Un-ha vez tiven un cravo
X
Un-ha vez tiven un cravo
Cravado no corazon,
Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,
D'ouro, de ferro, ou d'amor.
Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,
Que tanto m'atormentou,
Qu'eu dia e noite sin cesar choraba
Cal chorou Madanela n'a pasion.
—Señor, que todo ó podedes,
Pedinlle un-ha vez á Dios,
Daime valor par'arrincar d'un golpe
Cravo de tal condicion.
E doumo Dios e arrinqueino,
Mais... ¿quen pensara?... Despois
Xa non sentin mais tormentos
Nin soupen qu'era delor;
Soupen sô, que non sei que me faltaba
En donde o cravo faltou,
E seica, seica tiven soidades
D'aquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu'envolve o esprito
¡Quen-o entenderá, Señor!...
Anterior: Paz, paz deseada |
Un-ha vez tiven un cravo | Seguinte: Cand'un é moi dichoso, moi dichoso, |
Fonte : I. Vaguedás. páxina 10