Saltar ao contido

Ando buscando meles e frescura

En Galifontes, o Wikisource en galego.





XIX



Ando buscando meles e frescura
   Para os meus labios secos,
Y eu non sei com'atopo, nin por onde,
   Queimores e amargueẍos.


Ando buscand'almibres qu'almibaren
   Estos meus agres versos,
Y eu non sei como, nin por onde, sempre
   Se lles atopa un fero.


   Y o ceo e Dios ben saben
   Non teño á culpa d'eso:
   ¡Ay! sin querelo, téna,
O lastimado corazon enfermo.



<<<< >>>>