Saltar ao contido

Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Disposicións finais

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Proposta de Estatuto para Galicia       Bloque Nacionalista Galego       2005
 


Disposicións transitorias, finais e derrogatoria

[editar]

Disposición adicional primeira

[editar]

No prazo de seis meses a contar da publicación do presente Estatuto, constituirase a Comisión Mixta prevista no art. 72. Na súa primeira reunión aprobará o seu regulamento interno.

Disposición adicional segunda

[editar]

O Parlamento da Galiza reclamará ás Cortes Xerais que declaren a lingua galega idioma oficial nos órganos centrais do Estado español. Como lingua de Galiza, o galego será de uso oficial no Senado, en canto Cámara de representación territorial, así como, no seu caso, no Congreso dos Deputados. Recoñecerase ademais o seu emprego polos representantes galegos nas institucións da Unión Europea como lingua oficial da mesma.

Disposición final primeira

[editar]

A aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional.

Diposición final segunda

[editar]

O Parlamento de Galiza reclamará aos Parlamentos das Comunidades Autónomas ás que actualmente pertencen as comarcas limítrofes de fala galega, que a declaren co-oficial no territorio dos concellos desas comarcas e nos órganos institucionais centrais das respectivas Comunidades Autónomas.

Disposición final terceira

[editar]

Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei.

Disposición Transitoria

[editar]

En tanto non se estabelecer a organización territorial de conformidade co estabelecido no presente Estatuto, o Goberno de Galiza coordenará a actuación das Deputacións Provinciais e tutelará a súa actuación financeira.

Disposición derrogatoria

[editar]

Fica derrogado o Estatuto de Autonomía de Galiza de 1981 e cantas disposicións legais da Comunidade Autónoma da Galiza se opuxeren aos preceitos deste novo Estatuto de Galiza.

Anterior:
Título VII
Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005