Mensaxe de ETA ao pobo vasco (23/03/2006)

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca


Mensaxe de Euskadi Ta Askatasuna ao pobo vasco       Euskadi Ta Askatasuna       23 de marzo de 2006
 


ETA, organización socialista revolucionaria vasca de liberación nacional, desexa mediante esta Declaración dar a coñecer a seguinte decisión:

Euskadi Ta Askatasuna decidiu declarar un alto o fogo permanente a partir das 00.00 horas do 24 de marzo de 2006.

O obxectivo desta decisión é impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para que mediante o diálogo, a negociación e o acordo, o Pobo Vasco poida realizar o cambio político que precisa.

Superando o actual marco de negación, partición e imposición hai que construír un marco democrático para Euskal Herria, recoñecendo os dereitos que como pobo lle corresponden e asegurando de cara ao futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas.

Ao final dese proceso os cidadáns e cidadás vascas deben ter a palabra e a decisión sobre o seu futuro, dando así unha solución democrática ao conflito.

ETA considera que corresponde a todos os axentes vascos desenvolver ese proceso e adoptar os acordos correspondentes ao futuro de Euskal Herria, tomando en consideración a súa pluralidade e totalidade.

Os Estados español e francés deben recoñecer os resultados de dito proceso democrático, sen ningún tipo de inxerencias nin limitacións. A decisión que os cidadáns e cidadás vascas adoptemos sobre o noso futuro deberá ser respectada.

Facemos un chamamento a todos os axentes para que actúen con responsabilidade e sexan consecuentes ante o paso dado por ETA. É tempo de compromisos. Todos debemos asumir responsabilidades, para construír entre todos a solución democrática que o Pobo vasco necesita. É o momento de tomar decisións de calado, pasando das palabras aos feitos.

ETA fai un chamamento ás autoridades de España e Francia para que respondan de xeito positivo a esta nova situación e para que non poñan obstáculos ao proceso democrático, deixando de lado a represión e amosando a vontade de dar unha saída negociada ao conflito.

Finalmente, facemos un chamamento aos cidadáns e cidadás vascas en xeral e aos militantes da Esquerda Abertzale en particular, para que se impliquen neste proceso e loiten polos dereitos que como Pobo nos corresponden.

ETA amosa o seu desexo e vontade de que o proceso aberto chegue até a fin, e así conseguir unha verdadeira situación democrática para Euskal Herria, superando o conflito de hai moitos anos e construíndo unha paz baseada na xustiza. Reafirmámonos no compromiso de seguir dando pasos no futuro acordes a esa vontade e de seguir loitando até acadar os dereitos de Euskal Herria.


A superación do conflito, aquí e agora, é posíbel. Ese é o desexo e a vontade de ETA.

En Euskal Herria, marzo de 2006
Euskadi Ta Askatasuna
E.T.A.

Véxase tamén[editar]