Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,
Aparencia
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,
¡Incomprensibre arcano!
Casi-que, n'é mentira an-qu'a pareza,
Ll'a un pesa d'o ser tanto.
¡Que n'o fondo ben fondo d'as entrañas
Hay un deserto páramo!
Que non s' enche con risas nin contentos,
Senon con froitos d'o delor amargos.
Pero cand'un ten penas
Y é en verdá desdichado,
Oco n'atopa no ferido peito,
Por qu'a dor, ¡enche tanto!
Tan abonda é a desgracia nos seus dones;
Qu'os verte ¡Dios llo pague! ôs regazados.
Hastra qu'o qu'os recibe
¡Ay! reventa de farto.
Anterior: Un-ha vez tiven un cravo |
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso, | Seguinte: Oxe ou mañan, ¿quen pode decir cando? |
Fonte : Vaguedás. páxina 11