Axuda:Resumo de edición
O resumo de edición é un campo que se visualiza como unha pequena caixa debaixo do cadro de edición cando se está editando unha páxina.
É unha práctica recomendable escribir un resumo de edición —cando se crea unha páxina nova, cando se edita unha existente ou cando se edita unha sección dun artigo—, para comunicar que foi o que mudou e como axuda para comprender o sentido dos cambios. Un texto que explique a edición resulta útil tanto para os usuarios que seguen os cambios recentes como para aqueloutros que comproban o historial da páxina ou calquera das páxinas onde quedan rexistrados os resumos. Así mesmo é unha boa idea seleccionar nas preferencias de usuario (no apartado "Edición") a opción "Avisar cando o campo resumo estea baleiro (ou leve un texto xenérico por defecto)" para que o sistema dea un aviso lembrando que falta por escribir o resumo.
Características
[editar]A caixa de edición do resumo permite inserir ata 200 caracteres[1]. Se intenta escribir ou pegar máis de 200 caracteres só se visualizarán os 200 primeiros.
Nos resumos de edición funcionan as ligazóns internas e as ligazóns interwiki, así e todo hai certas limitacións en canto ao código que se pode incluír nos resumos debido a que o sistema non o vai interpretar correctamente[2].
Ao mesmo tempo que se previsualiza a páxina premendo no botón "Amosar a vista previa" faise unha previsualización do resumo. Pode comprobarse así se o resumo supera os 200 caracteres permitidos, se hai erros nos enlaces incluídos ou erros na redacción.
Recomendacións para a redacción do resumo
[editar]O texto do resumo debe ser claro e preciso, ter unha redacción neutra e achegar información dabondo para interpretar o sentido da edición. Debe evitarse unha redacción confusa, que conduza a malentendidos, que conteña apreciacións persoais ou que sexa demasiado xenérica. En xeral debe evitarse redactar calquera tipo texto que impida comprender o verdadeiro contido da edición.
Uso do resumo en edicións controvertidas ou en disputa
[editar]O uso correcto do resumo é crítico nos casos de disputas sobre o contido. Os resumos de edición deben recoller dun xeito preciso e conciso a natureza da edición, en particular se é controvertida. Se a edición implica desfacer cambios previos debe marcarse preferiblemente como reversión ("rv") diante do texto do resumo de edición. Nos resumos debe evitarse entrar en debates, negociacións sobre o contido ou expresar opinións sobre os outros usuarios implicados. Se é preciso faga uso da páxina de conversa para explicar con máis detalle a natureza das edicións.
Cambiar o resumo de edición
[editar]Ás veces debido a erros no texto (ou pola necesidade de transmitir certa información sobre a páxina) cómpre mudar o resumo de edición. Modificar o resumo para eliminar un resumo existente é un proceso tecnicamente complexo que implica diversos pasos que non poden realizar todos os usuarios do wiki. A solución máis sinxela é realizar unha edición sen contido. Unha edición pequena que non ten efecto ou que o efecto na páxina é imperceptible grazas á cal se pode escribir un novo texto no resumo de edición para corrixir, matizar ou aclarar o texto dun resumo anterior.
A edición pode consistir en modificar o número de liñas do texto do páxina, engadir ou eliminar unha liña de separación no texto, na separación das categorías ou do interwiki, engadir ou eliminar un espazo en branco. Dese xeito pódese escribir un novo resumo cun novo contido.
Algunhas situacións nas que poden realizarse edicións sen contido:
- para corrixir problemas na interpretación do resumo porque quedou truncado debido á limitación dos 200 caracteres
- cando se verifica a orixe dun artigo traducido doutro Wikisource para cumprir os requirimentos da licenza
- para corrixir erros ortográficos
- para corrixir erros ou imprecisións na redacción do resumo
- para corrixir problemas nos resumos debidos a edicións rápidas froito de copiar e pegar
Resumos automáticos
[editar]En determinadas circunstancias xérase un resumo automático cando se garda a edición sen resumo.
Acción do usuario | Páxina da mensaxe | Texto do resumo |
---|---|---|
Crear ou substituír unha páxina cunha redirección ("$1" substitúese pola páxina á que apunta a redirección) |
MediaWiki:Autoredircomment | Redirixida cara a "[[$1]]" Exemplo: Redirixida cara a "Albert Einstein" |
Eliminar todo o texto que contén a páxina | MediaWiki:Autosumm-blank | O contido da páxina foi eliminado
|
Eliminar a maior parte do texto dunha páxina ou editar unha páxina curta ("$1" substitúese polo novo texto) |
MediaWiki:Autosumm-replace | O contido da páxina foi substituído por "$1" Exemplo: O contido da páxina foi substituído por "rwertyuiooppasffff" |
Crear unha páxina nova ("$1" substitúese polo texto do comezo da páxina) |
MediaWiki:Autosumm-new | Nova páxina: "$1" Exemplo: Nova páxina: "Albert Einstein (14 de marzo, 1879 - 18 de abril, 1955) foi un físico e matemático alemán" |
Engade unha nova sección nas páxinas de conversa ou naquelas que teñen a lapela + | MediaWiki:Newsectionsummary | Nova sección: /* $1 */ Exemplo: →Título da nova sección: nova sección
|
Coa excepción do resumo automático cando se crea unha redirección, que polo común contén toda a información que é preciso coñecer, o resumo automático non é un substituto apropiado dun resumo que debe conter información significativa sobre o contido da edición.
- Algunhas situación comúns
- Cando no resumo aparece o texto sinalado a continuación, por regra xeral, pode indicar:
- "O contido da páxina foi eliminado" que se trata dun caso de vandalismo, dun erro dun usuario ao crear a páxina ou no caso dunha proposta de borrado que o creador da páxina concorda co borrado.
- "O contido da páxina foi substituído por..." que se trata dun caso de vandalismo, noutros casos pode ser un indicador para os administradores de que hai que combinar os historiais de dous artigos ou páxinas.
- Resumos automáticos que se xeran ao reverter unha edición
Acción do usuario | Páxina da mensaxe | Texto do resumo |
---|---|---|
Reverter unha edición por parte dun administrador ("$1" substitúese polo nome do usuario que fixo a edición e "$2" polo nome do usuario que fixo a última edición boa) |
MediaWiki:Revertpage | Desfixéronse as edicións de $2 (conversa); cambiado á última versión feita por $1 Exemplo: Desfixéronse as edicións de Vándalo (conversa); cambiado á última versión feita por Usuario |
Reverter unha edición por parte dun usuario ("$1" polo número de revisión e "$2" polo nome do usuario que fixo a edición) |
MediaWiki:Undo-summary | Desfíxose a edición $1 de $2 (conversa) |
Páxinas onde se visualizan os resumos de edición
[editar]O resumo de edición pode verse como un texto en cursiva nas seguintes localizacións:
- Historial da páxina — listaxe de edicións nunha páxina, inclúe o tamaño en bytes do texto editado. Exemplo: historial de "Colombo (serie de televisión)".
- Contribucións do usuario — listaxe de edicións dun usuario. Exemplo: contribucións de Jimbo Wales.
- Lista de vixilancia — listaxe dos cambios recentes das páxinas vixiladas (só é aplicable aos usuarios rexistrados), inclúe o tamaño en bytes do texto editado.
- Diferenzas entre edicións — mostra a diferenza entre dúas edicións. Exemplo: diferenzas entre edicións no artigo Xabarín Club.
- Cambios recentes / Cambios recentes avanzados — listaxe de todos os cambios recentes, inclúe o tamaño en bytes do texto engadido ou eliminado.
- Canles IRC — listaxe en tempo real de todos os cambios. Poden visulizarse nas canles do servidor irc.wikimedia.org co uso de software do tipo Vandal Fighter. Exemplo para a Galipedia: #gl.wikipedia
- Cambios relacionados — listaxe dos cambios nas páxinas que ligan cunha determinada páxina. Exemplo: cambios relacionados co artigo Galicia.
- Lista de páxinas novas — mostra o resumo de edición da creación da páxina, inclúe o tamaño en bytes do texto editado.
Resumos de edición nas traducións doutros Wikisource
[editar]A licenza CC-BY-SA baixo a que se licencian os textos de Wikisource require o recoñecemento da autoría mesmo cando os artigos proceden doutro Wikisource. Paralelamente indicar no resumo a orixe do artigo facilita a verificación do contido por parte doutros colaboradores do wiki.
- Exemplos de resumos para traducións
→ tradución da páxina do Wikisource na_lingua_que_sexa [[:indicativo_de_lingua:Nome_do_artigo]]
Tomando como exemplo o artigo Albert Einstein algunhas das opcións para o resumo son:
- tradución do artigo do Wikisource en inglés en:Albert Einstein.
- tradución do artigo do Wikisource en castelán es:Albert Einstein.
- este artigo contén material procedente dos artigos dos Wikisources en inglés, castelán e portugués: en:Albert Einstein, es:Albert Einstein, pt:Albert Einstein.
- tradución da versión http://pt.wikisource.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo do Wikisource en portugués
Resumo de edición na carga de imaxes
[editar]Cando cargue un ficheiro debe fornecer un resumo de edición da imaxe ou do ficheiro multimedia. Ese resumo móstrase:
- no rexistro de carga, corresponde á segunda parte do resumo que se visualiza —a primeira parte é o nome do ficheiro—. Exemplo:
21:10, 26 outubro 2008 Lmbuga (Conversa | contribucións) cargou "Imaxe:Lalín.Paseo fluvial do río Pontiñas.jpg" ({{Information |Description=Ganso (?) no paseo fluvial do río Pontiñas en Lalín, Galiza |Source=Obra propia (own work). http://gl.wikisource.org/wiki/Imaxe:Lalín.Paseo_fluvial_do_río_Pontiñas.jpg |Date=26-10-2008 |Author=Luis Miguel Bu)
- no historial da páxina de descrición da imaxe. Exemplo: Ficheiro:Lalín.Paseo fluvial do río Pontiñas.jpg#Historial do ficheiro
No caso dunha imaxe nova o resumo visualízase:
- como resumo de edición na páxina de descrición da imaxe e nos cambios recentes
- como parte editable da páxina de descrición da imaxe, que pode incluír os seguintes elementos:
- breve descrición da imaxe
- ligazóns internas e externas
- modelo de información de imaxe (o modelo permite incluír a descrición e ligazóns sinaladas antes)
- Descrición do contido.
- Orixe da imaxe.
- Data da creación.
- Autor(es) do ficheiro.
- Licenza. (Tamén pode seleccionar a licenza apropiada na caixa despregable de licenzas.)
- Opcional: Outras versións dispoñibles, se as hai, coas súas correspondentes ligazóns internas.
- unha ou máis categorías para clasificar a imaxe
O resumo de edición da carga de imaxes permite ata 250 caracteres, no rexistro de carga o final pode quedar truncado debido a que só pode visualizar 255 caracteres incluído o nome do ficheiro cargado.
Na carga de imaxes non hai vista previa, polo tanto non se poden verificar as ligazóns, os modelos incluídos, as categorías... Calquera modificación que sexa necesaria pode realizarse unha vez cargado o ficheiro na parte editable da páxina de descrición do devandito ficheiro. (Se a imaxe está en Commons, o repositorio de imaxes libres dos proxectos Wikimedia, pode engadirse información propia no resumo deste proxecto, por exemplo clasificar a imaxe en categorías. Para modificar a información orixinal hai que realizalo no servidor de orixe: o propio Commons.)
Outros datos
[editar]Procura
[editar]A función de busca de Wikisource non pode buscar nos resumos de edición, os motores de busca externos tampouco indexan esa información.
Atallos
[editar]- O uso do signos máis ( + ) e menos ( - ) para indicar que se engade ou elimina algún elemento da páxina. Exemplo: "+interwiki, -{{seniw}}, +{{Outroshomónimos|Colombo (homónimos)}}, -{{sencat}}, +Categoría:Series de televisión"
- Hai certas abreviaturas de uso común nos wikis que indican de que tipo de edición se trata.
- rv significa reverter, desfacer unha edición. Exemplo: "rv Vandalismo: destruír contido e insultos"
- iw para o interwiki. Pódese escribir ou poñer o indicativo da lingua coa que se enlaza: + en:, it: ou simplemente escribir interwiki
- wikificar, formato, formato wiki, arranxos... Serven para indicar que se están engadindo ligazóns internas a un texto que non as ten, que se está a dar formato á páxina segundo o libro de estilo, que se están facendo correccións ortográficas, etc.
Atención: lembre que non se deben usar as abreviaturas para substuír o texto do resumo de edición cando se fai preciso achegar información dabondo para interpretar o sentido da edición. Como mostra aplicado a un caso no que se están claisificando páxinas, contén máis información un resumo que inclúe o nome da categoría que se só recolle a abreviatura. Exemplo: +Categoría:Personalidades da física no canto de +cat
Notas
[editar]- ↑ O tamaño non pode superar os 250 octetos (iso non aplicable ao texto ASCII, porén teña en conta que en UTF-8 cada carácter non-ASCII ocupa 2 octetos ou máis)
- ↑
O seguinte código wiki non se interpreta nos resumos:
- Variables, modelos, funcións analíticas (parser functions).
- As ligazóns externas non funcionan.
- A etiquetas HTML non funcionan.
- Cursiva, negra, etc., non funcionan (os resumos visualízanse en cursiva).
- As etiquetas
<nowiki>
non funcionan; polo que por exemplo [[a]] non se mostra (amósase como <nowiki>a</nowiki>), como alternativa use [ [a] ] (cunha separación entre corchetes).