Cantares gallegos/Vaite noite
30.
ALBORADA. (1)
I.
Baite noi-
te—Bay fuxin-
do—Vent' auro-
ra—Vent' abrin-
do—C' ó teu ros-
tro—Que sorrin-
do—A sombr' espanta!!!
Canta!...
Paxariño can-
ta—De pónliñ' en pón-
la—Qu' ó sol se levan-
ta—Pó-lo monte ver-
de—Pó-lo verde mon-
te—Alegrand' as hér-
vas—Alegrand' as fon-
tes!...
Canta, paxariño alegre,
Canta!
Canta porqu' ó millo medre,
Canta!
Canta por qu' á luz t' escoite
Canta!
Canta que fuxeu á noite.
Noite escura
Logo ven,
E moito dura
C' ó seu manto
De tristura,
Con meigallos
E temores,
Agoreira
De dolores,
Agarimo
De pesares.
Cubridora
En todo mal.
Sal!!...
Qu' auroriña
O ceu colora
C' uns arbóres
Que namora
C' un sembrante
D' ouro e prata
Teñidiño
D' escalrata.
C' uns vestidos
De diamante
Que lle borda
O sol amante
Antr' as ondas
De cristal.
Sal!...
Señora en todo mal,
Qu' ô sol
Xa brila
Nas cunchiñas do areal.
Qu' á luz
Do dia
Vist' á terra d' alegria,
Qu' ó sol
Derrete con amor á escarcha fria.
II.
Branc' auro-
ra—Ven chegan-
do—Y âs porti-
ñas—Bay chaman-
do—D' os que dor-
men—Esperan-
do—O teu folgor!...
Cor...
D' alba hermosa
Lles estende
Nos vidriños
Cariñosa,
Dond' ó sol
Tamen suspende,
Cand' aló
No mar se tende
De fogáx
Larada viva
Dempois leve
Fuxitiva
Triste vago
Resprandor.
Cantor
D' os aires,
Paxariño alegre
Canta,
Canta por qu' ó millo medre
Cantor
D' aurora
Alegre namorado
As meniñas dille
Que xa sal ó sol dourado.
Qu' ó gaiteiro
Ben lavado
Ben vestido
Ben peitado,
Da gaitiña
Acompañado
A porta está!...
Xá!...
S' espricando
Que t' esprica
Repinica
Repinica,
N' alborada
Ben amada
Das meniñas
Cantadeiras,
Bailadoras,
Rebuldeiras,
D' as belliñas
Alegriñas,
D' as que saben
Ben ruar.
Arriba!
Todas, rapaciñas do lugar,
Qu' ó sol
Y á aurora xa vos vén á dispertar:
Arriba!
Arriba toleirona mocidád!
Qu' atru—
charemos—cantaremos ó ala... lá!!!..
- (1) A mais grande dificultade qu' achey prá escribir esta alborada, foy ó meu deseyo de que sahise nun todo arregrada á música. Conseguin esto, pró foy á custa dá poesia, non podia ser d' outro modo, cando se dá c' un aire tan estraño e tan dificile de acomodarlle letra algun-ha.
<<<< | >>>> |