Saltar ao contido

Autor:Luís Amado Carballo

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901 - 1927) foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1982.

Obra

[editar]

Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a grande protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.

Proel, 1927.
O Galo, 1928.

Prosa

[editar]

Poesía

[editar]

Recompilacións e reedicións

[editar]
  • Obras en prosa e verso, con prólogo de Méndez Ferrín, Castrelos, 1970.
  • Escolma de Amado Carballo, Departamento de Filoloxía Galega, USC, 1982, ISBN 8471912805.
  • Luís Amado Carballo. Vida e obra. Escolma de textos, Álvarez Blázquez, X. M., RAG, 1982.
  • Obra completa, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 8471549743.
  • O Galo e poemas soltos, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia, 1992.
  • Poesía galega completa, L. Alonso Girgado, Sotelo Blanco, 1994, ISBN 978-84-7824-143-9.[7]
  • Obra poética galega, Luís Alonso Girgado, Xerais, 2001. ISBN 978-84-8302-640-3.[8]
  • Proel - O Galo, BG120 v. 16, 2002, ISBNs 84-88254-87-3 e 84-8302-737-2.
  • O mellor de... Luís Amado Carballo (1901-1927), La Voz de Galicia, 2010.[9]

Notas

[editar]
  1. Segundo Carballo Calero (1975) [1963], Maliaxe é de composición literaria pueril e emprega un galego moi forzado e diferencialista.
  2. Maliaxe, imaxe da portada
  3. Iglesias, Xabier: Os probes de Deus. Os libros de Ánxel Casal 9/11/2012.
  4. Proel na Biblioteca da RAG.
  5. O Galo na Biblioteca da RAG.
  6. Iglesias, Xabier: O Galo. Os libros de Ánxel Casal 16/6/2013.
  7. Poesía galega completa, imaxe da portada
  8. Obra poética galega, Xerais.
  9. "A obra de Luís Amado Carballo…" 6/8/2010.

Bibliografía

[editar]

Ligazóns externas

[editar]


Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.