ca foi grand' a errança.»

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

O preste logo foi-ss' erger
e mandou os sinos tanger,
por ir o miragre veer
da Virgen sen dultança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Os crerigos en mui bon son
cantando «kyrieleyson»,
viron jazer aquel baron,
u fez Deus demostrança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Que, porque fora ben dizer
de ssa Madre, fez-lle nacer
fror na boca e parecer
de liro semellançá.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Esto teveron por gran don
da Virgen, e mui con razon;
e pois fezeron en sermon,
levárono con dança.

Madre de Deus, non pod' errar
quen en ti á fiança.

Anterior:
Cantiga XXIII : Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XXV : Pagar ben pod' o que dever