Wikisource:Administradores
No Wikisource calquera pode editar un texto. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores.
Os administradores poden:
- Borrar páxinas e imaxes
- Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
- Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
- Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
- Protexer ou bloquear unha páxina
- Editar páxinas protexidas ou bloquealas
- Reverter páxinas rapidamente
- Editar o espazo de nomes de MediaWiki
Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas do Wikisource.
O que os administradores non son[editar]
- Non son donos de Wikisource.
- Non son empregados de Wikisource.
- Non teñen autoridade de ningún tipo, máis aló da de calquera outro usuario.
- Non son os responsables de poñer as normas.
- Non son os únicos que poden loitar contra vándalos, arranxar erros, e outras tarefas de mantemento. Todo iso é tarefa de todos os usuarios.
- Non forman unha elite.
- Non deciden que se borra e que non, nin a quen se bloquea e a quen non. Iso decídeno as políticas de Wikisource ou a propia comunidade.
- Non teñen ningunha responsabilidade legal, nin de representación de Wikisource, máis aló da que teña calquera outro usuario.
- Non son infalibles, nin os seus actos teñen por que sentar precedentes.
- Non teñen poder de veto, nin capacidade de decisión maior.
Administradores[editar]
O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 3. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Os administradores activos nos 6 últimos meses son:
Agremon | contactar | (Burócrata) | |
Banjo | contactar | ||
HombreDHojalata | contactar |
Antigos administradores:
Alyssalover | contactar | |
Moderador | contactar | |
Prevert | contactar | |
Rocastelo | contactar | |
Xosé | contactar |
Burócrata[editar]
Os burócratas son unha clase especial de administradores con poder para nomear ou desnomear a outros administradores e burócratas. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.
A lista seguinte actualízase manualmente:
Os burócratas activos nos 6 últimos meses son:
Agremon | contactar |