Ensaios e poesías/Cantar do berce
Aparencia
Baixo do branco luar
logo adormecen as flores;
antr'as folliñas repousan
os paxaros voadores.
Durme, amor dos meus amores.
Nas ponlas dos abeneiros,
toleirón, devagariño,
vai dicindo unha cantiga,
pra te arrolar, o ventiño.
Durme, durme, meu meniño.
Vijoi, 7-X-1922.