Saltar ao contido

Ensaios e poesías/Miña Galicia

En Galifontes, o Wikisource en galego.



MIÑA GALICIA


I

    ¿Combatindo eu por unha Galicia d'onte? ¿Son eu da Galicia que para sempre esvaíuse entr'as brétemas do pasado?

    "Vivir entre recordos é vivir entre mortos" di o noso povo. Non, certamente, eu non vivo no pasado cheo de exquisita melanconía, ja qu'eu arelo preludar miña existencia un futuro mellor e mais grande!

II

    Miña Galicia non é a que foi, é a que será; non é a d'onte, é a de mañan. Se grande foi a nosa estoria, mais grande pode xurdir o futuro noso! É a Galicia do porvir, na sua florescente personalidade, a qu'eu arelo e amo, a Galicia, pedra prezosa de civilización huma!

III

    O mañá non será como o hoje. Non acai a monotonía á vida criadora; é sempre nova e varea. O pasado esaltase no futuro, renovado, fecundado, com'un tema n'unha sinfonía inagotable! Ousemos os novos caminos, e como sorrín ao florir os nosos campos renascentes, aléden-se as nosas almas no albeo miraculoso da nosa esencia!


    Publicado en "A Nosa Terra" o 10 de Febreiro de 1020.