Constitución española de 1931/Título II
Constitución Española: Título II Cortes Españolas
Titulo II: Nacionalidade
[editar]Artigo 23
[editar]Son españois:
1. Os nados, dentro ou fora de España, de pai ou nai españois.
2. Os nados en territorio español de pais estranxeiros, sempre que opten pola nacionalidade española na forma que as leis determinen.
3. Os nados en España de pais descoñecidos.
4. Os estranxeiros que obteñan carta de natureza e os que sen ela teñan gañado vecindade en calquera pobo da República, nos termos e condicións que prescriban as leis.
A estranxeira que case con español conservará a súa nacionalidade de orixe ou adquirirá a do seu marido, previa opción regulada polas leis dacordo cos Tratados internacionais.
Unha lei establecerá o procedemento que facilite a adquisición da nacionalidade ás persoas de orixen español que residan no estranxeiro.
Artigo 24
[editar]A calidade de español pérdese:
1. Por entrar ó servizo das armas dunha potencia estranxeira sen licenza do Estado español, ou por aceptar emprego doutro Goberno que leve anexo o exercicio de autoridade ou xurisdición.
2. Por adquirir voluntariamente natureza en país estranxeiro.
A base dunha reciprocidade internacional efectiva, e mediante os requisitos e trámites que fixará unha lei, concederase cidadanía ós naturais de Portugal e países hispánicos de América, comprendido o Brasil, cando así o soliciten e residan en territorio español, sen que perdan nin modifiquen, a súa cidadanía de orixe.
Nestos mesmos países, se as súas leis non o prohíben, aínda cando non recoñezan o dereito de reciprocidade, poderán naturalizarse os españois sen perder a súa nacionalidade de orixe.
Anterior: Título I |
Constitución española de 1931 | Seguinte: Título III |