Cantiga III : Mais nos faz Santa Maria

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cantiga III (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria fez cobrar a Theophilo a carta que fezera cono demo, u se tornou seu vassalo

Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Por ela nos perdoou
Deus o pecado d'Adam
da maçãa que gostou,
per que soffreu muit' affan
e no inferno entrou;
mais a do mui bon talan
tant' a seu Fillo rogou,
que o foi end' el sacar.


Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Pois ar fez perdon aver
a Theophilo, un seu
servo, que fora fazer
per conssello dun judeu
carta por gãar poder
cono demo, e lla deu;
e fez-ll' en Deus descreer,
des i a ela negar.


Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Pois Theophilo assi
fez aquesta trayçon,
per quant' end' eu aprendi,
foy do demo gran sazon;
mais depoys, segund' oý,
repentiu-ss' e foy perdon
pedir logo, ben aly
u peccador sol achar.


Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Chorando dos ollos seus
muito, foy perdon pedir,
u vyu da Madre de Deus
a omagen; sen falir
lle diss': «Os peccados meus
son tan muitos, sen mentir,
que, se non per rogos teus,
non poss' eu perdon gaar.»



Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Theophilo dessa vez
chorou tant' e non fez al,
trões u a que de prez
todas outras donas val,
ao demo mais ca pez
negro do fog' infernal
a carta trager-lle fez,
e deu-lla ant' o altar.


Mais nos faz Santa Maria
a seu Fillo perdoar,
que nos per nossa folia
ll' imos falir e errar.

Anterior:
Cantiga II : Muito devemos varoes
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga IV : A Madre do que livrou