Conversa:Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre
Nova secciónAcelga?
[editar]Asociación polo Coñecemento Libre de Galicia (AceLGa)? Deixando de lado o do acrónimo :), parece un pouco "excesivo" o nome, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 12:13 (UTC)
A min o de acelga, pensando no posible logo, fíxome moita graza. Quizais o nome daría para unha chuvia de ideas na xuntanza física. Unhanova (conversa) 5 de setembro de 2017 ás 09:14 (UTC)
- Outras posibilidades para o nome:
- Asociación de amigas e amigos da Galipedia, A3GAL ou AAAGAL
- Asociación Pro Galipedia, APROGAL
- Asociación Galega para o Coñecemento Libre, AGACOL
- Asociación Galega para a Galipedia, AGAGAL. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de setembro de 2017 ás 09:42 (UTC)
- Eu non limitaría a asociación á Galipedia nos contidos, e moito menos no nome. Estariamos excluíndo non só Commons, Wikidata, Wiktionary etc, senón tamén proxectos vindeiros. A idea sería proxectos de Wikimedia en xeral. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2017 ás 15:44 (UTC)
- Eu penso que o nome só é un "título" o que importa realmente son as accións e os obxectivos da asociación, e os obxectivos xa se aclaran nos estatutos, pero só é un comentario, máis ou menos tódolos nomes poden ser válidos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2017 ás 11:28 (UTC)
- Eu non limitaría a asociación á Galipedia nos contidos, e moito menos no nome. Estariamos excluíndo non só Commons, Wikidata, Wiktionary etc, senón tamén proxectos vindeiros. A idea sería proxectos de Wikimedia en xeral. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de setembro de 2017 ás 15:44 (UTC)
- Enviáralle xa os estatutos comentados a Estevo(aei), pero tentarei volver comentalos aquí porque non vexo ningún dos comentarios reflectidos. En canto ó nome, estaría de acordo con ACelGa, se todos temos claro que a Galipedia é so unha parte do que queremos tratar. O que non teño claro é de que sexa así, que o teñamos claro.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:19 (UTC) Por certo, non sería ACelGa, senón AColGa.
- Ola, concordo con Agremon,e aínda que podería dar moito xogo, non gosto moito de ACelGa a verdade. Estou de acordo en que é moi bo plantexamento incluir todos os proxectos baixo un paraugas común. Isto abre moitas portas a financiación de proxectos tamén a nivel europeo (por exemplo, a estratexia de Europeana recolle colaboracións con ONGs especialmente para o ámbito de proxectos relacionados coa educación e o desenvolvemento local través do patrimonio dixital). Persoalmente creo que "aberto" en lugar de libre é máis axeitado. Tamén pensaria se non nos interesaria a aparición de palabras como "cultura" e "patrimonio" á par de "coñecemento". Vou seguir co resto do texto :)Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 18:54 (UTC)
Outra proposta para o nome collendo a idea de Maria zaos, Asociación Galega para o Coñecemento Aberto, AGACOA. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2018 ás 12:53 (UTC)
Outra idea, podemos facer como noutras asociacións, ter un nome curto e un nome longo. Por exemplo podería chamarse "Asociación de amigas e amigos da Galipedia e do Coñecemento Aberto", e de nome reducido "Asociación de amigas e amigos da Galipedia", AAGal. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 12:05 (UTC)
- Como observador, apunto que tampouco a min non me convence ACELGA. Moito mellor AGACOA. --Atobar (conversa comigo) 20 de setembro de 2018 ás 12:10 (UTC)
Comentarios ó Preámbulo
[editar]Unha 'guía para os meus comentarios no sucesivo:suprimiría
engadiría
cambio e comentario illado
Estatutos
Preámbulo
A cultura é a obra colectiva da humanidade e por tanto o seu coñecemento ha de ser común: libre e accesible a cada ser humano, co propósito de poder continuar un intercambio, que nos faga máis libres e completos como persoas, e facilite unha comprensión mutua. Isto, ademáis, favorece o inercambio, o desenvolvemento persoal e a comprensión mutua.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:26 (UTC)
Agora, coa constitución desta Asociación polo Coñecemento Libre de Galicia (autónoma, tanto organicamente como xuridicamente, de calquera outra entidade tanto a nivel galego, como internacional que persiga finalidades similares), preténdese dar un apoio á actividade voluntaria, que estes colaboradores galegofalantes realizan día a día no espazo Wikipedia e nos proxectos irmáns: Wikilibros, Wikicitas, Wiktionary, Commons, Wikidata e outros similares que se poidan desenvolver no futuro, e deste xeito contribuír á consolidación do proxecto a nivel global.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:28 (UTC)
Comentarios ó artigo 1. Cataluña
[editar]No artigo 1 di que se regula polo Código Civil de Cataluña, artigo tal, pun, e iso. Habería que cambialo polo regulamento axeitado da Xunta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 12:22 (UTC)
Coa denominación Asociación polo Coñecemento Libre de Galicia (AcoLGa) constitúese esta entidade, que regula as súas actividades de acordo co que establece a Lei 4/2008, de 24 de abril, do libro terceiro do Código civil de Cataluña/hai que procurar a lei galega, relativo ás persoas xurídicas; a Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e os seus estatutos.Ou sexa, --Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:30 (UTC)
- En canto ao marco normativo, na web da Xunta todo remite á Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, agás que a asociación teña fins culturais (acho que ben poderiamos buscar como introducilo nos estatutos), nese caso afectaríalle o artigo segundo do Decreto 44/2001, de 1 de febrero, de refundición de la normativa en materia del censo de asociaciones y entidades culturales
- ."1. Podrán solicitar inscribirse en el censo las personas jurídicas legalmente constituidas, que figuren en los registros correspondientes y que estén radicadas en Galicia, siempre que sus estatutos reconozcan expresamente, de modo general y específico, los fines culturales de la entidad en cualquiera de los campos, modalidades o manifestaciones del ámbito artístico-cultural, la promoción, la investigación o conservación del patrimonio cultural gallego y la acción sociocultural. "Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 19:05 (UTC)
- Feito! cambiado por "artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo" Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 09:42 (UTC)
Comentarios ó artigo 2
[editar]Nas actividades da asociación indícase: "Contribuír a manter un centro de documentación, e unha base de datos, principalmente en formato electrónico, cos contidos propios dos proxectos e tamén con normas de funcionamento e protocolos para levar a cabo as actividades." Non entendo o que se quere dicir con isto, que centro de documentación e base de datos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 11:06 (UTC)
- Propoño eliminar esta frase, non é necesario que estea nos estatutos, se se quere facer pode facerse en calquera momento, por acordo da XD ou a Asemblea, sen necesidade de que se reflicta aquí. É o mesmo que dicir que a asociación vai ter unha páxina web para informar das súas actividades, non tería sentido poñer iso nos estatutos, iso son detalles de comunicación que non veñen ó caso neste documento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:23 (UTC)
- Todo isto, non obstante, dentro dunhas determinadas pautas, e sen prexuízo de que as diversas persoas autoras sigan a ser, polo demáis, propietarias das súas obras.
- 1. Dar soporte á coordinación de proxectos de coñecemento libre, hospedados na web oficial de Wikipedia e nos seus proxectos irmáns
, fonte de información en formato enciclopédico que é froito das achegas desinteresadas de milleiros de persoas colaboradoras, e que intenta buscar, a través dun mínimo consenso, un punto de vista neutral no tratamento dos seus contidos. Tamén dar soporte ao resto de proxectos de Wikimedia aloxados nos sitios web de Wikimedia, coñecidos como "proxectos irmáns": Wikilibros, Wikitextos, Wikicitas, Wiktionary, Wikinovas e proxectos similares que poidan ser desenvolvidos nun futuro.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:33 (UTC)
- Concordo Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:25 (UTC)
Comentarios ó artigo 3.
[editar]1. O enderezo da asociación establécese en [tal sitio], en [tal rúa/lugar].--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:35 (UTC)
- Supoño que haberá que poñer o enderezo do presidente ou o secretario... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:26 (UTC)
Comentarios ó artigo 4. Requisitos
[editar]Xa din unha lectura rápida ó texto e en xeral teñen boa pinta, salvo unha cousa que me chirría. No artigo 4 dise: "É necesario que a persoa que se queira asociar, amais de estar rexistrada cun nome de usuario/a nalgún dos proxectos de la Wikimedia Foundation Inc., colabore ou colaborase de maneira activa e habitual.". Non me parece necesario, penso que a asociación debe estar tamén aberta a xente que non sexa editor e que queira, simplemente, dar apoio ás iniciativas da asociación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de setembro de 2017 ás 12:17 (UTC)
É preciso aclarar que sucede cos menores de idade menores de 14 anos. Lles (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:23 (UTC)
- Lles, no Artigo 4. Requisitos, coméntase que hai que ser maior de 14 anos, credes que é necesario incorporar tamén ós menores de 14? Por outra banda, este artigo debe mellorarse, propoño cambialo polo que contén o modelo da Xunta:
- "1. Para adquirir a condición de persoa asociada requírese ser persoa física ou xurídica e ter interese no desenvolvemento dos fins da asociación.
- 2. As persoas físicas deben ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.
- 3. Os menores de máis de 14 anos non emancipados necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
- 4. As persoas xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 11:10 (UTC)
- Elisardojm, creo que non o pon, volvín revisar e non o atopo. Lles (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 11:44 (UTC) O que pon é "Se son persoas menores de idade con idade comprendida entre os 14 e os 18 anos e non están emancipadas, han precisar o consentimento da nai, pai ou persoa titora para ser socias de pleno dereito, con dereito ao voto nas asembleas xerais, se ben non poderán ser elixidos membros da Xunta Directiva." Eu entendo que as persoas menores de 14 non serán membros, mais literalmente, segundo os estatutos así redactados, as únicas persoas que precisarían consentimento serían as persoas entre 14 e 18. As persoas menores de 14 anos poderían ser membros sen consentimento. Eu entendo que non é o que quere dicir, mais ao ser uns estatutos, supoño que terá que poñer literalmente todo. Lles (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 12:13 (UTC)
Comentarios ó artigo 5. Dereitos dos membros
[editar]O punto 11 di: "11. Posuír un exemplar dos estatutos." Non o vexo necesario xa que é de prever que se terá unha pequena páxina web na que estarán expostos para todo o mundo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 11:29 (UTC)
- Igual nesa páxina pode haber un link de descarga en .pdf e quen queira ter os estatutos gardados nun pen drive pois tampouco custa nada. Oliveira (Conversa) 9 de agosto de 2018 ás 12:46
- Si claro, ou imprimilos na súa casa, o que importa é que estean a disposición de todo o mundo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2018 ás 11:23 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño eliminar este artigo. Canto máis simples sexan os estatutos e cantas menos cousas innecesarias conteñan, mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:07 (UTC)
Comentarios ó artigo 6. Obrigas dos membros
[editar]Nas obrigas indícase que os membros terán que contribuír con derramas. Non o vexo necesario, en caso que a asociación precise recursos deberá pedilos, ós socios, a entidades, etc, pero non xerar unha "obriga" especial ós socios... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 11:32 (UTC)
- Volve engadirse o das derramas no artigo 28. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 08:27 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño eliminar esta obriga. Canto máis simples sexan os estatutos e cantas menos cousas innecesarias conteñan, mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:07 (UTC)
Comentarios ó artigo 10. Facultades da asemblea
[editar]No apartado 9 dise: "9. Coñecer as solicitudes presentadas para ser socio ou socia, e tamén as altas e as baixas de persoas asociadas por unha razón diferente da separación definitiva.". Non vexo necesario detallar isto nos estatutos, indicar isto neste documento é unha "obriga formal" que penso que non é necesaria. Obviamente na asemblea a Xunta Directiva terá que informar do número de altas e baixas de socios, sen entrar en grandes detalles, pero isto non vexo necesario que se precise indicar nos estatutos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de setembro de 2017 ás 11:42 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño eliminar este artigo. Canto máis simples sexan os estatutos e cantas menos cousas innecesarias conteñan, mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:08 (UTC)
Comentarios ó artigo 11. Asemblea
[editar]Dise aquí que a asemblea será preferentemente entre xaneiro e marzo. Outro detalle que considero que non é necesario indicar nos estatutos. Si, di preferentemente, que necesidade hai de poñelo aqui? O importante é que hai que facer unha anual. É por simplificar os estatutos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 09:42 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta que tamén indica que a asemblea se realizará dentro dunhas datas determinadas entendo que debe ser unha obriga e que hai que manter isto. Pero propoño cambiar as datas, entre xaneiro e marzo o tempo dispoñible é reducido, cambio de ano, aniversario da Galipedia, etc, por iso penso que sería mellor indicar que se fará entre marzo e maio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:13 (UTC)
- Concordo—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversa • contribucións) 10 de agosto de 2018 ás 08:50
Comentarios ó artigo 12. Convocatoria Asemblea
[editar]Neste apartado dise que os socios teñen que estar subscritos a unha lista de distribución. Isto tampouco creo que deba estar nos estatutos e non é necesario. Unha lista de distribución é unha ferramenta de comunicación, de relación, non pode ser unha obriga para os socios, e ademais é redundante porque no mesmo artigo xa se indica que se comunicará de forma individual por correo electrónico ou carta. Dúas razóns para eliminar isto, a terceira, simplificar os estatutos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 09:47 (UTC)
- Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño eliminar esa parte do artigo. Canto máis simples sexan os estatutos e cantas menos cousas innecesarias conteñan, mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:28 (UTC)
3. As reunión da Asemblea Xeral estarán presididas polo presidente ou presidenta da asociación. Se non estivese presente, será substituído ou substituída, sucesivamente, polo tesoureiro ou tesoureira ou polo vogal de máis idade da Xunta. Actuará como secretario ou secretaria quen ocupe dito cargo na Xunta Directiva, e na súa ausencia, a persoa de menor idade presente--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:38 (UTC)
- Agremon, non creo que sexa axeitado poñer que o secretario sexa a persoa de menor idade, ten en conta que podería ser un menor, o mellor sería dicir que sexa "a persoa de maior idade". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:40 (UTC)
- É a redacción 'típica'.Pero coido que o caso é que estea ben clariño.--Agremon(contacto) 10 de setembro de 2018 ás 11:58 (UTC)
Comentarios ó artigo 13. Desenvolvemento Asemblea
[editar]Aquí coméntase que a asemblea só pode adoptar acordos respecto ós puntos da orde do día. Isto é realmente obrigatorio? Se no apartado de Rogos e preguntas sae unha proposta que é votada e aceptada, iso non sería posible? Se non é estritamente obrigatorio tamén voto por eliminar iso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 09:51 (UTC)
- Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño eliminar esta restrición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:17 (UTC)
1. A Asemblea Xeral constitúese validamente sexa cal sexa o número de persoas asociadas presentes ou representadas. Isto entendo que é ilegal tan e como está redactado, sen esperar a unha segunda convocatoria.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:40 (UTC)
- Concordo con Agremon, o habitual é ter un quorum na primeira convocatoria e creo que na segunda convocatoria podería levantarse ese limite. Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2018 ás 19:20 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño modificar este artigo do xeito: "A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa. ". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:17 (UTC)
Comentarios ó artigo 14.
[editar]2. Os acordos tómanse por maioría simple de votos das persoas socias presentes ou representadas. En caso de empate, decide o voto presidencial.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:45 (UTC)
- Agremon, isto non é necesario, no artigo 22 dise que o presidente ten voto de calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:19 (UTC)
Comentarios ó artigo 15
[editar]En canto á elección da xunta directiva, no punto 2 só se menciona que se "fai por votación da Asemblea Xeral". Por experiencia na asociación na que estou, aconsello especificar un chisquiño máis (ou está noutro apartado?). Máis ca nada por indicar cando se candidata a xente aos postos (e sabelo con antelación) ou como se procede á elección (sistema de votación). Para o primeiro suxiro que os/as interesados/as se candidaten un mes antes. Sobre da votación, unha opción é votar cargo por cargo con elección por minoría simple. Outra é elixir un/unha presidente, e que este/a elixa aos demais membros da súa directiva. A asemblea deberíaos ratificar a posteriori, iso si. Coméntoo para evitar problemas elixindo a directiva por falta de asistencia, ter que decidir en cada momento como votar, resolver empates etc. Na súa hora fixemos un sistema de votación electrónico para esa asociación na que estou, pero igual é demasiado revirado :P Déixoo aquí por se serve para comparar ou reciclar (PDF) :) Mgl.branco (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 07:44 (UTC)
- Mgl.branco, estes detalles irán no regulamento de réxime interno para simplificar os estatutos, ademais así calquera modificación que se queira facer nese apartado non terá que rexistrarse de novo, só terá que ser aprobado en Asemblea, aforrando as taxas asociadas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2018 ás 12:11 (UTC)
Comentarios ó artigo 17. Facultades da Xunta
[editar]Dise: "Propoñer á Asemblea Xeral a defensa do establecemento das cotas". Propoñer a defensa? Non o entendo ou hai un problema. Eu diría simplemente "Propoñer á Asemblea Xeral o establecemento das cotas". Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 09:59 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño cambiar a redacción por: "Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:30 (UTC)
10. Levar a cabo as xestións necesarias ante organismos públicos, entidades e outras persoas, para conseguir:
-subvencións ou outras axudas
o uso de locais ou edificios, para mellor cumprimento das finalidades.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:42 (UTC)
Comentarios ó artigo 19
[editar]2. Os membros da Xunta Directiva están obrigados a asistir a todas as reunións que se convoquen, aínda que, por causas xustificadas, poden escusar a súa asistencia. A asistencia do/a presidente/a ou do/a secretario/a ou das persoas que os substitúan é necesaria sempre. Entendo que aquí hai unha contradición.--Agremon(contacto) 25 de setembro de 2017 ás 18:46 (UTC)
Baseándome neste modelo de estatutos da Xunta propoño cambiar a redacción dos tres primeiros apartados deste artigo por:
"1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría simple de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa. O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas. ". Saúdos,--Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:39 (UTC)
Concordo --Agremon(contacto) 29 de agosto de 2018 ás 19:04 (UTC)
Comentarios ó artigo 21. Libro de Actas
[editar]Teño unha dúbida, se a Xunta pode reunirse por videoconferencia, como se fai para firmar o libro de actas? Se isto non é un requisito da lei de asociacións penso que tamén sería mellor eliminalo. As actas da XD poden publicarse na wiki da asociación para que as consulten os socios que queiran. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2017 ás 10:04 (UTC)
- Quito este comentario, no modelo da Xunta indícase o uso do libro de actas, supoño que se a reunión é por videoconferencia o libro firmarase en canto se teña ocasión poñendo a data de cando se fixo a reunión. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:56 (UTC)
Cambios necesarios
[editar]Para cambiar | Proposta | Estado (Pendente/Amañado/En revisión) |
---|---|---|
a nivel (en tres ocasións) | Segundo https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos substituír por no ámbito (de), con respecto a, en termos de | Amañado |
que regula as súas actividades de acordo co que establece a Lei 4/2008, de 24 de abril, do libro terceiro do Código civil de Cataluña [cómpre adaptar este punto á lexislación galega], relativo ás persoas xurídicas; a Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e os seus estatutos. | http://cpapx.xunta.gal/ http://cpapx.xunta.gal/asociacions/consitucion que regula as súas actividades ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable | Amañado |
autoras das mesmas | autoras destas | Amañado |
Facer servir os contidos | Utilizar os contidos | Amañado |
propoñendo a celebración | https://wikidog.xunta.gal/ En https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos propón evitar o uso abusivo de celebrar. Tamén de celebración? | Pendente. Que propós? |
xornadas de estudio | xornadas de estudo | Amañado |
para un mellor cumprimento | https://wikidog.xunta.gal/ En https://wikidog.xunta.gal/index.php/Glosario_de_expresi%C3%B3ns_e_termos cumprimentar ten só unha acepción, tamén para cumprimento? Comprobar con http://academia.gal/dicionario/-/termo/cumprimento | Pendente. Que propós? |
28. | 8. | Pendente. Non atopado. |
[tal sitio], en [tal rúa/lugar] | Por determinar | Pendente |
dos proxectos de la | dos proxectos da | Amañado |
máis [plena] a vida | Texto da cela | Pendente. Quitamos os []? |
poderá propoñer á Asemblea | poderá propoñerlle á Asemblea | Amañado |
deixar de formar parte das mesmas. | deixar de formar parte destas. | Amañado |
a reunión se celebra | a reunión se realiza | Amañado |
As reunión | As reunións | Amañado |
poden solicitar ao órgano | poden solicitarlle ao órgano | Amañado |
A Xunta Directiva, convocada previamente polo/a presidente/a ou pola persoa que o/a substitúa | A Xunta Directiva, convocada previamente polo/a presidente/a ou pola persoa que a substitúa | Amañado |
que a reunión se celebra | que a reunión se realiza | Amañado |
O/A secretario/a | O/a secretario/a | Amañado |
mentres que as persoas encargadas das mesmas | mentres que as persoas encargadas destas | Amañado |
que se han de abonar | que se han de aboar | Amañado |
con audiencia previa do(s)/a(s) presunto(s)/a(s) persoas infractoras | con audiencia previa da(s) presunta(s) persoa(s) infractora(s) | Amañado |
—o anterior comentario sen asinar foi feito por Unhanova (conversa • contribucións) 19 de outubro de 2017 ás 13:28
- Unhanova, amañei as cousas que puiden desta táboa, cando teñas un momento, revisa as que quedan pendentes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:03 (UTC)
Artigo 31
[editar]"Contra as sancións por faltas graves e moi graves acordadas pola Xunta Directiva, as persoas interesades (interesadas) poden presentar recurso..." --MAGHOI (conversa) 24 de outubro de 2017 ás 17:45 (UTC)
- Feito! Grazas polo aviso MAGHOI, por outra banda, estes erros ortográficos poden ser arranxados por calquera usuario :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:43 (UTC)
Cotas
[editar]Ollando o modelo_xeral_estatutos_asociacions.docx penso que habería que sinalar un número determinado de cotas para deixar de ser considerada socia/o. Unhanova (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 11:13 (UTC)
- Concordo Propoño que esta perda da condición de socio se estableza en tres cotas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:54 (UTC)
Comparar co modelo
[editar]Supoño que habería que ir punto por punto vendo se están todos os requisitos imprescidíbais do modelo que dá a Xunta. Non sei se é importante que estean exactamente nos puntos que sinalan. No modelo, por exemplo, pon a natureza asociativa e sen ánimo de lucro no artigo 1. Collemos ese modelo por se nos queda algo atrás? Unhanova (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 11:19 (UTC)
- Paréceme ben, o enderezo dese documento é este, nos vindeiros días irei comparando estes estatutos cos dese modelo e achegando as propostas de cambio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 08:48 (UTC)
- Falta o seguinte artigo e propoño engadilo:
- "Personalidade e capacidade
- A asociación constituída ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ao establecido no ordenamento xurídico." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:09 (UTC)
- Falta o seguinte artigo e propoño engadilo:
- Discordo coido que non é necesario Agremon(contacto) 29 de agosto de 2018 ás 19:22 (UTC)
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- "Duración
- A asociación constitúese por tempo indefinido e rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:12 (UTC)
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- Discordo coido que non é necesario Agremon(contacto) 29 de agosto de 2018 ás 19:22 (UTC)
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- "Contas anuais
- 1. Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico, elaboraranse as contas anuais, expresivas da situación patrimonial e contable da asociación, así como unha memoria das actividades realizadas. Esta documentación estará a disposición das persoas asociadas, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a súa aprobación en Asemblea.
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- 2. A Xunta directiva levará os correspondentes libros de contabilidade, que permitan obter unha imaxe fiel do patrimonio, o resultado e a situación financeira da asociación." Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:52 (UTC)
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- "Facultades da Asemblea Xeral extraordinaria
- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
- a) Modificar os estatutos da asociación, incluído o cambio de domicilio.
- b) Acordar a transformación da asociación.
- c) Acordar a fusión da asociación.
- d) Acordar a disolución da asociación e designar as persoas liquidadoras.
- e) As que sendo competencia da Asemblea Xeral Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria.
- f) Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ordinaria ou a Xunta Directiva." Saúdos,
- Falta tamén este artigo, propoño engadilo:
- Feito! Hai algunhas diferenzas máis pero non me pareceron significativas, por exemplo o do réxime interno (non o vexo necesario, tódolos temas deste tipo poden ser levados pola XD se aparecen), repiten de novo que os ingresos son para as actividades e non poden destinarse ó lucro, vogais e vicepresidente que non precisamos polo momento, e logo pequenos detalles de redacción nos artigos.
- Fixen unha fusión dalgúns artigos para axeitar os estatutos ó modelo da Xunta e engadín un título a cada artigo para que se poidan atopar e referenciar de forma máis doada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 11:01 (UTC)
Asociación de Wikipedistas Vascos
[editar]Como podedes ver aquí, os wikipedistas vascos crearon "Asociación de Wikipedistas Vascos" no ano 2016. O que non teño claro ó ter ese nome, é se poden ser socios tamén os que non son editores. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 02:16 (UTC)
Comentarios ao artigo 20
[editar]"1. A Xunta Directiva pode delegar algunha das súas facultades nunha ou varias comisións ou grupos de traballo se conta, para facelo, co voto favorable de dous terzos dos seus membros.
2. Tamén pode nomear, co mesmo quórum, un ou uns cantos mandatarios para exercer a función que lles confíe coas facultades que considere oportuno conferirlles en cada caso.--> cambiar a:
- 1.A Xunta Directiva pode delegar algunha das súas facultades nunha ou varias comisións ou grupos de traballo se conta, para facelo, co voto favorable de dous terzos dos seus membros.
- 2.Tamén pode delegar, co voto favorable de 2/3 dos seus membros, nunha ou varias persoas a título individual a execución de determinadas funcións coas facultades que considere oportuno conferirlles en cada caso.
- 3.A Xunta non pode delegar en ningún caso as funcións de retirada de fondos de contas bancarias.
----Maria zaos (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 09:04 (UTC)
Concordo --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 09:19 (UTC)
Concordo É certo que a necesidade non está moi clara, mais pode evitar choques. Agremon(contacto) 29 de agosto de 2018 ás 19:25 (UTC)
Pasos para o rexistro da asociación na Xunta
[editar]Segundo esta páxina da Xunta de Galicia os documentos necesarios para dar de alta unha asociación no seu rexistro son os seguintes:
- Solicitude de inscrición inicial formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
- Acta fundacional: dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras. Creei a Usuario:Estevoaei/Acta fundacional, aínda que non é gran cousa e pode facerse no mesmo momento da constitución.
- Estatutos: dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras en todas as páxinas.
- Copia do NIF da asociación. Haberá que solicitalo cando así que se cree a asociación.
- Xustificante do pago da taxa correspondente, que, segundo isto, creo que son 36,09 leuros.
Como fan falta dous exemplares orixinais para o rexistro da asociación, entendo que haberá que imprimir e firmar tres copias, para poder quedar nós con unha polo menos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 12:33 (UTC)
Nesta ligazón tamén se explican os pasos a seguir, ten ligazóns ó rexistro electrónico de asociacións que pode ser interesante para facilitar o trámite. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2018 ás 15:23 (UTC)
De 1 a 10, by Sobreira
[editar]Nome: WikiGal; Amigal;
- coñecemento libre: ACoLGa; AGaCoL; AmiCoL; (A)GruDeCoL; AsCoLiGa; AsGaCoLi; SoCoLiGa; SoGaCoLi; AAACoL=A3CoL; IrCoLi; IrDeCoL; GaliCoL; CoLGa(l); "bró"CoLi
- coñecemento aberto: ACoAGa; AGaCoA; AmiCoA; (A)GruDeCoA; AsCoAGa; AsGaCoA; SoCoAGa; SoGaCoA; AAACoA=A3CoA; IrCoA (írcoa); IrDeCoA; GaliCoA; CoAGa(l); CoA"La"; "la"CoA"da"
Preámb
- e colaborar para o desenvolvemento do coñecemento libre en galego, axudar para a comunicación entre os seus defensores, tanto públicos como privados, institucionais ou persoais, e tanto en Galicia, Asturias, León, Zamora e Cáceres como na emigración e promover a filosofía e ética que se deriva de compartir universalmente o coñecemento entre as persoas.
2 Fins
- Wikimedia POR Wikipedia
- regrada POR regulada
- dividiría os fins das actividades
- 3 un mellor cumprimento dos obxectivos/fins
- 7 como tanto POR tanto
4 Requisitos
- recomendable POR necesario
- explicitación do caso dos menores de 14
5 Dereitos
- 11 ter dispoñible POR posuír
- non son partidario de eliminalo, cómpre saber os dereitos que se teñen
6 Deberes
- non ás derramas, si ó resto
8 outros membros
- autonomía da AX para propoñer m. honorarios
- quen determina os membros colaboradores?
9 AX
- Quen forma parte da AX?
- a XD tamén forma parte da XD
10 facs da AX
- 10.2 membros do órg de gob? POR membros da XD
- 10.2 separar??
- 10.10 calquera outro POR algún outro —o anterior comentario sen asinar foi feito por Sobreira (conversa • contribucións) 20 de setembro de 2018 ás 13:10
Nota de prensa código Cero
[editar]Nace A3Gal, a Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre
O pasado sábado 22 de setembro tivo lugar en Santiago a constitución da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre (A3Gal). Un grupo de galipedistas reuniuse no Centro Sociocultural das Fontiñas para rematar un acordo sobre o nome, os fins e outros puntos dos estatutos. A pesar de que na propia Wikipedia os estatutos se trataron longamente, a xuntanza prolongouse ata o remate da tarde tentando conseguir o mellor acordo posible.
As persoas reunidas, constituídas en xunta xestora ó asinar os papeis para a legalización, vense acompañadas doutras que non estiveron en Compostela pero que xa participaron na elaboración dos estatutos.
Como consta no preámbulo, a asociación é autónoma en relación a calquera outra entidade, e pretende ‘dar un apoio á actividade voluntaria, que os colaboradores galegofalantes realizan día a día no espazo Wikipedia e nos proxectos irmáns’, estendendo o seu apoio a todo o coñecemento libre en galego. Así, os fins son:
“1. Contribuír a que o saber e a cultura sexan accesibles para todas as persoas, a través da difusión directa de enciclopedias, libros, imaxes e outras compilacións de documentos que se presenten nun formato libre.
2. Difundir as obras que fosen liberadas polas persoas autoras destas con licenza libre, é dicir, cun formato libre e gratuíto, de tal xeito que en relación co seu contido, calquera persoa poida acceder, con liberdade para:
- utilizar os contidos e desfrutar dos proveitos do seu uso;
- estudar os contidos e aplicar os coñecementos que se deriven;
- facer copias e volver redistribuílas; e
- modificar os contidos e facer unha nova distribución das obras derivadas.
Todo isto sen prexuízo de que as diversas persoas autoras sigan a ser propietarias das súas obras.
3. Converterse nun nodo máis deste intercambio de coñecementos universal, achegando contidos xerados pola nosa propia cultura, e en lingua galega.”
A asociación pretende espallarse e estar activa tanto na rede como de xeito presencial, continuando con actividades que o grupo inicial xa viña realizando como amigos con intereses comúns. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversa • contribucións) 24 de setembro de 2018 ás 08:32
Protección
[editar]Protexín a páxina porque estes son os estatutos que se firmaron e os que se van a rexistrar, non se poden modificar xa, se hai que facer algunha modificación xa sería cousa de facelo nunha Asemblea Xeral. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2018 ás 22:11 (UTC)
Protección de novo
[editar]HombreDHojalata, cando teñas un momento, podes protexer esta páxina e a de Acta fundacional da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 16:40 (UTC)
- Eli: duración e para quen? a autoconfirmados? administradores? --HombreDHojalata (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 16:47 (UTC)
- HombreDHojalata, polo momento, para sempre e só administradores, xa que estes son os documentos que se firmaron. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 21:25 (UTC)