Saltar ao contido

Ensaios e poesías/Pol-a reforma ortográfica

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Ensaios e poesías       Xohán Vicente Viqueira       5 de outubro de 1919
 



POL-A REFORMA ORTOGRÁFICA


I

   Teño unha razón fundamental contra a ortografía fonética: admitindo-a apartariamo-nos do mundo lingüistico inteiro. ¡E isolarse é morrer! Ningunha língua escríbe-se fonéticamente. Sobre todo isolariamo-nos do portugués. O galego, no sendo unha língua irmá do portugués, senon unha forma do portugués (como o andaluz do castelao), ten-se que escribir pois como portugués. Vivir no seu seo é vivir no mundo; é vivir sendo nós mesmos!

I I

   Escribindo c'a nosa ortografía etimológica (admitida pol-a nosa Academia) escribimos cuase como en portugués. Mais esta ortografía é dificil ja que o galego non se ensina na escola. Basándose da ortografía etimológica, pódese facer unha ortografía popular moi próxima â erudita ou propiamente etimológica e ademáis práciva, Desta maneira:

   1) X será sempre o sonido doble c s; asín; éxito igual écsito.

   2) Ge gí e ja, jo, jí, ju (é dicir g e j) serán sempre a actual x simple; asín xente escribira-se gente, e xa ja. G e j usaran-se polo demais como g e j castelás (uso daprendido na escola).

I I I

   A diferencia de esta ortografía c'a erudita estará na x. Este por quen queira poderase usar etimológicamente de maneira pura.

I V

   O único problema dificil da nosa ortografía é o do X, G. e J. Co'a miña solución creo que pode prácticamente quedar resolto.

V

   En resume: a ortografía fonética é a morte da nosa língua; a ortografía etimológica é a súa vida cada vez mais grande. E pol-a derradeira é difícil cheguemos â solución conciliante que eu propoño.


   Publicado en "A Nosa Terra" o 5 de Outubro de 1919.