Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Título VII
Proposta de Estatuto para Galicia Bloque Nacionalista Galego 2005
Título VII: Reforma estatutaria
[editar]Artigo 104. Reformas substantivas
[editar]Os proxectos de reforma total do Estatuto ou de reforma parcial que afecten aos títulos preliminar, primeiro, terceiro, quinto e sexto han de ser aprobados por unha maioría cualificada de tres quintos do Parlamento, que ademáis deberá ser sometida a referendo favorábel da maioría absoluta de máis da metade do electorado de Galiza.
Artigo 105. Reformas ordinarias
[editar]Para a aprobación das reformas ordinarias do Estatuto será suficiente a maioría absoluta favorábel dos membros do Parlamento da Galiza.
Artigo 106. Iniciativa para a reforma do Estatuto
[editar]1. A iniciativa de reforma substantiva do Estatuto corresponde a una quinta parte
dos membros do Parlamento, ao Goberno ou a cincuenta mil electores.
2. A iniciativa das reformas ordinarias corresponderá a unha quinta parte dos
membros do Parlamento ou ao Goberno.
Anterior: Título VI |
Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005 | Seguinte: Disposicións finais |