Cantiga IV : A Madre do que livrou

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga IV (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria guardou ao fillo do judeu que non ardesse, que seu padre deitara no forno.

A Madre do que livrou
dos leões Daniel,
essa do fogo guardou
un meno d'Irrael.

En Beorges un judeu
ouve que fazer sabia
vidro, e un fillo seu
-ca el en mais non avia,
per quant' end' aprendi eu-
ontr' os crischãos liya
na escol'; e era greu
a seu padre Samuel.
A Madre do que livrou...

O meno o mellor
leeu que leer podia
e d'aprender gran sabor
ouve de quanto oya;
e por esto tal amor
con esses moços collia,
con que era leedor,
que ya en seu tropel.
A Madre do que livrou...

Poren vos quero contar
o que ll' avo un dia
de Pascoa, que foi entrar
na eygreja, u viia
o abad' ant' o altar,
e aos moços dand' ya
ostias de comungar
e vy' en un calez bel.
A Madre do que livrou...

O judeuco prazer
ouve, ca lle parecia
que ostias a comer
lles dava Santa Maria,
que viia resprandecer
eno altar u siia
e enos braços ter
seu Fillo Hemanuel.
A Madre do que livrou...

Quand' o moç' esta vison
vyu, tan muito lle prazia,
que por fillar seu quinnon
ant' os outros se metia.
Santa Maria enton
a mão lle porregia,
e deu-lle tal comuyon
que foi mais doce ca mel.
A Madre do que livrou...

Poi-la comuyon fillou,
logo dali se partia
e en cas seu padr' entrou
como xe fazer soya;
e ele lle preguntou
que fezera. El dizia:
«A dona me comungou
que vi so o chapitel.»
A Madre do que livrou...

O padre, quand' est' oyu,
creceu-lli tal felonia,
que de seu siso sayu;
e seu fill' enton prendia,
e u o forn' arder vyu
meté-o dentr' e choya
o forn', e mui mal falyu
como traedor cruel.
A Madre do que livrou...

Rachel, sa madre, que ben
grand' a seu fillo queria,
cuidando sen outra ren
que lle no forno ardia,
deu grandes vozes poren
e ena rua saya;
e aque a gente ven
ao doo de Rachel.
A Madre do que livrou...

Pois souberon sen mentir
o por que ela carpia,
foron log' o forn' abrir
en que o moço jazia,
que a Virgen quis guarir
como guardou Anania
Deus, seu fill', e sen falir
Azari' e Misahel.
A Madre do que livrou...

O moço logo dali
sacaron con alegria
e preguntaron-ll' assi
se sse d'algun mal sentia.
Diss' el: «Non, ca eu cobri
o que a dona cobria
que sobelo altar vi
con seu Fillo, bon donzel.»
A Madre do que livrou...

Por este miragr' atal
log' a judea criya,
e o meno sen al
o batismo recebia;
e o padre, que o mal
fezera per sa folia,
deron-ll' enton morte qual
quis dar a seu fill' Abel.
A Madre do que livrou...

Anterior:
Cantiga III : Mais nos faz Santa Maria
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga V : Quenas coitas deste mundo