¡Silencio!

En Galifontes, o Wikisource en galego.





XX



          ¡Silencio!
A man nerviosa e palpitante ó seo,
As niebras n'os meus ollos condensadas,
Con un mundo de dudas n'os sentidos
Y-un mundo de tormentos n'as entrañas;
   Sentindo como loitan,
   En sin igual batalla,
Inmortales deseios que atormentan,
   E rencores que matan.
Mollo n'a propia sangre á dura pruma
   Rompendo á vena inchada,
Y escribo... escribo ¿para qué? ¡Volvede
   O mais fondo da yalma
   Tempestosas imaẍes!
Ide á morar c'as mortas relembranzas;
Qu' a man tembrosa n'o papel sô escriba
¡Palabras, e palabras, e palabras!
¿Da idea á forma inmaculada e pura
   Donde quedou velada?



<<<< >>>>