Saltar ao contido

Constitución española de 1931/Título V

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Constitución Española:Título V       Cortes Españolas      
 


TÍTULO V: Presidencia da República

[editar]

Artigo 67

O Presidente da República é o xefe do Estado e personifica á Nación.

A lei determinará a súa dotación e as súas honras, que non poderán ser alteradas durante o período da súa maxistratura.

Artigo 68

O Presidente da República será elixido conxuntamente polas Cortes e un número de compromisarios igual ao de Deputados.

Os compromisarios serán elixidos por sufraxio universal, igual, directo e segredo, conforme ao procedemento que determine a lei. Ao Tribunal de garantías Constitucionais corresponde o exame e aprobación dos poderes dos compromisarios.

Artigo 69

Só serán elegibles para a Presidencia da República os cidadáns españois maiores de corenta anos que se achen no pleno goce dos seus dereitos civís e políticos.

Artigo 70

Non poderán ser elexíbeis nin tampouco propostos para candidatos:

a) Os militares en activo ou na reserva, nin os retirados que non leven dez anos, cando menos, na devandita situación.

b) Os eclesiásticos, os ministros das varias confesións e os relixiosos profesos.

c) Os membros das familias reinantes ou ex reinantes de calquera país, sexa cal for o grao de parentesco que lles una co xefe das mesmas.

Artigo 71

O mandato do Presidente da República durará seis anos.

O Presidente da República non poderá ser reelixido até transcorridos seis anos do termo do seu anterior mandato.

Artigo 72

O Presidente da República prometerá ante as Cortes, solemnemente reunidas, fidelidade á República e á Constitución. Prestada esta promesa, considerarase iniciado o novo período presidencial.

Artigo 73

A elección de novo Presidente da República celebrarase trinta días antes da expiración do mandato presidencial.

Artigo 74

En caso de impedimento temporal ou ausencia do Presidente da República, substituirao nas súas funcións o das Cortes, quen será substituído nas súas polo Vicepresidente do Congreso. Do mesmo xeito, o Presidente do Parlamento asumirá as funcións da Presidencia da República, se esta quedase vacante; en tal caso será convocada a elección de novo Presidente no prazo improrrogable de oito días, conforme ao establecido no Artigo 68, e celebrarase dentro dos trinta seguintes á convocatoria.

Aos exclusivos efectos da elección de Presidente da República, as Cortes, aínda estando disoltas, conservan os seus poderes.

Artigo 75

O Presidente da República nomeará e separará libremente ao Presidente do Goberno, e, a proposta deste, aos Ministros. Haberá de separalos necesariamente no caso de que as Cortes lles negaren de modo explícito a súa confianza.

Artigo 76

Corresponde tamén ao Presidente da República:

a) Declarar a guerra, conforme aos requisitos do Artigo seguinte, e asinar a paz.

b) Conferir os empregos civís e militares e expedir os títulos profesionais, de acordo coas leis e os regulamentos.

c) Autorizar coa súa sinatura os decretos, referendados polo Ministro correspondente, previo acordo do Goberno, podendo o Presidente acordar que os proxectos de decreto se sometan ás Cortes, se crer que se opoñen a algunha das leis vixentes.

d) Ordenar as medidas urxentes que esixa a defensa da integridade ou a seguridade da Nación, dando inmediata conta ás Cortes.

e) Negociar, asinar e ratificar os Tratados e Convenios internacionais sobre calquera materia e vixiar o seu cumprimento en todo o territorio nacional.

Os Tratados de carácter político, os de comercio, os que supoñan gravame para a Facenda pública ou individualmente para os cidadáns españois e, en xeral, todos aqueles que esixan para a súa execución medidas de orde lexislativa, só obrigarán á Nación se foron aprobados polas Cortes.

Os proxectos de Convenio da organización internacional do Traballo serán sometidos ás Cortes no prazo dun ano e, en caso de circunstancias excepcionais, de dezaoito meses, a partir da clausura da Conferencia en que fosen adoptados.

Unha vez aprobados polo Parlamento, o Presidente da República subscribirá a ratificación, que será comunicada, para o seu rexistro, á Sociedade das Nacións.

Os demais Tratados e Convenios internacionais ratificados por España, tamén deberán ser rexistrados na Sociedade das Nacións, con arranxo ao Artigo 18 do Pacto da Sociedade, aos efectos que nel se preveñen.

Os Tratados e Convenios secretos e as cláusulas secretas de calquera Tratado ou Convenio non obrigarán á Nación.

Artigo 77

O Presidente da República non poderá asinar declaración algunha de guerra senón nas condicións prescritas no Pacto da Sociedade das Nacións, e só unha vez esgotados aqueles medios defensivos que non teñan carácter bélico e os procedementos xudiciais ou de conciliación e arbitraxe establecidos nos Convenios internacionais de que España for parte, rexistrados na Sociedade das Nacións.

Cando a Nación estivese ligada a outros países por Tratados particulares de conciliación e arbitraxe, aplicaranse estes en todo o que non contradigan os Convenios xerais.

Cumpridos os anteriores requisitos, o Presidente da República haberá de estar autorizado por unha lei para asinar a declaración de guerra.

Artigo 78

O Presidente da República non poderá cursar o aviso de que España se retira da Sociedade das Nacións senón anunciándoo coa antelación que esixe o Pacto desa Sociedade, e mediante previa autorización das Cortes, consignada nunha lei especial, votada por maioría absoluta.

Artigo 79

O Presidente da República, a proposta do Goberno, expedirá os decretos, regulamentos e instrucións necesarios para a execución das leis.

Artigo 80

Cando non se ache reunido o Congreso, o Presidente, a proposta e por acordo unánime do Goberno e coa aprobación dos dous terzos da Deputación permanente, poderá estatuír por decreto sobre materias reservadas á competencia das Cortes, nos casos excepcionais que requiran urxente decisión, ou cando o demande a defensa da República. Os decretos así ditados terán só carácter provisional, e a súa vixencia estará limitada á vez que tarde o Congreso en resolver ou lexislar sobre a materia.

Artigo 81

O Presidente da República poderá convocar o Congreso con carácter extraordinario sempre que o estime oportuno.

Poderá suspender as sesións ordinarias do Congreso en cada lexislatura só por un mes no primeiro período e por quince días no segundo, sempre que non deixe de cumprirse o preceptuado no art. 58.

O Presidente poderá disolver as Cortes até dúas veces como máximo durante o seu mandato cando o estime necesario, suxeitándose ás seguintes condicións:

a) Por decreto motivado.

b) Acompañando ao decreto de disolución a convocatoria das novas eleccións para o prazo máximo de sesenta días. No caso de segunda disolución, o primeiro acto das novas Cortes será examinar e resolver sobre a necesidade do decreto de disolución das anteriores. O voto desfavorable da maioría absoluta das Cortes levará aneja a destitución do Presidente.

Artigo 82

O Presidente poderá ser destituído antes de que expire o seu mandato. A iniciativa de destitución tomarase a proposta do tres quintas partes dos membros que compoñan o Congreso, e dende ese instante o Presidente non poderá exercer as súas funcións.

No prazo de oito días convocarase a elección de compromisarios na forma previda para a elección de Presidente. Os compromisarios reunidos coas Cortes decidirán por maioría absoluta sobre a proposta destas.

Se a Asemblea votare contra a destitución, quedará disolto o Congreso. En caso contrario, esta mesma Asemblea elixirá o novo Presidente.

Artigo 83

O Presidente promulgará as leis sancionadas polo Congreso, dentro do prazo de quince días, contados desde aquel en que a sanción lle foi oficialmente comunicada.

Se a lei se declarase urxente polas dúas terceiras partes dos votos emitidos polo Congreso, o Presidente procederá á súa inmediata promulgación.

Antes de promulgar as leis non declaradas urxentes, o Presidente poderá pedir ao Congreso, en mensaxe razoada, que as someta a nova deliberación. Se volvesen ser aprobadas por unha maioría de dous terzos de votantes, o Presidente quedará obrigado a promulgalas.

Artigo 84

Serán nulos e sen forza algunha de obrigar os actos e mandatos do Presidente que non estean referendados por un Ministro.

A execución dos devanditos mandatos implicará responsabilidade penal.

Os Ministros que referenden actos ou mandatos do Presidente da República asumen a plena responsabilidade política e civil e participan da criminal que deles poida derivarse.

Artigo 85

O Presidente da República é criminalmente responsable da infracción delituosa das súas obrigacións constitucionais.

O Congreso, por acordo das tres quintas partes da totalidade dos seus membros, decidirá se procede acusar o Presidente da República ante o Tribunal de Garantías Constitucionais.

Mantida a acusación polo Congreso, o Tribunal resolverá se a admite ou non. En caso afirmativo, o Presidente quedará, desde logo, destituído, procedéndose a nova elección, e a causa seguirá os seus trámites.

Se a acusación non fose admitida, o Congreso quedará disolto e procederase a nova cdose a nueva elección, y la causa seguirá sus trámites.

Si la acusación no fuese admitida, el Congreso quedará disuelto y se procederá a nueva convocatoria.

Una ley de carácter constitucional determinará el procedimiento para exigir la responsabilidad criminal del Presidente de la República.

Anterior:
Título IV
Constitución española de 1931 Seguinte:
Título VI