Saltar ao contido

Constitución española de 1931/Título preliminar

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Constitución Española: Título preliminar       Cortes Españolas      
 


Constitución de la República Española, 1931 (PDF).

Título preliminar: Disposicións xerais

[editar]

Artigo 1

[editar]

España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza.
Os poderes de tódolos seus órganos emanan do pobo.
A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións.
A bandeira da República española é vermella, amarela e morada.

Artigo 2

[editar]

Tódolos españois son iguais ante a lei.

Artigo 3

[editar]

O Estado español non ten relixión oficial.

Artigo 4

[editar]

O castelán é o idioma oficial da República.
Todo español ten a obriga de sabelo e dereito de usalo, sen perxuízo dos dereitos que as leis do Estado recoñezan ás linguas das provincias ou rexións.
Salvo o que se dispoña en leis especiais, a ninguén se lle poderá esixir o coñecemento nin o uso de ningunha lingua rexional.

Artigo 5

[editar]

A capitalidade da República fíxase en Madrid.

Artigo 6

[editar]

España renuncia á guerra como instrumento de política nacional.

Artigo 7

[editar]

O Estado español acatará as normas universais do Dereito internacional, incorporándoas ó seu dereito positivo.

Anterior:
Constitución española de 1931 Seguinte:
Título I