Afonso X o Sabio
De Wikisource
| Afonso X o Sabio en: | |
| Wikipedia A enciclopedia |
|
| Commons Imaxe e multimedia |
|
Afonso X o Sabio (Toledo, 1221 – Sevilla, 4 de abril de 1284) foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo. Afonso X fomentou a actividade cultural através da Escola de Tradutores de Toledo, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que naquel entón era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galiza, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da literatura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo. Aribullese a escrita por convenio. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan El fuero real de Castilla, onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o Codigo de las siete partidas, as Tablas alfonsíes, a Crónica general e Grand estoria, e as Cantigas de Santa María (poesía en galego-portugués que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o Lapidario e os Libro dos xogos.
Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín, valorando o castelán na escrita , agás na poesia onde reservabase o galego-portugués.
A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudiosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval.
[editar] Índice de contidos
| Tódalas obras orixinais Afonso X o Sabio atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 70 anos. As traducións poden non estar en dominio público. |