Saltar ao contido

Mensaxe de ETA ao pobo vasco (22/03/2006)

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Mensaxe de Euskadi Ta Askatasuna ao pobo vasco       Euskadi Ta Askatasuna       22 de marzo de 2006
 


Euskadi Ta Askatasuna decidiu declarar un alto o fogo permanente a partir do 24 de marzo de 2006.

O obxectivo desta decisión é impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que como Pobo nos corresponden e asegurando de cara ao futuro la posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas.

Ao final dese proceso os cidadáns vascos deben ter a palabra e a decisión sobre o seu futuro.

Os Estados español e francés deben recoñecer os resultados de dito proceso democrático, sen ningún tipo de limitacións. A decisión que os cidadáns vascos adoptemos sobre o noso futuro deberá ser respectada.

Facemos un chamamento a todos os axentes para que actúen con responsabilidade e sexan consecuentes ante o paso dado por ETA.

ETA fai un chamamento ás autoridades de España e Francia para que respondan de xeito positivo a esta nova situación, deixando a carón a represión.

Finalmente, facemos un chamamento aos cidadáns e cidadás vascas para que se impliquen neste proceso e loiten polos dereitos que como Pobo nos corresponden.

ETA amosa o seu desexo e vontade de que o proceso aberto chegue até a fin, e así acadar unha verdadeira situación democrática para Euskal Herria, superando o conflito de hai moitos anos e construíndo unha paz baseada na xustiza.

Reafirmámonos no compromiso de seguir dando pasos no futuro acordes a esa vontade.

A superación do conflito, aquí e agora, é posíbel. Ese é o desexo e a vontade de ETA.

En Euskal Herria, marzo de 2006
Euskadi Ta Askatasuna E.T.A.

Véxase tamén

[editar]