Carta Departamental pola Lingua Catalá
Carta Departamental pola Lingua Catalá Consello Xeral dos Pirineos Orientais
PREAMBULO
A lingua catalá, nada fai mil anos, é un dos piares da nosa identidade, do patrimonio e da riqueza de Cataluña do Norde.
As sondaxes sociolingüísticas subliñan o feito que ao comezo do século XXI, nunha perspectiva de modernidade e de garantía de futuro, os habitantes permanecen interesados e fieis á lingua catalá.
Hoxe e nos vindeiros anos, a supervivencia da lingua catalá é un reto cultural, económico, político e humano de primeira importancia.
De antemán, convén afirmar que:
A política de promoción da lingua catalá non se fai en detrimento da lingua francesa; o recoñecemento oficial do catalán e o bilingüismo non perxudica a existenza nin o carácter oficial do francés. Non ameaza a unidade nacional
A política lingüística a favor do catalán basease no incentivo e o apoio e non na obrigación: non se obriga a ninguén a aprender catalán.
A lingua catalá é o patrimonio e o medio de expresión de toda a poboación e non está reservada aos especialistas.
O recoñecemento do catalán e a política lingüística a favor do bilingüismo baseanse sobre os principios universais de respecto, de diversidade e de igualdade entre tódalas linguas tal e como figura en:
A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos: «o universalismo ten que basearse nunha concepción da diversidade lingüística e cultural que supere agora as tendencias homoxeneizadoras e as tendencias de illamento exclusivista ».
A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos « Todas as comunidades lingüísticas teñen o dereito de dispor dos medios necesarios para asegurar a trnsmisión e a proxección futuras da lingua ».
O Convenio Europeo de Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais: « o dereito de practicar unha lingua rexional ou minoritaria, na vida privada ou pública, constitúe un dereito imprecindíbel. »
A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias: « a protección das linguas rexionais ou minoritarias históricas de Europa, algunhas das cales atópanse en risco de desaparición co paso do tempo, contribúe a manter e desenvolver as tradicións e a riqueza cultural de Europa. »
Por mor do rexeitamento do goberno francés a facer ratificar e aplicar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, a lingua catalá atópase hoxe sen ningún marco xurídico que permita a súa preservación e o seu desenvolvemento: as colectividades territoriais e o Estado han de protexer o patrimonio cultural que constitúe o catalán e de facilitalo no estudo científico e o uso.
O Consello Xeral agradece o apoio dos Deputados españois –mediante a aprovación dunha moción- á demanda recorrente de ratificación da Carta polo Estado Francés.
Polo conxunto de todas estas razóns, o Consello Xeral desexa comprometerse cunha carta que define os fundamentos dunha política lingüística e de recoñecemento da lingua catalá.
ARTIGO 1:
O Consello Xeral dos Pirineos Orientais recoñece oficialmente, a carón da lingua francesa, ao catalán como a lingua do departamento.
Comprométese a ser un dos actores da transmisión da lingua e da cultura catalás.
ARTIGO 2:
O Consello Xeral dos Pirineos Orientais recoñece ao Institut d'Estudis Catalans como a autoridade lingüística e Academia da Lingua Catalá para o conxunto do dominio lingüístico catalán.
O Consello Xeral comprométese de feito a cumprir as normas lingüísticas establecidas polo Institut d'Estudis Catalans.
ARTIGO 3:
Os obxectivos da Carta Departamental pola Lingua Catalá son:
- garantir a supervivencia e a transmisión da lingua catalá, o que implica a inversión da tendencia de perda de falantes catalanofalantes;
- permitir o emprego do catalán para cada habitante do departamento que o desexe: aprender, sentir, falar e ler o catalán;
- asegurar a presenza da lingua catalá nos ámbitos da vida pública e social grazas ao desenvolvemento do bilingüismo;
- contribuir á integración dos recén chegados e participar na cohesión social e no desenvolvemento económico do departamento grazas ao respecto da personalidade lingüística e cultural catalá.
ARTIGO 4:
De xeito xeral, todas as estructuras departamentais (servizos, administracións, organismos asociados) integran a dimensión da lingua catalá nas súas funcións e atribucións, cunha atención particular pola comunicación co público e a rotulación.
ARTIGO 5:
O ensino e a peza central de calquera política lingüística: é a ferramenta básica e imprencindíbel da transmisión do catalán á mocidade. O Consello Xeral fíxase como prioridades os puntos seguintes:
- axuda á apertura de clases bilingües
- xeralización da sensibilización a todos os nenos
- axuda ao desenvolvemento da formación para alumnos
ARTIGO 6:
O Consello Xeral integra o principio xeral de bilingüísmo e/o presenza do catalán sobre os soportes sinalécticos e equipamentos da súa competencia. O Consello Xeral establece convenios con outras institucións: Estado, Generalitat... para aplicar estes principios na rotulación presente no territorio e que non sexa da súa competencia.
ARTIGO 7:
A lingua catalá non se limita a unha disciplina escolar. Ten que garantirse e fomentarse a súa presenza en todos os niveis da vida pública e social.
Así, o Consello Xeral desenvolve a presenza do catalán nos seus servizos, nos documentos que emite (invitacións, boletíns, programas, Internet...), nas campañas e nas operacións de comunicación.
ARTIGO 8:
A supervivencia e a utilización da lingua catalá van aparelladas cunha presenza e unha difusión permanente nos medios de comunicación (prensa, televisión, Internet).
Neste sector primordial en materia de presenza lingüística, o Departamento axuda ao desenvolvemento dos medios de comunicación públicos e privados en catalán. Desenvolve os seus propios medios de comunicación en catalán (revistas, webs...) e garante a súa presenza.
ARTIGO 9:
Como pola súa acción pola defensa e a promoción da lingua catalá, o Consello Xeral comprométese a facer efectivas todas as medidas posíbeis con tal de acomodar o emprego e a difusión da lingua occitana no territorio afectado.