Saltar ao contido

Wikisource:Administradores

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «Wikisource:A»)
Isto é unha política oficial do Galifontes.
Isto é unha política oficial do Galifontes.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais do Galifontes. Ten unha ampla aceptación entre os editores deste wikisource e considérase un estándar
que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices.
Atallo:
WS:A

No Wikisource calquera pode editar un texto. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores.

Os administradores poden:

  • Borrar páxinas e imaxes
  • Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
  • Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
  • Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
  • Protexer ou bloquear unha páxina
  • Editar páxinas protexidas ou bloquealas
  • Reverter páxinas rapidamente
  • Editar o espazo de nomes de MediaWiki

Por suposto, os administradores tan só poder facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas do Wikisource.

O que os administradores non son

[editar]
  • Non son donos de Wikisource.
  • Non son empregados de Wikisource.
  • Non teñen autoridade de ningún tipo, máis aló da de calquera outro usuario.
  • Non son os responsables de poñer as normas.
  • Non son os únicos que poden loitar contra vándalos, arranxar erros, e outras tarefas de mantemento. Todo iso é tarefa de todos os usuarios.
  • Non forman unha elite.
  • Non deciden que se borra e que non, nin a quen se bloquea e a quen non. Iso decídeno as políticas de Wikisource ou a propia comunidade.
  • Non teñen ningunha responsabilidade legal, nin de representación de Wikisource, máis aló da que teña calquera outro usuario.
  • Non son infalibles, nin os seus actos teñen por que sentar precedentes.
  • Non teñen poder de veto, nin capacidade de decisión maior.

Administradores

[editar]

O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 2. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.

A lista seguinte actualízase manualmente:

Administradores activos:

Agremon (conversa · contribucións) (burócrata)
Filtro de abusos (conversa · contribucións)
HombreDHojalata (conversa · contribucións)

Antigos administradores:

Alyssalover (conversa · contribucións)
Banjo (conversa · contribucións)
Moderador (conversa · contribucións)
Prevert (conversa · contribucións)
Rocastelo (conversa · contribucións)
Xosé (conversa · contribucións)

Burócrata

[editar]

Os burócratas son unha clase especial de administradores con poder para nomear ou desnomear a outros administradores e burócratas. Pódese contactar con eles individualmente ou através da Taberna.

A lista seguinte actualízase manualmente:

Os burócratas son:

Agremon (conversa · contribucións)