Wikisource:A Taberna

De Wikisource

A nosa taberna úsase para debater sobre cuestións técnicas, políticas e normas, e todo tipo de operacións e temas relacionados coa Wikisource. Cree unha nova conversa

A Taberna: Galipedia - Galizionario - Commons - Wikisource - Galilibros - Wikiquote


Penso que se fai necesaria a creación da categoría literatura, hai xa algúns artigos, e penso engadir máis, que vos parece?--Rocastelo 21:23, 19 decembro 2005 (UTC)

    • Ademais creo que sería necesario separar documentos legais, entre os documentos legais galegos, documentos legais españois, etc. para os que buscan documentos legais seríalles útil que estiveran ben identificados por medio das categorías.--Rocastelo 21:26, 19 decembro 2005 (UTC)
  • Estou de acordo co da categoría literatura, en canto ó dos documentos legais (os que lle estou collendo cariño) tiña pensado face-la mesma proposta. Un saúdo --Alyssalover 22:45, 19 decembro 2005 (UTC)
  • De acordo coas categorías. Ademais creo que habería que considerar tamén a posibilidade de introducir enlaces nos documentos, ou ben presentar dúas versións, unha delas con enlaces (xa vin que se estaba facendo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:30, 19 decembro 2005 (UTC)

Índice

[editar] Votación en Wikisource.org

En Wikisource.org está a se desenvolver unha votación para que os desenvolvedores permitan a protección dunha parte da páxina. Isto permite preservar os contido tal como o foi escrito polos seus autores, pero permite a inclusión de interwikis, categorías, marcadores, cambios de formato... Para poder votar hai que estar rexistrado e ter un mínimo de 50 edicións da wikisource da que se proceda. As votacións realízanse aquí:[1].--Rocastelo 20:47, 16 Xaneiro 2006 (UTC)

[editar] Ramón María del Valle Inclán

O 5 de xaneiro deste ano cumplíronse 70 anos da morte deste autor, así que segundo a Lei de Propriedade Intelectual extinguíronse os dereitos de autor sobre das súas obras. Poderiamos aprobeitar e incluir algúns dos seus textos, ¿qué vos parece? --Alyssalover 16:00, 4 Febreiro 2006 (UTC)

  • Habería que traducilos, e iso levaría o seu tempo.--Rocastelo 18:52, 4 Febreiro 2006 (UTC)
  • Paréceme boa idea, habería que centrarse nalgunha obra concreta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:18, 4 Febreiro 2006 (UTC)

[editar] Wikisource — The Free Library

Hello. Please check (and if need be add or correct) the translation of "Wikisource — The Free Library" in your language, in the table at this page. Note: The table is linked to from the circular logo at Wikisource's Multilingual Portal.

Thank you! User:Dovi 17:47, 21 January 2007 (UTC)

  • Nesta páxina troquei Wikifontes en Galifontes para concordar coa nova portada. Elvire 00:05, 12 Outubro 2009 (UTC)

[editar] Sobre o sistema de categorías

Por qué se segue a categorización alfabética GL-X? Pode ser que esa fose a que se usaba cando WS era un proxecto multilingüe nun único dominio? Se é ese o caso, e realmente se non o é tamén, non ten sentido seguir a usala, pois asúmese que todos os textos que se atopen aquí estan en galego. Propoño que se elimine este sistema de categorías. A cuestión sería desenvolver un novo, pero presentarei unha proposta se ó final decídese descartar este.--Fryant 01:13, 5 Novembro 2007 (UTC)

Concordo, tes razón. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:49, 20 Novembro 2007 (UTC)
Concordo. --Xosé 23:28, 22 Novembro 2007 (UTC)

Ben, enton tentarei presentar para a vindeira semana unha proposta básica que podería serivr para comezar a traballar.Fryant 10:53, 23 Novembro 2007 (UTC)

  • Onte anduven creando categorias co exemplo da Galipedia, pensando que por non haber por eiqui moita xente activa, eu non debia inovar. Agora que vexo a proposta que vai abaixo, vou adaptar as categorias ao que xa esta eiqui abaixo falado e que esta mais axeitado a una biblioteca en galego. Saúdos Elvire 10:30, 28 Abril 2008 (UTC)

[editar] Proposta para un novo sistema de categorización

Presento aquí a miña proposta de categorías. As categorías de primeiro nível penduran de Categoría:Índice.

  • Categoría:Autores (Para categorizar as fichas de autores, que aínda que non temos ningunha, deseguro que xurdirán. Alén diso, serven como introdución ao conxunto de obras do propio autor. Sería posíbel pedir a activación do espazo de nomes Autor ao estilo do en.ws, para non inflar as estadísticas?)


Con esta categorización, por exemplo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ficaría categorizado baixo Categoría:Autores galegos, Categoría:Autores-C, Categoría:Autores nacidos en 1886, Categoría:Autores pasados en 1950. As obras de Castelao quedarían categorizadas, neste senso, en Categoría:Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, que á súa vez estaría nas mesmas categorías que a ficha do autor.

  • Categoría:Licenzas (a idea era que os modelos de licenzas categorizaran automáticamente as obras concordando co estado da súa licenza nas vindeiras categorías)





  • ...
  • ...
  • ...
  • ...
  • ...
  • ...
  • ...

Está por rematar.Fryant 20:44, 27 Novembro 2007 (UTC)

  • En primeiro lugar agradecerche o traballo de crear a árbore de categorías. Mireina por riba e a única suxerencia que me vén a cabeza, polo de agora, é mudar os xentilicios (galegos, franceses,..) por topónimos (Galicia, Francia,..) e seguir o mesmo criterio sobre Galicia e Galiza que na Galipedia. Polo demais na miña opinión adiante co sistema e se hai que corrixir algo segundo vaia medrando xa se fará. Grazas polo traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:50, 9 decembro 2007 (UTC)
  • Ola, Fryant, bo traballo, eu só suxeriría de momento unha cousa antes de entrar na diferenciación dos documentos legais, eu crearía unha categoría xenérica de Documentos divididos por países, para englobar por exemplo todos os que levo creado sobre Arxentina que non encaixan na definición de documento legal, ou que encaixan mellor na subclasificación de documento histórico, pero non de documento legal, xa que estou a falar de estatísticas de desaparecidos, declaracións de comandantes.... Polo demais, concordo plenamente. Saúdos. --Alma 23:38, 12 decembro 2007 (UTC)
Boas, Alma. Isa era a miña idea, pero como vedes, esta árbore de clasficiación está aínda sen rematar, e estas tres pólas son só unha parte do todo. O que pasa é que agora estou sen moito tempo por razóns de exames, así que a ver cando o podo rematar. Fryant 00:40, 13 decembro 2007 (UTC)
Anduven ordeando un pouco segun o esquema de Fryant, xa que a sua base e bóa. Visto os poucos artigos, deixo certas cousas no tronco, que logo podense afinar sin destruir a base. A sola categoria que non me dou decido a borrar é Categoría:Trobadores. Deixoa na categoria nai dos autores sabendo ben que habrá que mudala, supoño ca un momento farase pos autores subcategorias por xénero. A miña opinion é que polos principios vale millor pór artigos e categorias nas raices que son nais. Tres razóns :
  1. son mais faciles de clasificar no futuro por ter unha vista do conxunto que esta por repartir ;
  2. en canto hai poucos artigos non é bóo para o lector de perderse no grande mar ;
  3. a base da arquitectura das categorias parece bóa para unha biblioteca. Pero quedan alguns temas por debatir : a) sobre o contido das clasificacións, eu son favorable para unha clasificación moi rigorosa e amplia (obra : orde alpha, xénero, data de públicacion etc) b) sobre o mantemento e o calendario, eu son favorable a un mantemento rigoroso e xa que somos poucos en seguir e poucos en abarcar conocementos suficientes para o control de cada tema, pois gustame mais polo momento deixar os artigos nas categorias mais altas e só facer as categorias mais miudas cando se teña os recursos humans necesarios. Por exemplo si quero porlle a Rosalia de Castro todas categorias que merece, pois perdo tempo en mantemento. Polo momento pareceme mais importante engadir documentos e deixalos nas categorias nais.
Polos días que siguen conto engadir algúns artigos pequenos, tendo en conta os direitos ! Un saúdo Elvire 12:27, 28 Abril 2008 (UTC)

[editar] Pedida de borrado urxente

Qixen ir de presa e fixen un gran erro : non cumpriron os 70 anos desde a morte de Otero Pedrayo ! Por favor que un administrador ou burocrata borre : Ensaio histórico sobre a cultura gelega e Introducción : Ensaio histórico sobre a cultura gelega. Sintóo moito empezar esi a contribuir. A única desculpa que teño e a miña intención de leer o libro e no arranque quixen compartilo ! Desexo que se pense que o fixen de bóa fe e que non se me bloquee. Moitas gracias e reitero pedida de perdon Elvire 10:24, 28 Abril 2008 (UTC)


[editar] Orixe dos textos e direitos/Varias versions posibles

Doume conta co arranque que tuven de vir colaborar mostrame os limites das miñas posibilidades. Falanda concretamente da literatura medieval pois atopanse varias versions en libros de papel. Seria conveniente de poder marcar na páxina de conversa, ou en calquer lugar apropiado si o texto da Galifontes é o texto tal como esta no cancioneiro conservada ou si é un texto dunha edición critica. No caso do texto dunha edicion critica supoño que o texto da édicion critica leva os direitos segun a data da morte do autor. Isto é problema de direitos e é tamén problema de rigor da información que se da o lector. Retirando o problema dos direitos, queda detras o informe da identificación da version de Galifonte, e polo tanto teran que admitirse varias versións. Logo tamén ven o problema dos nomes : Mendiño e Mendinho como exemplo. Vou cavilar para que o pouco que podo contribuir non desprecie decisiós futuras e non viole direitos. Saúdos Elvire 15:48, 28 Abril 2008 (UTC)

[editar] Usuario:Ordenador, bot de White Cat

O usuario White Cat deixou a seguinte mensaxe na miña páxina de discusión:

Bot flag request for Usuario:Ordenador
  • Bot operator: User:White Cat (Commons:User:White Cat) - En-N, Tr-4, Ja-1
  • List of botflags on other projects: Bot has a flag on wikimedia (meta,commons) wikipedia (ar, az, de, en, es, et, fr, is, ja, ku, nn, no, ru, sr, tr, uz, simple...) (See: m:User:White Cat#Bots)
  • Purpose: Interwiki linking, double redirect fixing, commons delinking (for cases where commonsdelinker fails)
-- Cat chi? 17:59, 16 Marzo 2008 (UTC)

Aínda que neste wiki hai moi pouca actividade quixera coñecer a opinión doutros colaboradores sobre outorgarlle ou denegarlle o status de bot. --Prevertgl 13:37, 2 Maio 2008 (UTC)

Por mín podeselle dar, agás teña problema en outra wiki, o que non parece. Elvire 15:40, 5 Maio 2008 (UTC)

[editar] Wikimedia España

Boas a todos. Deixo este aviso para comunicar a esta comunidade de que estase tentando crear o capítulo local de Wikimedia en España. Nestes días estanse debatindo os estatutos para a creación da asociación. Tódolos interesados poden obter máis información, e participar, nésta páxina ou na lista de correo. Saúdos.Elisardojm


[editar] Resultados da elección do Consello de Administración

Ting Chen foi elixido na recente elección para ocupar un posto no Consello de Administración da Fundación Wikimedia en representación da comunidade Wikimedia. Na vindeira reunión do Consello que terá lugar o 16 de xullo de 2008 a toma de posesión fárase efectiva. Nesta elección emítironse 3.019 votos válidos, dos cales sete foron realizados desde wikis en lingua galega (tiñan dereito a voto nesta elección 39 colaboradores). Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:44, 3 xullo 2008 (UTC)

[editar] Anuncio

Trasladei o Modelo:Listaref dende a Galipedia. Gallaecio 18:25, 30 agosto 2008 (UTC)

[editar] Axuda de admins

Boas! Necesitaría que algún admin copiase w:Mediawiki:Common.js e w:Mediawiki:Common.css para aquí dende a galipedia. Faría falta copialos para que algúns modelos funcionen ben. Grazas! --Banjo 08:09, 30 Marzo 2009 (UTC)

Ola Banjo. Supoño que o queres importar é o código javascript que permite converter as caixas en despregables. Penso que antes de facer a importación aquí hai que ter en conta as diferenzas entre a Galipedia e Wikisource e por outra banda cuestións de accesibilidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:07, 30 Marzo 2009 (UTC)
  • De primeiras, persoalmente creo que tanto aquí coma no resto de proxectos en galego deberíamos estandarizar toda a parte de mediawiki, incluíndo esas dúas páxinas. Para esas dúas botei un ollo e creo que sería bo traelas; o .css axudaría para os modelos infobox (por exemplo para facer fichas de autores), para a apariencia das táboas, incluso posiblemente para non ter un baleiro na nova portada (isto non o sei exactamente, tería que probalo). O .js axudaría para os modelos despregables, a botoeira de edición, o control de premer en amosar vista previa para as ips... varias cousas máis. Logo o tema do resto de páxinas de mediawiki, o normal (para mín) sería ter as mesmas mensaxes de interface para tódolos proxectos, ben sexa o diccionario, o source ou a enciclopedia. O proxecto máis "maduro" (por dicilo dalgunha forma) que temos agora mesmo é a galipedia, polo que creo que deberíamos tomar ese interface como estandar e pasalo ao resto dos proxectos en galego. O que si non estou seguro, para o de mediawiki, é se pode haber unha forma de pedilo en meta ou algún sitio destes para aforrar traer mensaxe a mensaxe dende a galipedia. --Banjo 08:15, 31 Marzo 2009 (UTC)
  • Por suposto, posiblemente algunhas das mensaxes haxa que adaptalas lixeiramente, como por exemplo trocar referencias a "galipedia" por "galifontes", ou a "artigo" por "texto", cousas asi, habería que ir vendo caso por caso. --BaNjOtell me 08:24, 31 Marzo 2009 (UTC)
  • Cando se creou este proxecto e outros proxectos en galego houbo o acordo tácito de que tiveran certa unidade na interface dentro das peculiaridades de cada wiki, iso non abrangue por completo aos ficheiros w:Mediawiki:Common.js e w:Mediawiki:Common.css porque ditos ficheiros conteñen código que non necesariamente debe pasar dun wiki a outro. No marco da unidade que se buscaba, tamén estaba como obxectivo que cada wiki tivera vida propia, algo que a historia destes wikis máis pequenos demostrou un propósito moi difícil de materializar. Con iso quero dicir que o problema principal nestes momentos é producir contidos, mesmo, na miña opinión, a medio prazo iso pode conducir a que haxa en Meta propostas de peche deste wiki. Co que acabo de dicir non quero desvalorizar o traballo na navegación e na homoxeneización dos wiki senón simplemente contextualizar a miña mensaxe. Polo que a min respecta (naquilo que sexa aplicable) o tema das mensaxes do sistema (non dixen nada porque na mensaxe anterior non comentabas nada diso) non presenta dificultade, só é unha cuestión de tempo. Tecnicamente a solución consiste en por unha banda usar aquelas mensaxes que proceden do wiki de traducións e por outra editar aquí outras, aínda así haberá algunhas mensaxes diferentes. Con respecto w:Mediawiki:Common.js e w:Mediawiki:Common.css penso que haberá que traer aqueles códigos que realmente sexan necesarios segundo as circunstancias deste wiki. O uso dos modelos nos proxectos do tipo source é bastante menos intensivo que nas Wikipedias, e o uso de modelos despregables é cuestionable (por suposto, isto é unha opinión). Entre os motivos está que se o contido deses modelos é realmente importante debe ser visible, porque senón non ten moito sentido poñelo, e para min máis importante aínda é o problema de accesibilidade por cuestión do javascript. Poida que quede bonita a función de despregar, pero no contexto dun documento (tomando esta palabra no sentido estrito) creo que o seu uso non está nada claro. Con iso quero dicir que é conveniente antes de traelo falar sobre as vantaxes e desvantaxes que poida ter. Iso non implica que non poidan traerse outros códigos un a un, segundo as necesidades. Tamén aproveito para aclarar que non adoito usar a palabra Galifontes para referirme a este wiki porque non houbo consenso sobre ese nome, si sobre que debería incluír o prefixo Gali-, mesmo me parece que neste mesmo wiki Gallaecio fixo unha proposta de chamarlle Galiteca que quedou sen debatirse. Para finalizar, en ningún caso quero poñer trabas ao teu traballo, é unha sorte que alguén se lembre do Wikisource en galego, e no caso de que se chegara a interpretar así retiro todo o dito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:06, 31 Marzo 2009 (UTC)
  • O feito de que de repente apareza por aquí e comece a molestar ven sendo un proxecto personal para axudar a estes proxectos paralelos á galipedia, na parte de modelos, páxinas de axuda e wikipedia e demáis. Vou tentar ir un por un, en paralelo coas cousas que vou facendo na Galipedia, e neste caso tocou aquí. En canto xa non podia facer moito máis pasarei a outro deles, aínda que sen deixar este, seguramente acabe bastante metido aquí tamén :). No contido tamén me gustaría axudar, pero non me vexo tan capaz, de ahi que me centre nestas cousas. Ao non ser administrador aquí non podo axudar para editar as mensaxes do interface, pero símplemente deixo a miña idea ahi, a de que deberíamos estandarizar (e adaptar segun o caso) as mensaxes. Para o .css e .js tes razón, quizáis non fagan falta aquí moito dese código. Hei revisar a fondo na gali, e se vexo que hai algunha parte que sí se debería traer pois aviso e vémolo pouco a pouco. E por último, pillei "galifontes" polo de "gali-", pero sí, seguramente habería que falalo entre todos e deixar un nome final para seguir có de estandarizar (que teima a miña eh! :D ) --BaNjOtell me 14:26, 31 Marzo 2009 (UTC)
  • De ningún xeito quixen suxerir nin dar a entender nada relacionado con molestar, ao contrario está moi ben que aparezan novos usuarios por aquí. Que conste que eu tamén son dos de buscar unidade entre os proxectos, o da interface simplemente é algo pendente que fomos facendo segundo iamos podendo. Na época na que se fixo non existía o wiki de traducións; por se non quedou claro o procedemento a seguir agora (sempre e cando exista a mensaxe no wiki de traducións) é borrar a mensaxe en Wikisource (se se borra o sistema colle directamente a tradución do wiki de tradución) se non hai problemas co historial, nese caso poida que haxa que corrixir aquí. Se me vas deixando aviso daquelas mensaxes que detectes, logo pouco a pouco ireino facendo. Como semella que son o único administrador activo no resto dos wikis en galego (q, b, wikt) supoño que teremos que seguir falando neses wikis. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:46, 31 Marzo 2009 (UTC)

[editar] Nova portada

Boas, teño unha proposta para cambiar a portada, a idea básica está tirada da portada da galipedia. Podédela ver en Usuario:Banjo/Proposta Portada De principio necesitaría cambiar a imaxe da sección outras entradas, pero seguramente falten máis cousas, a ver que opinades :) --Banjo 15:25, 30 Marzo 2009 (UTC)

Gústame. Pero de primeiras xa atopo algo que cambiaría. A ver se é posible utilizar porcentaxes para o ancho das táboas, e evitar así un oco baleiro coma este en grandes resolucións de pantalla. Un saúdo! 213.60.150.134 15:53, 30 Marzo 2009 (UTC) (Son Gallaecio, vou con presa). Gallaecio 17:40, 30 Marzo 2009 (UTC)
Actualizar o deseño da portada é algo que temos pendente desde case o principio de Wikisource, así que benvida toda a axuda na mellora desa páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:09, 30 Marzo 2009 (UTC)
Banjo non podes saber o prazer de ver a túa proposta. Botei unha ollada e o conxunto (organización do espazo, escolla dos elementos a destacar en sección, cores etc) pareceme mui bóo, en harmonia con WPgl, con menos seccións para estar a medida do que é o proxecto polo de momento e ainda por algúns tempos, vaime mui ben (traduciches "Varones ..."). De arranque a única cousa que non sei moito é a presentación da terceira sección : cando se pode facer clic, probanse varios hasta caer nun listaxe de artigos ??. Saúdos e alegrome moito. Elvire 19:44, 30 Marzo 2009 (UTC)
  • O do baleiro das táboas posíblemente se solucione importando o Mediawiki:Common.css dende a galipedia. As dúas seccións "sobre galicia" e "outras entradas" son as que xa hai na portada, fixen unha expecie de selección, pero seguramente esto habería que revisalo para ver cales serían máis apropiados para ir ahi. O dos varóns traducino porque o artigo está traducido así, o título en castelán redirixe ahí. O da terceira sección non o entendín moi ben, sorry :( , básicamente é o modelo de índice que hai para as categorías, non ten moito máis :) --Banjo 08:05, 31 Marzo 2009 (UTC)
  • Banjo polo da terceira sección considera que non dixen nada, anduven ollando outras portadas e non é un problema. Por mín podese meter a nova portada de seguida, agás mellorias "technicas" que eu non podo percebir. Esta portada é moito máis bonita ! Saúdos Elvire 18:19, 4 Abril 2009 (UTC)
Permitome engadir, pero non sei se ten que ver coa portada, e non pretendo retrasar nada : gustariame moito que se trocar Wikisource por Galifontes ! Elvire 18:44, 4 Abril 2009 (UTC)
Maravilloso : quedeime admirativa, cores doces e alegres !!! Pero por ben que me rexistre ... non quedo rexistrada ! (lol) 82.121.192.57 22:00, 6 Abril 2009 (UTC) Usuario:Elvire, que non esqueceu asinar !
Poís é todo maravilloso : hoxe non teño problema para quedar rexistrada... e a portada sempre gustame tanto ! Saúdos Elvire 19:13, 7 Abril 2009 (UTC)
Creo que quedou ben, de feito vese distinto ao da miña subpáxina, non hai hueco :). Movín as subpáxinas que emprega a portada para o espacio wikisource e modelo, e engadinas na lista de páxinas a importar, para manter o historial, incluíndo a propia portada. Logo de importar hai que revisar para ter as edicións boas para aquí. Tamén, unha vez listo todo, pediría que se borrasen as miñas subpáxinas que quedaron coma redireccións :)
PD: Elvire, gústame que che guste, de todas formas o mérito é na maior parte de Alberte (e algunha otra xente máis), xa que está copiada e adaptada da portada da galipedia que el propúxo no seu día :) --BaNjOtell me 10:48, 8 Abril 2009 (UTC)
Poís é verdade ca portada da Galipedia tamén me gusta moito na súa presentación xeral : cores, organización do espazo, equilibrio mui refrescante entre sobriedade e un pouquiño de fantasiía... A proxima volta non sera para alavar a xuventude galega, queda moito por traballar nos artigos ! Elvire 11:15, 8 Abril 2009 (UTC)

[editar] Código css

Faigo unha nova sección para que quede máis lexible. Para o caso do css revisei (aínda non mirei o .js) e creo que o seguinte sí debería traerse aquí:

/* <source lang="css"> */
 
/* Arranxos na Portada */
 
  .page-Portada .firstHeading { display:none; }
  .page-Portada #siteSub { display:none; }
#interwiki-completelist {
    font-weight: bold;
}

/*****
** Bytecounter colours
*****/ 
 strong.mw-plusminus-neg
   {
   color: #c00;
   }
 
 span.mw-plusminus-neg
   {
   color: #900;
   }
 
 span.mw-plusminus-pos
   {
   color: #060;
   }
 
 strong.mw-plusminus-pos
   {
    color: #006400;
   }
 
 
/*****
** Table formatting
*****/
   table.wikitable,
   table.prettytable {
      margin:1em 1em 1em 0;
      background:#F9F9F9;
      border:1px #AAA solid;
      border-collapse:collapse;
      }
 
   table.wikitable th, table.wikitable td,
   table.prettytable th, table.prettytable td {
      border:1px #AAA solid;
      padding:0.2em;
      }
 
   table.wikitable th,
   table.prettytable th {
      background:#F2F2F2;
      text-align:center;
      }
 
   table.wikitable caption,
   table.prettytable caption {
      margin-left:inherit;
      margin-right:inherit;
      }

/* Acender en azul a referencia ó clicarlle, para facilitar a navegación */
 
ol.references > li:target {
background-color: #DEF;
}
 
sup.reference:target { 
background-color: #DEF;
}
 
/* Make the list of references smaller */
ol.references {
    font-size: 100%;
}
.references-small { 
    font-size: 95%;
}
 
/* Clase Infobox */
.infobox {
    border: 1px solid #aaa;
    background-color: #f9f9f9;
    color: black;
    margin-bottom: 0.5em;
    margin-left: 1em;
    padding: 0.2em;
    float: right;
    clear: right;
}
.infobox td,
.infobox th {
    vertical-align: top;
}
.infobox caption {
    font-size: larger;
    margin-left: inherit;
}
.infobox.bordered {
    border-collapse: collapse;
}
.infobox.bordered td,
.infobox.bordered th {
    border: 1px solid #aaa;
}
.infobox.bordered .borderless td,
.infobox.bordered .borderless th {
    border: 0;
}
 
.infobox.sisterproject {
    width: 20em;
    font-size: 90%;
}
 
@media print {
    .infobox.sisterproject {
        display: none;
    }
}

O resto que hai no da gali é para o commonsticker (que aquí non funciona) e para os modelos despregables, que polo momento quizáis non faga falta telos aquí tal e como dí prevert. Sen embargo este que poño aquí si o vería de axuda, básicamente sería para as táboas, os modelos de tipo infobox (fichas de escritores, por exemplo), as cores nos cambios recentes (verde/vermello), a portada e as referencias. --BaNjOtell me 14:56, 31 Marzo 2009 (UTC)

[editar] Axudando as boas vontades

Mensaxe para Banjo, Gallaecio, Norrim strange e Prevert xa que pasades de vez en cando, a ver si algún de vos pode clarificar esta conversa. Inicié esa conversa porque semella que o texto a principios da Introdución non esta no orixinal do Projet Gutenberg, de ser ese anaco de texto unha engadidura ao orixinal da publicación de 1830 debese retirar. Moitas grazas Elvire 11:10, 2 Maio 2009 (UTC)

[editar] Follas novas

Hola colegas. Permitidme que me exprese en castellano. ¿Podríais revisar y traer a Wikisource en galego es:Follas novas? Entiendo que está en galego. Cuando esté creo que se podrá borrar de allá. Saludos cordiales. -Aleator 15:21, 1 xuño 2009 (UTC)

Gracias, puse el texto aquí, en espera que yo o otro usuario lo revise y lo utilize. Muchas gracias, lo podeis borrar en WSes.Elvire 20:22, 1 xuño 2009 (UTC)


[editar] Categoría:Benvida ip‎

Créei a Categoría:Benvida ip‎ porque ponse automaticamente en vermello ao usar o marcador Benvida ip‎. Maís non estou segura de habela colocado ben. Engado este post para que se poida revisar.Elvire 23:58, 11 Outubro 2009 (UTC)

Ferramentas persoais