Ensaios e poesías/Malenconía
Aparencia
A tarde ven, toda malenconía,
a luz esvaise pol-o ar diáfano,
ouro divino as ponlas tecen
do piñeiral lonjano.
Miñ'alma, ou, como ela é triste,
sintindo a vida latejar en sí,
querendo ser con plenitú d'esencia
n'un eterno vivir!
E vagamente espertan os desejos
de loitar cal os héroes que foron.
Emergen do meu peito apaixonado
o senxamios d'os soños.
Vaise ja pôr o sol, silencio mudo.
Noite benta, tí sejas p'ra vencer!
O vento canta o trunfo perdurante.
Ou trunfo, ¿tamén t'eu cantarei?