Cantiga II : Muito devemos varoes

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cantiga II (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é de como Santa Maria pareceu en Toledo a Sant' Alifonsso e deu-ll' ha alva que trouxe de arayso, con que dissesse missa.

Muito devemos, varoes,
loar a Santa Maria,
que sas graças e seus does
dá a quen por ela fia.

Sen muita de bõa manna,
que deu a un seu prelado,
que primado foi d'Espanna
e Affons' era chamado,
deu-ll' ha tal vestidura
que trouxe de Parayso,
ben feyta a ssa mesura,
porque metera seu siso
en a loar noyt' e dia.

Poren devemos, varoes...

Ben enpregou el seus ditos,
com' achamos en verdade,
e os seus bõos escritos
que fez da virgidade
daquesta Sennor mui santa,
per que sa loor tornada
foi en Espanna de quanta
a end' avian deytada
judeus e a eregia.

Poren devemos, varoes...

Mayor miragre do mundo
ll' ant' esta Sennor mostrara,
u con Rei Recessiundo
ena precisson andara,
u lles pareceu sen falla
Santa Locay', e enquanto
ll' el Rey tallou da mortalla,
disse-l': «Ay, Affonsso santo,
per ti viv' a Sennor mya.»

Poren devemos, varoes...

Porque o a Groriosa
achou muy fort' e sen medo
en loar sa preciosa
virgindad' en Toledo,
deu-lle porend' ha alva,
que nas sas festas vestisse,
a Virgen santa e salva
e, en dando-lla, lle disse:
«Meu Fillo esto ch' envia.»

Poren devemos, varoes...

Pois ll' este don tan estrãyo
ouve dad' e tan fremoso,
disse: «Par Deus, muit eãyo
seria e orgulloso
quen ss' en esta ta cadeira,
se tu non es, s' assentasse,
nen que per nulla maneira
est' alva vestir provasse,
ca Deus del se vingaria.

Poren devemos, varoes...

Pois do mundo foi partido
este confessor de Cristo,
Don Siagrio falido
foi Arcebispo, poys isto,
que o fillou a seu dano;
ca, porque foi atrevudo
en se vestir aquel pano,
foi logo mort' e perdudo,
com' a Virgen dit' avia.

Poren devemos, varoes...

Anterior:
Cantiga I : Des oge
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga III : Mais nos faz Santa Maria